Patricia Vico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Patricia vico 20minutos.jpg
Nome completo Patricia Vico González
Nacemento 27 de agosto de 1972 (46 anos)
Lugar Madrid, España España
Nacionalidade España
Profesión actor
editar datos en Wikidata ]

Patricia Vico González, nada en Madrid o 27 de agosto de 1972, é unha actriz española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Abandona a carreira de Publicidade para dedicarse ao mundo da interpretación. Así, comeza os seus estudos de interpretación na famosa escola de Cristina Rota.

A súa carreira profesional comeza en 1992 da man de Jesús Hermida no espazo de Antena 3, La noche de Hermida.

Logo de participar en varias películas e series con pequenos papeis, converteríase nun rostro habitual da pequena pantalla por mor de converterse nunha das protagonistas fixas da serie La casa de los líos, na que traballou durante máis de tres anos xunto a Lola Herrera, Arturo Fernández, Miriam Díaz Aroca, Natalia Menéndez ou Emma Ozores entre outros.

Logo desta serie viría o serial Esencia de poder (onde coincidiu con Jesús Olmedo con quen tamén compartiu pantalla en Hospital Central), que non logrou o resultado esperado e foi retirada precipitadamente das pantallas. Máis sorte tería con Paraíso, produción estival gravada na República Dominicana da que rodou catro tempadas á beira de Luis Fernando Alvés e Esperanza Campuzano.

Posteriormente rodou películas como Pacto de brujas (2003), de Javier Elorrieta ou El asombroso mundo de Borjamari y Pocholo (2004), de Juan Cavestany e Enrique López Lavigne. Pero o papel que a devolvería á actualidade é o que interpreta en Hospital Central desde 2004, o da doutora guapa e atractiva lesbiana Macarena Fernandez Wilson, que lle outorgou un gran éxito e recoñecemento, especialmente por parte do colectivo gai. Gañou o premio Mostra lambda xunto coa súa compañeira de repartición, Fátima Baeza (Esther García Ruiz, na serie), pola súa gran interpretación e traballo na magnífica serie Hospital Central.

A súa parella é o director de cine Daniel Calparsoro, co que tivo o seu primeiro fillo, Hugo, en xullo de 2006. Ao estar embarazada durante a gravación de Hospital Central, os guionistas decidiron que o seu personaxe tamén o estivese. Tras dar a luz, estivo practicamente unha tempada enteira sen aparecer, reincorporándose posteriormente.

Gañou dúas veces o Premio Shangay pola súa interpretación de Maca en Hospital Central, xunto coa súa compañeira Fátima Baeza polo papel lésbico que representan.

Desde xaneiro de 2012 representa a Violante de Aragón, esposa do rei Afonso X, na serie Toledo de Antena 3.

Televisión[editar | editar a fonte]

Programas[editar | editar a fonte]

Series[editar | editar a fonte]

Mini Series[editar | editar a fonte]

Cine[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]