Historia das representacións eróticas
As representacións eróticas inclúen pinturas, esculturas, fotografías, obras dramáticas, composicións musicais e literarias que mostran escenas de natureza sexual. Teñen sido creadas por case todas as civilizacións, sexan antigas ou modernas. As culturas primitivas asociaban con frecuencia o acto sexual con forzas sobrenaturais e, polo tanto, a súa relixión estaba entrelazada con estas representacións. En países asiáticos como a India, o Nepal, Sri Lanka, o Xapón e a China, as representacións de sexo e arte erótica teñen significados espirituais específicos dentro das crenzas nativas do hinduísmo, budismo, xintoísmo e taoísmo. Os antigos gregos e romanos produciron moita arte e decoración de natureza erótica, gran parte da mesma integrada con súas crenzas relixiosas e prácticas culturais.[1][2]
En épocas recentes, as representacións eróticas teñen pasado de seren un artigo de luxo a unha ferramenta de propaganda e logo un produto cotián. A medida que as tecnoloxías de comunicación teñen evoluído, cada nova técnica, como a prensa, a fotografía, o cinema e os computadores, foron adaptados para mostrar e distribuír esas representacións.[3]
Actitudes históricas
[editar | editar a fonte]En tempos primitivos, as representacións eróticas eran frecuentemente vistas como un subconxunto da arte indíxena ou relixiosa de cada cultura, e como tales non eran illadas nin tratadas de forma distinta das demais formas artísticas. O concepto moderno de pornografía non apareceu até a época vitoriana.[4] A súa definición actual foi engadida na década de 1860, substituíndo a anterior que facía alusión ás prostitutas, e foi colocada por primeira vez nun dicionario médico inglés de 1857, que a definía como "unha descrición das prostitutas ou a prostitución como cuestión de hixiene pública". En 1864, a primeira versión da definición moderna aparecera no Webster's Dictionary: "ilustración licenciosa usada para decorar as paredes das habitacións consagradas ás orxías banais, exemplos das cales se vían en Pompeia". Este foi o principio dos que hoxe aluden a imaxes explícitas en xeral. Aínda algúns actos sexuais estaban regulados ou prohibidos por leis, a simple contemplación de obxectos ou imaxes non estaba prohibida en ningún país até 1857. Nalgúns casos, a posesión de certos libros, gravados ou colección de imaxes foi prohibida, mais a tendencia a ditar leis que realmente restrinxían a visión de obxectos sexualmente explícitos, en xeral, foi un concepto vitoriano.[3]
Cando se emprenderon as escavacións en grande escala de Pompeia, nos anos 1860, gran parte da arte erótica dos romanos foi encontrada, conmocionando aos vitorianos, que se vían como os herdeiros intelectuais do Imperio Romano. Eles non sabían o que facer coas representacións sexualmente explícitas e procuraron escondelas de todos os que non formaban parte da clase elevada de investigadores clásicos. Os obxectos transportables foron trancados no Despacho Secreto do Museo Arqueolóxico de Nápoles, e os que se podían mover foron cubertos ou illados para que non corrompesen a sensibilidade de mulleres, nenos e traballadores. As primeiras leis inglesas (e mundiais) criminalizando a pornografía foron promulgadas coa aprobación da Obscene Publications Act, de 1857. A pesar da súa represión ocasional, as representacións de temas eróticos son comúns dende hai miles de anos.[5]
Representacións primitivas
[editar | editar a fonte]Entre os exemplos máis antigos conservados de representacións eróticas están os gravados e pinturas rupestres paleolíticas. Algunhas das imaxes máis comúns son de animais, escenas de caza e xenitais humanos (como símbolo de fertilidade). Os seres humanos nus con características sexuais esaxeradas aparecen en pinturas e obxectos da Era Paleolítica (como Venus paleolíticas). A arte rupestre, descuberta por Creswell Craggs, inclúen algún símbolo que poden ser versións estilizadas de xenitais femininos. Non obstante, non hai indicio de que se fixeran para estimulación erótica, porque é moito máis probábel que se trate de obxectos usados en rituais relixiosos. Arqueólogos alemáns informaron en abril de 2005 que encontraran unha escena de 7200 anos de antigüidade representando unha figura masculina inclinada sobre outra feminina nunha forma suxestiva do acto sexual.[6] A figura masculina foi bautizada de Adonis de Zschernitz. Porén, non é seguro que o propósito destes artefactos fose a excitación individual, e as imaxes poden ter unha importancia espiritual e estaren probabelmente relacionadas con rituais de fertilidade.[7]
Os antigos gregos acostumaban pintar escenas sexuais na súa cerámica, sendo moitas delas famosas por supor que sexan algunhas das representacións máis antigas de relacións homosexuais e pederastia. A arte grega retrataba actividades sexuais, mais é imposíbel distinguir cales eran ilegais ou inmorais para eles, debido a que non contaban co concepto de pornografía.[3][8][9] A súa arte simplemente reflectía escenas da vida diaria, algunhas máis sexuais que outras. Pódense ver falos esculpidos en lugares de culto, tales como o templo de Dionisio en Delos, mentres un obxecto doméstico ocupaba o mesmo lugar. O ideal masculino grego estabelecía un pene pequeno, estética que logo foi adoptada polos romanos. Os gregos tamén crearon o primeiro exemplo famoso de lesbianismo no Occidente, con Himno a Afrodita de Safo.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rawson, Phillip S. (1968). Erotic art of the east; the sexual theme in oriental painting and sculpture. Nueva York. pp. 380. LCCN 68025429.
- ↑ Clarke, John R. (abril de 2003). Roman Sex: 100 B.C. to A.D. 250. Nueva York. p. 168. ISBN 0-8109-4263-1.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Marilyn Chambers, John Leslie, Seymore Butts (2005). Pornography: The Secret History of Civilization. Arquivado dende o orixinal (DVD) o 22 de agosto de 2010. Consultado o 07 de abril de 2021.
- ↑ Sigel, Lisa (2002). Governing Pleasures. Pornography and Social Change in England, 1815–1914. ISBN 0-8135-3001-6.
- ↑ Libido, The Journal of Sex and Sensibility, ed. (maio 2003). "The Roots of Western Pornography: Victorian Obsessions and Fin-de-Siècle Predilections" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2003. Consultado o 30 de xuño de 2007.
- ↑ "Unprecedented Ice Age Cave Art Discovered in U.K." (en inglés). 18 de agosto de 2004. Consultado o 30 de xuño de 2007.
- ↑ Krysia Diver. Guardian Unlimited, ed. "Archaeologist finds 'oldest porn statue'" (en inglés). Consultado o 30 de xuño de 2007.
- ↑ The Getty Museum (ed.). "Herm of Dionysos" (en inglés). Consultado o 30 de xuño de 2007.
- ↑ The Straight Dope, ed. (9 de decembro de 2005). "Why does so much ancient Greek art feature males with small genitalia?" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2008. Consultado o 30 de xuño de 2007.
- ↑ Williamson, Margaret (1995). Sappho's Immortal Daughters. Cambridge. ISBN 0-674-78912-1.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Historia das representacións eróticas |