Saltar ao contido

Altare della Patria

Altare della Patria
Roma Editar o valor en Wikidata
Imaxe da planta
Imaxe
 Parte de
 Nome orixinal
Monumento Nazionale a Vittorio Emanuele II (it) Editar o valor en Wikidata
 Conmemora
 Accesibilidade en cadeira de rodas
Características
 Material / ingrediente
 Estilo
Implicados
 Arquitecto/a
 Propietario/a
Datas
 Fundación / creación
II milenio Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
4 de xuño de 1911 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Altura
 81 m Editar o valor en Wikidata
 Superficie
 1.000 m² exposición Editar o valor en Wikidata
Visitantes anuais487167 (2020) Editar o valor en Wikidata
Cadro de persoal18 (2019) Editar o valor en Wikidata
Prezo de acceso0 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
 Rúa
 Enderezo
Piazza Venezia 6, 00187 Roma Editar o valor en Wikidata
 Coordenadas
Patrimonio
Ben cultural de Italia
Códigos e identificadores
Código postal00187 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap1849830 Editar o valor en Wikidata
VIAF161358857 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000122253760 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/070y6f Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Teléfono
+39-06-678-3588 Editar o valor en Wikidata
 Correo
Wikidata C:Commons

O Altare della Patria, tamén coñecido como Monumento Nazionale a Vittorio Emanuele II ou Il Vittoriano, é un monumento construído na honra de Vítor Manuel, o primeiro rei da Italia unificada. Atópase en Roma e ocupa a área entre a Piazza Venezia e o Capitolino.

Foi deseñado por Giuseppe Sacconi en 1885, e inaugurado en 1911, pero os traballos remataron moito despois, entre 1924 e 1927.

Características

[editar | editar a fonte]
Tumba do soldado descoñecido.

O monumento está construído con mármore branco extraído das canteiras de Botticino (preto da cidade de Brescia), amosado por exemplo nas maxestosas escaleiras ou as columnas corintias. Tamén dispón de varias fontes e esculturas do propio rei Vítor Manuel e dúas estatuas da deusa Vitoria con sendas cuadrigas. A estrutura mide 135 metros de ancho e 70 metros de altura (incluíndo a cuadriga e as ás das deusas chega a 81 metros).

Na base do monumento atópase o museo da unificación de Italia.

O soldado descoñecido

[editar | editar a fonte]

No monumento a Vítor Manuel II atópase tamén unha tumba ó soldado descoñecido cunha «chama eterna» construída trala primeira guerra mundial, segundo a idea do xeneral Giulio Douhet. O corpo do soldado descoñecido foi escollido por Maria Bergamas, na vila austrohúngaro de Gradisca d'Isonzo, dun mozo desertor do exército austrohúngaro que pasou ó Regio Esercito (exército italiano) e resultou desaparecido en combate. Foi elixido entre outros 11 corpos de soldados ou mariñeiros sen identificar das forzas armadas do Reino de Italia (1861-1946). O corpo foi transportado dende Aquileia (onde se realizou a cerimonia con Bergamas) até Roma, entre outubro e novembro de 1921.