Matteo Renzi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Matteo Renzi
Nacemento11 de xaneiro de 1975
Lugar de nacementoFlorencia
NacionalidadeItalia
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade de Florencia e Lc Dante
Ocupaciónpolítico, árbitro e participante do fórum internacional
PaiTiziano Renzi
NaiLaura Bovoli
CónxuxeAgnese Landini
IrmánsSamuele Renzi
Na rede
https://www.matteorenzi.it
Facebook: matteorenziufficiale Twitter: matteorenzi Instagram: matteorenzi Telegram: matteorenziufficiale Youtube: UCzovlWQBDtQCpYWZl1ly4jg Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Matteo Renzi, nado en Florencia o 11 de xaneiro de 1975, é un político italiano, primeiro ministro desde o 22 de febreiro de 2014, foi alcalde de Florencia desde 2009 ata 2014 e mais é o líder do Partido Democrático tras vencer as primarias do 8 de decembro de 2013.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Laura Bovoli e Tiziano Renzi,[1][2] antigo concelleiro na localidade de Rignano sull'Arno entre 1985 e 1990 pola Democracia Cristiá,[3]. Estudou dereito na Universidade de Florencia rematando estudos en 1999 [4] coa tese Amministrazione e cultura politica: Giorgio La Pira Sindaco del Comune di Firenze 1951-1956. Membro dos scout dirixiu a revista Camminiamo insieme,[5] e traballou para a firma CHIL Srl,[4] sociedade de servizos de mercadotecnia propiedade da súa familia[6] sobre todo coordinando o servizo de venda de La Nazione na área florentina.

Carreira política[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Renzi entrou en política cando estudaba no instituto[7]. En 1996 contribuíu no nacemento do Comité de apoio a Romano Prodi na Toscana entrando no Partido Popular Italiano, converténdose no seu secretario provincial en 1999 [8]. No ano 2001 era o coodinador de La Margherita en Florencia e secretario provincial en 2003[9].

Presidente da provincia de Florencia[editar | editar a fonte]

Entre os anos 2004 e 2009 foi o presidente da provincia de Florencia[4]; nas eleccións do 12 e 13 de xuño de 2004 logrou o 58,8% dos votos, á cabeza dunha coalición de centro-esquerda[10], durante o seu mandato diminuíu as taxas provinciais, o persoal e os cargos do ente florentino[11], aínda que en 2012 o tribunal de contas da Toscana condenouno por un desfase contable nos gastos de representación de 50.000 euros, que Renzi atribuíu a cuestións técnicas[12]

Alcalde de Florencia[editar | editar a fonte]

Matteo Renzi durante unha inauguración no ano 2009

O 29 de setembro de 2008 presentou a súa candidatura ás primarias do centro-esquerda á alcaldía de Florencia, logrando o 40,52% dos sufraxios e vencendo ao candidato oficial, deputado e responsable de relacións internacionais do PD Lapo Pistelli que quedou co 26,91% dos votos.[13].

Nas eleccións municipais do 9 de xuño de 2009 Renzi obtivo o 47,57% contra o 32% do candidato do centro-dereita Giovanni Galli, con quen vai á segunda volta, gañando as eleccións do 22 de xuño [4] co 59,96% dos votos[14]. Pouco despois entrou a formar parte da dirección do PD[15], alcalde popular algunhas sondaxes amósano no ano 2010 como o alcalde máis querido de Italia [16][17].

O 6 de decembro de 2010 Matteo Renzi reuniuse na vila privada do entón primeiro ministro Silvio Berlusconi, para "discutir algúns termos legais da administración de Florencia"[18], tras coñecerse a noticia provocou polémica entre os seus seguidores[19].

So a súa dirección, Florencia foi a primeira gran cidade italiana en aprobar un plano de ordenación urbana de volume cero, que só permite construír edificios novos demolendo igual volume de edificios vetustos[20], e a peonalización de coñecidos lugares da cidade como a Piazza de' Pitti.

O movemento dos "rottamatori"[editar | editar a fonte]

Matteo Renzi co parlamentario do PD Matteo Richetti en 2012

O 29 de agosto de 2010 lanzou a idea coñecida como «rottamazione» (reciclaxe) dos dirixentes tradicionais do PD[21], e do 5 ao 7 de novembro seguinte organizou con Giuseppe Civati e Debora Serracchiani unha asemblea en Florencia baixo o lema Prossima Fermata: Italia (Próxima parada: Italia)[22], que contou con 800 intervenientes e 6800 partipantes[23], e da que saíu o manifesto do "renzismo": a Carta di Firenze[24].

