Amparo Baró

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amparo Baró
(Amparo Baró). Gala Premios AMITE (cropped).jpg
Nacemento21 de setembro de 1937
LugarBarcelona
Falecemento29 de xaneiro de 2015
LugarMadrid
Causacancro de pulmón
NacionalidadeEspaña
Profesiónactriz
Na rede
IMDB: nm0059575 Allocine: 49625 Allmovie: p195126 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Amparo Baró co elenco da serie El internado.

Amparo Baró, nada en Barcelona o 21 de setembro de 1937 e finada en Majadahonda o 29 de xaneiro de 2015, foi unha actriz catalá.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Baró comezou no teatro da man de Adolfo Marsillach. A pesar da súa grande experiencia como actriz, a popularidade e o recoñecemento por parte do gran público chegaríanlle da man do seu personaxe de Sole Jimeno na serie de televisión Siete Vidas de Telecinco, papel que interpretou durante máis de 7 anos entre 1999 e 2006 con grande éxito.

Finou no Hospital Universitario Puerta de Hierro por mor dun cancro de pulmón.[2]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Ercilla de Teatro en 1996,
  • Premio Asociación Independiente de Teatro de Alacat á mellor actriz 1983-84,
  • Medalla de Ouro do Espectador e da Crítica á mellor actriz en 1983,
  • Premio Círculo de Escritores Cinematográficos en 1979,
  • Premio Miguel Mihura da SGAE en 1967
  • Antena de Oro á mellor actriz en 1962,
  • Gañadora do Premio da ATV á mellor actriz de televisión por Siete vidas nos anos 2000, 2001, 2003 e 2004.
  • Gañadora do Premio á mellor actriz da Unión de Actores en 2003 e 2004 por Siete vidas. Foi nomeada tamén a mellor actriz secundaria no ano 2000.
  • Gañadora do Premio TP de Ouro á mellor actriz por Siete Vidas no ano 2005 e nomeada como mellor actriz nos anos 2002, 2003 e 2004.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Cine[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Ondina
  • El sombrero de copa
  • Frankie y la boda
  • Los buenos días perdidos
  • Leticia y los peces rojos
  • Destino Broadway (1995)
  • La opinión de Amy

Televisión[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha en IMDB
  2. 2,0 2,1 Guillén, J.J. (29 de xaneiro de 2015). "Muere la actriz Amparo Baró a los 77 años". RTVE (Madrid: Televisión Española). Agencia EFE. Consultado o 29 de xaneiro de 2015.