Walter Veltroni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Walter Veltroni
Walter Veltroni
Datos persoais
Nacemento3 de xullo de 1955
 Roma
OrganizaciónPartido Democrático
PaiVittorio Veltroni
NaiIvanka Kotnik
ProfesiónPolítico e xornalista
Na rede
IMDB: nm1288838 Facebook: walterveltroniofficial Twitter: VeltroniWalter Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Walter Veltroni, nado en Roma o 3 de xullo de 1955, é un político e xornalista italiano, secretario nacional do Partido Democrático e candidato a presidente do goberno nas eleccións lexislativas de 2008. Tamén foi alcalde de Roma nos últimos anos.

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

A carreira cara ao goberno[editar | editar a fonte]

Walter Veltroni naceu nunha familia acomodada da capital italiana. O seu pai, Vittorio Veltroni, traballara de alto cargo da RAI e o seu avó, Ciril Kotnik, fora embaixador do reino de Iugoslavia na Santa Sé. Despois de rematar o bacharelato non proseguiu carreira universitaria, e dedicouse ao labor político e ao traballo como xornalista. Porén, licenciouse en xornalismo a mediados dos anos noventa.

O seu primeiro cargo político foi o de concelleiro en Roma polas listas do Partido Comunista Italiano, en 1976, con tan só 21 anos. Permanece nese cargo, sen responsabilidades de goberno, ata 1981. En 1987 é elixido deputado no Congreso italiano, e en 1988 figura xa no comité central do PCI. No seu seo, e como consecuencia da caída do muro de Berlín, apoia o sector aperturista e moderado de Achille Occhetto, que acaba fundando o Partido Democrático de Esquerda. En 1992 foi nomeado director de L'Unità, o xornal do partido, que dirixe durante dous anos.

En 1994 é proposto como candidato a liderar a súa formación enfrontándose a Massimo D'Alema, e sae derrotado. Dous anos máis tarde, e logo da vitoria da coalición de centroesquerda L'Ulivo, Romano Prodi, o novo presidente do goberno, noméao vicepresidente e ministro de Cultura e de Medio ambiente, con competencias ademais sobre os espectáculos e o deporte.

Walter Veltroni en Trento durante a campaña electoral de 2008

A alcaldía[editar | editar a fonte]

En 1998 cae o primeiro goberno de Prodi e Veltroni céntrase na xestión do seu partido, que muda outra vez o nome, desta volta para Demócratas de Esquerda, ao entraren nel diversos sectores republicanistas, católicos, laicos, laboristas etc. É o seu partido quen en 2001 o presenta como candidato á alcaldía de Roma, e obtén o 53% dos votos, converténdose en alcalde e relegando á oposición ao conservador da Casa das Liberdades Antonio Tajani. Catro anos máis tarde é reelixido co 61,45% dos votos, derrotando nesta oportunidade a Gianni Alemanno.

O 23 de maio de 2007 entra a formar parte do consello nacional do larvario Partido Democrático, que pretendía substituír a anterior formación de Demócratas de Esquerda, e onde empeza a obter apoios para acceder ao posto de secretario xeral. Presenta a súa candidatura o 27 de xuño, cun programa baseado en catro piares: medio ambiente, pacto xeracional, educación e seguridade. O proceso de elección faise aberto a toda a cidadanía, e participan nel tres millóns de italianos, que o escollen claramente por diante dos outros candidatos: Rosy Bindi, Enrico Letta, Mario Adinolfi, Pier Giorgio Gawronski e Jacopo G. Schettini. A creación do Partido Democrático tivo lugar oficialmente pois, o 14 de outubro de 2007, día da convocatoria electoral.

Candidato a presidente do goberno[editar | editar a fonte]

Cando a comezos de 2008 cae o segundo goberno Prodi, Veltroni postúlase como candidato e para iso dimite do seu cargo de alcalde o 13 de febreiro. As eleccións teñen lugar o 13 e 14 de abril, e Veltroni figura como número dous da lista de centroesquerda nas circunscricións de Sicilia II, Campania II, Lacio I e Lombardía I, ademais de ser o elixido como candidato a presidente do goberno pola coalición do Partido Democrático-A Italia dos Valores.


Predecesor:
Antonio Paolucci
 ministro de Cultura 
1996-1998
Sucesor:
Giovanna Melandri
Predecesor:
Francesco Rutelli
 
alcalde de Roma
 
2001-2008
Sucesor:
pendente de escolla

Obras[editar | editar a fonte]

Galardóns[editar | editar a fonte]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É afeccionado ao baloncesto. É seareiro do Virtus Roma e presidente de honra da Liga de Baloncesto Italiana dende 2007. En fútbol apoia a Juventus. Está casado e ten dous fillos. É ateo.