Entre os principais apoio do grupo dos "rottamatori" salientan o presidente da asemblea lexislativa de Emilia-Romagna Matteo Richetti, o deputado da asemblea de Sicilia Davide Faraone, o conselleiro rexional lombardo Giuseppe Civati, os senadores Andrea Marcucci, Roberto Della Seta, Francesco Ferrante, Pietro Ichino, Luigi Lusi e os deputados Luigi Bobba, Giuseppe Civati, Roberto Giachetti, Maria Paola Merloni, Ermete Realacci e Giuseppina Servodio[25].

Primarias de 2012[editar | editar a fonte]

Matteo Renzi no European University Institute en 2012

O 13 de setembro de 2012 presentou oficialmente a súa candidatura ás eleccións primarias do centro-esquerda[26], en pugna co secretario do PD Pier Luigi Bersani, o presidente de Puglia e de Esquerda Ecoloxía Liberdade Nichi Vendola, a conselleira da rexión do Véneto Laura Puppato (PD) e o concelleiro de Milán Bruno Tabacci (Alianza por Italia)[27].

Na primeira volta das primarias o 25 de novembro de 2012 Renzi logrou o 35,5% dos sufraxios, o segundo logo de Bersani que tivo o 44,9% [28]. Na segunda volta, o 2 de decembro, quedou co 39,1% contra o 60,9% do secretario do PD[29].

Críticas[editar | editar a fonte]

Matteo Renzi durante a campaña das primarias en 2012

A candidatura de Renzi foi obxecto de polémica no seo do PD, e contestada por varios dirixentes, como Rosy Bindi e Massimo D'Alema, e do presidente de Esquerda, Ecoloxía e Liberdade Nichi Vendola[30][31].

Pero a contestación máis forte veu de Stefano Fassina, responsable de economía do PD, que acusou a Renzi de copiar algúns puntos do programa de Bersani, o que Renzi replicou que o seu programa era anterior ao do secretario do PD[32].

Primarias de 2013[editar | editar a fonte]

Nunha entrevista publicada o 9 de xullo de 2013 a La Repubblica anunciou a súa intención de presentar a súa candidatura a secretario nacional do PD[33].

Ademais dos apoios que tivera nas primarias de 2012 recibiu os de Dario Franceschini e da súa corrente Area Democratica[34] (Marina Sereni[35], Piero Fassino[36] e David Sassoli, mais tamén asinaron a presentación da súa candidatura algunhas figuras consideradas próximas ao primeiro ministro Enrico Letta, como Gianni Dal Moro, Francesco Sanna, Francesco Boccia, Lorenzo Basso e Enrico Borghi.[37]

Os contrincantes de Renzi foron Gianni Cuperlo, deputado e exsecretario da Federación Xuvenil Comunista Italiana[38] e Giuseppe Civati, deputado e exconselleiro rexional na Lombardía[39][40].

O 8 de decembro de 2013 resultou elixido secretario do Partito Democrático co 67,5% des votos, proclamándose oficialmente o 15 de decembro no decurso da nova asemblea electa do PD.[41]

Presidente do Consello de Ministros (febreiro de 2014- decembro de 2016)[editar | editar a fonte]

A raíz destas primarias, o partido pediu o seu nomeamento como presidente do Consello de Ministros, en substitución de Enrico Letta, membro tamén do PD. Dimitido Letta, Renzi xurou o seu cargo o 22 de febreiro de 2014. Con 39 converteuse no presidente do Consello máis novo da Italia republicana. Renzi lanzou un goberno especialmente preocupado por reformar o funcionamento da estrutura política do país. Propuxo a revisión das atribucións das rexións, a abolición do bicameralismo para reforzar o papel do parlamento e, sobre todo, propuxo unha reforma da lei electoral. Para estes fins, buscou o apoio do centrodereita, en particular de Silvio Berlusconi.

Como a proposta de reforma da lei electoral non acadaba a maioría suficiente na Cámara, Renzi impulsou un referendo. Celebrouse o 4 de decembro de 2016 cunha participación do 65% do electorado. O Si acadou nada máis o 41% dos sufraxios. Como resultado desta clara derrota, Renzi presentou a súa dimisión, sendo relevado o 12 de decembro por Paolo Gentiloni.

Abandono do Partito Democrático e fundación de Italia Viva[editar | editar a fonte]

Despois de abandonar o cargo de primeiro ministro, Renzi abandonou tamén a secretaria do PD. Con todo volveu ser reelixido en primarias. Tralos desastrosos resultados do PD nas eleccións de marzo de 2018 presentou novamente a súa dimisión. En setembro de 2019 lanzou un novo proxecto político, Italia Viva, que se integrou con dúas ministras no goberno de Giuseppe Conte. Foi precisamente a retirada destas dúas ministras do goberno a que provocou a caída de Conte en febreiro de 2021. A impresión de que Renzi actuou unicamente movido por intereses de partido pon en dúbida o seu futuro político.

