Odón I de Borgoña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Odón I de Borgoña
Nacementodecembro de 1058
Falecemento23 de marzo de 1103
Lugar de falecementoTarso
SoterradoAbadia de Cister
Ocupaciónmonarca
PaiHenrique de Borgoña
NaiSibila de Barcelona
CónxuxeSibylla of Burgundy, Duchess of Burgundy
FillosHelena da Borgonha, Florina de Borgonha, Hugo II de Borgoña e Henri de Bourgogne
IrmánsRoberto de Borgonha, bispo de Langres, Henrique de Borgoña e Hugo I, Duque da Borgonha
Na rede
WikiTree: Bourgogne-171
editar datos en Wikidata ]

Odón I de Borgoña Odón Borrel, nado en 1058 e finado en Tarso, actual Turquía en 1103, foi duque de Borgoña (1079 - 1103).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixes familiares[editar | editar a fonte]

Nado en 1058, foi o segundo fillo do infante de Borgoña, Henrique de Borgoña e a súa muller Sibila de Barcelona. Era neto por liña paterna do duque Roberto I de Borgoña e Helia de Semur, e por liña materna do conde de Barcelona Berenguer Ramón I e Ermesenda de Carcasona. Foi irmán do duque de Borgoña Hugo I de Borgoña, ao que sucedeu.

Matrimonio e descendencia[editar | editar a fonte]

Casou en 1080 con Sibila de Borgoña, filla do conde Guillerme I de Borgoña. Desta unión naceron:

Ducado de Borgoña[editar | editar a fonte]

En 1079 recibiu o ducado de Borgoña de mans do seu irmán máis vello, Hugo I, que renunciou ao condado para se retirar á vida contemplativa.

Loitou xunto ao rei Filipe I de Francia contra as revoltas internas da nobreza e, posteriormente, participou en varias incursións na Península Ibérica contra os musulmáns.

Non participou na Primeira Cruzada, pero despois viaxou a Terra Santa, morrendo na cidade de Tarso o 23 de marzo de 1103.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]