Poligamia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Países onde se acepta a poligamia.

Poligamia, literalmente do grego πολυγαμία para moitos matrimonios.

No mundo animal, a poligamia é a relación onde os animais manteñen máis dun vínculo sexual durante o período de reprodución e crianza. Nos humanos, a poligamia é un tipo de relación amorosa e sexual entre máis de dúas persoas, por un período significativo de tempo, ou por toda a vida. A diferenza, a monogamia é un tipo de relación exclusiva entre dúas persoas. Baixo certas relixións ou tradicións, algunhas formas de poligamia teñen un estatuto matrimonial, pero fóra disto e na actualidade, beséanse en unión libre. Moi poucos estados recoñecen legalmente algunha forma de poligamia.

Non se considera que haxa poligamia cando na relación non hai un vínculo establecido, senón relacións sexuais casuais, orxías anónimas, pernoctas, amoríos, prostitución, intercambio de parella, etc.