Silva brava

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Silva
Rubus fruticosus1.jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Angiospermae
Clase: Magnoliopsida
Orde: Rosales
Familia: Rosaceae
Subfamilia: Rosoideae
Tribo: Rubeae
Xénero: 'Rubus'
Subxénero: Rubus
Especie: ''Rubus fruticosus''
Nome binomial
'Rubus fruticosus'
L.

A silva brava ou simplemente silva ou silveira (Rubus fruticosus) é unha especie de planta rubideira e espiñenta pertencente á familia das rosáceas. É orixinaria de Europa, Asia e Norte de África. É moi común en Galiza. Aseméllase moito a Rubus ulmifolius, tamén chamada silva.

Follas.
Flor.

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha planta vizosa, lígnea e moi invasiva, con longos talos flexíbeis cheos de espiños. As follas son pinnadas e se dividen en folíolos ovais, dentados, pubescentes pola parte inferior; están cubertas de finos espiños, especialmente pola nervadura media. As flores son de cor branca ou rosada e se agrupan en acios terminais. O froito, denominado amora, é composto e globuloso. As diversas cores que adopta determinan o grao de maduración (verde, vermello e negro, respectivamente). A planta presenta ao mesmo tempo a floración e os diversos graos de maduración do froito, feito inusual noutras plantas.[1]

Propiedades[editar | editar a fonte]

Empréganse as follas, os botóns florais, os froitos e, en menor medida, a raíz.

Virtudes medicinais[editar | editar a fonte]

Polo seu alto contido de taninos, o seu principal efecto é o adstrinxente, polo que se recomenda no tratamento da diarrea. En forma de gargarexo é útil nas úlceras aftosas da mucosa bucal e como tratamento complementario da amigdalite e mais da farinxite.[1]

Principios activos[editar | editar a fonte]

Preparacións[editar | editar a fonte]

  • Infusión: vía interna, emprégase de 6 a 10 gramos por litro, por vía externa dez veces esa cantidade, ou sexa, 100 gramos por litro.
  • Macerados glicerinados: 50 gotas, tres veces ao día.
  • Vinagre de amoras: ponse un quilo de amoras limpas nunha cunca de cerámica. Cúbrese con vinagre de sidra ou de viño de pouca graduación, e se deixa macerar durante tres días, remexendo unha vez ao día. Finalmente, fíltrase con presión. Calcúlase o líquido obtido e se engaden 150 cc de azucre por cada medio litro de líquido. Posteriormente, férvese suavemente durante 5 a 6 minutos. Déixase arrefriar e se conserva en botellas ben fechadas. Tomarase unha culler de sobremesa disolta nunha cunca de auga ou de tisana. Recoméndase coma tónico antianémico.[1]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

  • Rubus bergii Eckl. & Zeyh.
  • Rubus fruticosus Eckl. & Zeyh.
  • Rubus myrianthus Baker

Problemas taxonómicos[editar | editar a fonte]

Aínda que o nome Rubus fruticosus L. xa foi utilizado nas descricións de Linneo (que neste caso non foron inequívocas), posteriormente foi utilizado con diversos significados referíndose a distintas especies conforme foron facéndose novos estudos taxonómicos do complicado xénero Rubus, que ten especies moi parecidas, diversas subespecies, variedades e microespecies e diversos casos de probables hibridacións. Actualmente R. fruticosus é un nome ambiguo para referirse ás especies de silvas do xénero Rubus. O nome foi interpretado das seguintes formas:

  • Para referirse á especie representada polo espécime tipo de Rubus fruticosus L., que tamén é o espécime tipo do xénero Rubus.[6] Este espécime considérase que se corresponde coa especie R. plicatus, en Rubus subxénero Rubus, sección Rubus.[7][8]
  • Para referirse a varias especies que concordan coa descrición orixinal de Linneo da especie, a cal estaba baseada nunha mestura de especies que agora se considera que se corresponden con Rubus ulmifolius e R. plicatus
  • Para referirse a un agregado de especies (grupo de especies similares) chamado Rubus fruticosus agg. que inclúe a maioría dun grupo chamado Rubus subxénero Rubus[8] ou Rubus sección Rubus:[9]
    • Usado en senso estrito, ás veces é separado como a sección Glandulosus, que comprende aproximadamente 289 microespecies.[8] Neste sentido o agregado de especies non inclúe o tipo do xénero Rubus, o cal é un híbrido.
    • Usado en senso amplo incluíndo o subxénero Rubus seccións Glandulosus, Rubus (cunhas 20 microespecies) e Corylifolii (cunhas 24 microespecies).[8] Os membros da sección Rubus son probablemente híbridos que implican a membros da sección Glandulosus xunto con ou ben R. idaeus ou ben R. allegheniensis.[8] A sección Corylifolii consta probablemente de híbridos nos que están implicados membros da sección Glandulosus xunto con R. caesius.[8]
    • Nun senso aínda máis amplo úsase como nomen ambiguum (nome ambiguo) incluíndo todos os taxons do subxénero (ou sección) Rubus[10]

Se nos atemos a como o teñen usado diversos autores, á parte do significado establecido de Rubus fruticosus L. como R. plicatus, o nome R. fruticosus foi incorrectamente aplicado a varias especies, entre as que están:[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Dr. Berdonces I Serra. Rubus fruticosus. Gran Enciclopecia de las Plantas Medicinales (Tikal). p. 974. ISBN 84-305-8496-X. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para silva.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para silveira.
  4. "Rubus fruticosus". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 7 de outubro de 2009. 
  5. A bibliografía utilizada para definir o nome correcto e mais os sinónimos está na páxina web de Tropicos.org. Missouri Botanical Garden, e é a seguinte:
    1. AFPD, 2008. African Flowering Plants Database - Base de Donnees des Plantes a Fleurs D'Afrique.
    2. Reference article Drake del Castillo, E. 1902[1903]. Histoire naturelle des plantes. Hist. Phys. Madagascar 30: 1–208.
    3. Reference article Gibbs Russell, G. E, W. G. Welman, E. Reitief, K. L. Immelman, G. Germishuizen, B. J. Pienaar, M. van Wyk & A. Nicholas (PRECIS) 1987. List of species of southern African plants. Mem. Bot. Surv. S. Africa 2(1–2): 1–152(pt. 1), 1–270(pt. 2).
  6. Index Nominum Genericorum, Farr, E. R. and G. Zijlstra, 1996+, http://botany.si.edu/ing/, consultado o 15 de maio de 2015
  7. USDA GRIN Taxonomy: entry for Rubus plicatus Weihe & Nees, http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/taxon.pl?32419, consultado o 15 de maio de 2015
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 Stace, C. (2010). New flora of the British Isles. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0521707725. 
  9. USDA GRIN Taxonomy: entry for Rubus fruticosus auct. aggr., http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/taxon.pl?419819, consultado o 15 de maio de 2015
  10. Jarvis, C.E. (1992). "Seventy-Two Proposals for the Conservation of Types of Selected Linnaean Generic Names, the Report of Subcommittee 3C on the Lectotypification of Linnaean Generic Names". Taxon 41 (3): 552–583. doi:10.2307/1222833. JSTOR 1222833. 
  11. The Plant List, http://www.theplantlist.org/tpl1.1/search?q=rubus+fruticosus, consultado o 5 de agosto de 2016

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Silva brava Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]