Bigamia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miniatura medieval que mostra a personaxe bíblica Elcaná xunto ás súas dúas esposas Ana e Penina. A primeira non podía procrear pero era a máis amada por Elcaná, mentres a segunda deulle varios fillos. Deus compadeceuse e concedeulle a fertilidade a Ana, quen deu a luz a Samuel, o último profeta do pobo de Israel.

A bigamia é o acto e estado dunha persoa que contrae un segundo matrimonio estando xa casada. É un termo formado polas palabras de orixe grega bis, que significa dúas veces, e gamia, gamos, matrimonio, polo que no seu sentido etimolóxico equivale a matrimonio dobre. No campo do dereito, e máis especificamente no do dereito canónico, contraponse a monogamia considerada polo cristianismo como a verdadeira e única forma do matrimonio. De acordo en gran medida con esta tradición cristiá a bigamia é un delito en Europa e en América, e noutros países con herdanzas xurídicas, culturais e relixiosas diversas.[1]

Dereito romano[editar | editar a fonte]

Nun principio, na Antiga Roma non existiu unha lei específica contra a bigamia, aínda que co tempo considerouse adúltera á muller bígama polo que se lle aplicou a pena de morte que correspondía ó delito de adulterio e ó home bígamo reo de estupro. A primeira lei sobre a bigamia foi obra do emperador Valeriano que declarou suxeito á nota de infamia ó que a un tempo tivese dúas mulleres. A prohibición foi reiterada por Diocleciano e Maximiano quen mandaron que os xuíces non deixasen impune este delito. O Código de Xustiniano recolleu a prohibición da bigamia, suscitándose a controversia de se esta debía castigarse coa mesma pena que correspondía ó adulterio ou a que correspondía ó estupro, ou ben debía deixarse ó arbitrio do xuíz segundo as circunstancias.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Arrazola, Lorenzo (1853). Enciclopedia española de Derecho y Administración o Nuevo Teatro de la Legislación de España e Indias. Tomo VI. p. 571. 
  2. Arrazola, Lorenzo (1853). Enciclopedia española de Derecho y Administración o Nuevo Teatro de la Legislación de España e Indias. Tomo VI. p. 575.