Sexualidade humana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

A sexualidade humana representa o conxunto de comportamentos que concernen á satisfacción da necesidade e do desexo sexual. Igualmente a outros primates, os seres humanos utilizan a excitación sexual para fins reprodutivos e para o mantemento de vínculos sociais, mais agregan o gozo e o pracer propio e do outro. O sexo tamén desenvolve facetas profundas da afectividade e da consciencia da personalidade. En relación a isto, moitas culturas dan un sentido relixioso ou espiritual ó acto sexual, así como ven nel un método para mellorar (ou perder) a saúde.

Concepto[editar | editar a fonte]

A OMS define que a "sexualidade forma parte da personalidade de cada un, sendo unha necesidade básica e un aspecto do ser humano que non pode ser separado doutros aspectos da vida. A sexualidade influencia pensamentos, sentimentos, accións e interaccións e, por tanto a saúde física e mental".

Actualmente, ocorre por parte dalgúns estudosos, a tentativa de afastamento do concepto de sexualidade da noción de reprodución animal asociada ó sexo. A sexualidade tende a se referir ó plano psicolóxico do individuo. Alén dos factores biolóxicos (anatómicos, fisiolóxicos, etc.), a sexualidade dun individuo pode ser fortemente afectada polo ambiente socio-cultural e relixioso no que este se insere. Un exemplo disto é que nalgunhas sociedades, na súa maioría orientais, promóvese a poligamia ou bigamia, ou sexa, a posibilidade ou deber de ter múltiples parellas.

Nalgunhas partes do mundo a sexualidade explícita aínda é considerada como unha ameaza ós valores político-sociais ou relixiosos.

Notas[editar | editar a fonte]