Posicións políticas[editar | editar a fonte]

Matteo Renzi nunha conferencia en 2010

Renzi tense declarado favorable ao recambio xeracional da clase dirixente, por medio de eleccións primarias, e amósase partidario de reducir o custo da política, con algunhas medidas como a eliminación dunha das dúas cámaras, a abolición do financiamento público dos partidos, a elección directa dos políticos polos cidadáns, a abolición dos postos vitalicios e a cancelación da contribución estatal aos xornais dos partidos[42].

É partidario das unións civís seguindo o modelo británico e declarou que un político non debe ver o matrimonio como un sacramento [43]. Votou contra das nucleares no referendo de 2011. Partidario de modificar a lei electoral italiana para o Parlaento europeo, reuniuse con Silvio Berlusconi para propoñeren unha nova lei electoral baseada nun colexio plurinominal con eventual dobre quenda e premio á maioría [44].

Obra[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Il Fatto Quotidiano.it, ed. (6 de outubro de 2012). "Il sistema Renzi: amici, famiglia, potere. E un fascicolo sull’uso dei fondi pubblici". Consultado o 19 marzo 2013. 
  2. Il Tirreno.Gelocal.it, ed. (13 de setembro de 2012). "Il padre di Renzi «Sono io il primo rottamato...»". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2013. Consultado o 19 marzo 2013. 
  3. "Ministero dell'Interno - Anagrafe degli Amministratori Locali e Regionali". Ministero dell'Interno, Dipartimento per gli affari interni e territoriali. Consultado o 19 marzo 2013. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 A viso aperto.it (ed.). "Biografia di Matteo Renzi". Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2012. Consultado o 19 marzo 2013. 
  5. La Nazione.it, ed. (21 de setembro de 2012). "Matteo story: Renzi, lo scout che studiava da sindaco". Consultado o 19 marzo 2013. 
  6. lettera43.it, ed. (27 de marzo de 2013). "Renzi, la furbetta pensione da dirigente". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2014. Consultado o 9 novembre 2013. 
  7. La Nazione.it, ed. (20 de setembro de 2012). "Matteo story: Renzi studente rottamava i professori". Consultado o 19 marzo 2013. 
  8. "Matteo Renzi in Palazzo Medici Riccardi con il 58,8% dei voti". News dalle Pubbliche Amministrazioni della Toscana centrale. 15 de xuño de 2004. Consultado o 19 marzo 2013. 
  9. Il Sussidiario.net, ed. (25 de novembro de 2012). "Primarie del centrosinistra: Chi è Matteo Renzi". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2014. Consultado o 19 marzo 2013. 
  10. News dalle Pubbliche Amministrazioni della Toscana centrale, ed. (15 de xuño de 2004). "Matteo Renzi in Palazzo Medici Riccardi con il 58,8% dei voti". Consultado o 19 marzo 2013. 
  11. "La Nazione - Firenze - "Assunti senza qualifiche" Renzi condannato dalla Corte dei Conti Il sindaco: "Fantasiosa ricostruzione"". 5 de agosto de 2011. Consultado o 19 marzo 2013. 
  12. Vecchi, Davide (21 de setembro de 2012). Il Fatto Quotidiano, ed. "La Sprecopoli Renziana". 
  13. Corriere.it, ed. (30 de setembro de 2008). "Renzi si candida, Domenici contrario". Consultado o 19 marzo 2013. 
  14. "Risultati elezioni amministrative 2009". Comune di Firenze. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2013. Consultado o 16 de febreiro de 2014. 
  15. Direzione nazionale PD (ed.). "Direzione nazionale, i membri del Partito Democratico". Consultado o 19 marzo 2013. [Ligazón morta]
  16. Ansa.it, ed. (15 de setembro de 2010). "Matteo Renzi è il sindaco più amato". Consultado o 19 marzo 2013. 
  17. Il Sole 24 ore, ed. (10 de xaneiro de 2011). "È il fiorentino Renzi il sindaco più amato d'Italia". Consultado o 19 marzo 2013. 
  18. Il Fatto Quotidiano, ed. (8 de decembro de 2010). "Perché Renzi è andato ad Arcore?". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2013. Consultado o 11 febbraio 2011. 
  19. Corriere della Sera, ed. (8 de decembro de 2010). "Il popolo di Facebook si divide sull'incontro tra Renzi e il Premier". Consultado o 11 febbraio 2011. 
