Saltar ao contido

Gonzalo de Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGonzalo de Castro

(2007) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de febreiro de 1963 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, actor de televisión Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0207891 BNE: XX4773031 Editar o valor en Wikidata

Gonzalo de Castro, nado o 2 de febreiro de 1963 en Madrid, é un actor español que alcanzou notable popularidade grazas ao seu papel de Gonzalo na serie de televisión Siete Vidas, ou a serie Doctor Mateo. En 2014 protagoniza xunto a Belén Rueda a serie B&b, de boca en boca.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Terminou a carreira de Dereito con 23 anos, pero finalmente consagrou a súa vida ao mundo da interpretación. En Siete Vidas foi, en principio, figurante e inclusive axudante de dirección, ata que o produtor brindoulle a oportunidade de actuar.

O lugar onde se sente máis cómodo é no teatro, onde realizou unha cantidade considerable de traballos, entre os que se encontran a obra Las últimas palabras de copito de nieve, coa compañía "Animalario".