  20. Comune di Firenze (ed.). "Piano strutturale di Firenze". Consultado o 19 marzo 2013. 
  21. La Repubblica.it, ed. (29 de agosto de 2010). ""Il Nuovo Ulivo fa sbadigliare è ora di rottamare i nostri dirigenti"". Consultado o 19 marzo 2013. 
  22. Corriere.it, ed. (5 de novembro de 2010). "«La guerra fra generazioni è stata un errore Ma basta De Coubertin, proviamo a vincere»". Consultado o 19 marzo 2013. 
  23. l'Unità, ed. (8 de novembro de 2010). "Pd, una «Carta» da Firenze Renzi: risorsa non pericolo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 19 marzo 2013. 
  24. La Repubblica.it, ed. (7 de novembro de 2010). "La Carta di Firenze". Consultado o 19 marzo 2013. 
  25. Corriere Fiorentino, ed. (26 de outubro de 2011). "Corriere della Sera - Il Big bang incassa le firme di Ichino". Consultado o 19 marzo 2013. 
  26. La Nazione.it, ed. (28 de agosto de 2012). "Renzi si candida per le primarie: la lunga corsa per vincere è su due camper gemelli, "i fiorentini orgogliosi di me"". Consultado o 19 marzo 2013. 
  27. Corriere.it, ed. (13 de setembro de 2012). "Renzi lancia la sua sfida: «Chi è deluso da Berlusconi venga da noi»". Consultado o 19 marzo 2013. 
  28. La Repubblica.it, ed. (2 de decembro de 2012). "Primarie centrosinistra 2012, Bersani e Renzi verso il ballottaggio". Consultado o 19 marzo 2013. 
  29. La Repubblica.it, ed. (2 de decembro de 2012). "Primarie, Bersani stravince: oltre il 60%". Consultado o 19 marzo 2013. 
  30. Il Fatto Quotidiano, ed. (7 de outubro de 2012). "Primarie, Bindi: “Renzi? Messaggi berlusconiani. Lavoro per sconfiggerlo”". Consultado o 19 marzo 2013. 
  31. Il Quotidiano.net, ed. (7 de outubro de 2012). "Vendola attacca Renzi: "È lui da rottamare" La replica del sindaco: "Non cado in provocazioni"". Consultado o 19 marzo 2013. 
  32. Il Messaggero.it, ed. (8 de outubro de 2012). "Primarie Pd, Fassina contro Renzi: copia le proposte di Bersani". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 19 marzo 2013. 
  33. Claudio Tito (9 de xullo 2013). la Repubblica, ed. "Tutti mi chiedono di candidarmi così cambierò il Pd". Consultado o 22 novembre 2013. 
  34. lettera43, ed. (2 de setembro de 2013). "Franceschini e Areadem si schierano con Renzi". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2013. Consultado o 22 novembre 2013. 
  35. Ignazio Dessì (5 de setembro de 2013). Tiscali, ed. "Pd, Marina Sereni: "Opportunisti? No, diciamo sì a Renzi perché vuole innovare. Il governo? Meglio che duri"". Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2014. Consultado o 24 novembre 2013. 
  36. Laura Secci (20 de outubro de 2013). La Stampa, ed. "Fassino: "Renzi motiva anche i delusi, Cuperlo? È il candidato della nostalgia"". Consultado o 24 novembre 2013. 
  37. la Repubblica, ed. (11 de outubro de 2013). "Primarie Pd, candidati depositano le firme. Si allunga lista dei lettiani pro Renzi". Consultado o 22 novembre 2013. 
  38. l'Unità, ed. (10 de maio de 2013). "Cuperlo: «Mi candido segretario, non reggente»". Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2014. Consultado o 22 novembre 2013. 
  39. Giuseppe Civati (13 de novembro de 2012). "Consenso e buonsenso". Consultado o 23 novembre 2013. 
  40. l'Unità, ed. (24 de outubro de 2013). "Pd, Civati: «Voglio un partito di sinistra»". Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2014. Consultado o 23 novembre 2013. 
  41. la Repubblica, ed. (15 de decembro de 2013). "Pd, Renzi parte all'attacco: subito piano per lavoro, scuola e Unioni civili". E "#Beppe firma qua"". Consultado o 15 dicembre 2013. 
  42. Il Messaggero.it, ed. (22 de novembro de 2012). "Matteo Renzi Adesso! - Primarie 2012". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 19 marzo 2013. 
  43. Gay.tv (ed.). "Matteo Renzi: il matrimonio è per tutti o quasi.". Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2013. Consultado o 19 marzo 2013. 
  44. Italicum: il testo e la spiegazione della proposta per la nuova legge elettorale Arquivado 28 de marzo de 2014 en Wayback Machine. en Polisblog.it, 23 de xaneiro de 2014