Selección de rugby da Arxentina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flag of Argentina.svg
Arxentina
Campión do Mundo
Actual campión do Seis NaciónsCampión do Seis Nacións
Campión do Tri Nations
Cores do equipo Cores do equipo Cores do equipo
Cores do equipo
Cores do equipo
Na casa
Cores do equipo Cores do equipo Cores do equipo
Cores do equipo
Cores do equipo
Fóra
Unión Unión Argentina de Rugby
Fundación: 1899
Emblema: O Xaguar
Alcume: Os Pumas
Estadio: Estadio José Amalfitani, Buenos Aires (49.540)
Adestrador: Daniel Hourcade
Capitán: Agustín Creevy
Estrea internacional
Arxentina Flag of Argentina.svg 3:28 600px Lions like.png Lions
12 de xuño de 1910
Maior vitoria
Paraguai Flag of Paraguay.svg 0:152 Flag of Argentina.svg Arxentina
1 de maio de 2002
Maior derrota
Nova Zelandia Flag of New Zealand.svg 93:8 Flag of Argentina.svg Arxentina
21 de xuño de 1997
Copa do Mundo de Rugby
Participacións 6 (primeira en 1987)
Mellor resultado 3 (2007)
Rugby Championship
Participacións 4
Mellor resultado 4º (3 veces)

A Selección de rugby da Arxentina, máis coñecida como Los Pumas, é a selección nacional de rugby da Arxentina. Actualmente, a pesar de que a Unión Arxentina de Rugby non posúe unha liga profesional, situación que cambiará no 2009, ocupa o quinto posto na clasificación mundial da IRB[1]. Actualmente, segundo esa clasificación, é a mellor selección de rugby en todo o continente americano, gañando ate o momento en tódalas cinco edición disputadas do Campionato Panamericano de rugby e a integridade dos vinte e oito Campionatos Suramericanos que xogou excepto un en 1981, gañado por Uruguai.

Os Pumas disputaron até o mes de outubro de 2007 a suma de 279 partidos, dos cales gañaron 167, perderon 106 e empataron 6, o que arroxa un 59.86% de eficacia. Arxentina ostenta dúas marcas mundiais: son o equipo coa maior serie de vitorias consecutivas (20 entre 1960 e 1974) e posúen a maior marxe de puntos fronte a un rival (152 a 0 fronte a Paraguai o 1 de maio de 2002). Fronte ás nacións consideradas potencias deste deporte, Arxentina bateu a todas polo menos unha vez, coa excepción de Suráfrica e Nova Zelandia. O seu mellor resultado contra os All Blacks foi un empate obtido en 1985 en Buenos Aires, no estadio de Ferro Carril Oeste.

Rexistros[editar | editar a fonte]

Copa do Mundo de Rugby[editar | editar a fonte]

Participacións da Arxentina na Copa do Mundo.

Edición Organizador Posto
1987 Flag of New Zealand.svg Nova Zelandia e Flag of Australia.svg Australia Primeira fase
1991 Flag of England.svg Inglaterra[2] Primeira fase
1995 Flag of South Africa.svg Suráfrica Primeira fase
1999 Flag of Wales.svg País de Gales[3] 1/4 Finalista
2003 Flag of Australia.svg Australia Primeira fase
2007 Flag of France.svg Francia[4] Terceiro
2011 Flag of New Zealand.svg Nova Zelandia 1/4 Finalista
2015 Flag of England.svg Inglaterra[5] -

The Rugby Championship[editar | editar a fonte]

  Flag of Argentina.svg
Arxentina
Flag of Australia.svg
Australia
Flag of New Zealand.svg
Nova Zelandia
Flag of South Africa.svg
Suráfrica
Torneos 4 20 20 20
Vitorias 0 4 13 3
Partidos xogados 21 93 93 93
Gañados 2 39 68 38
Empatados 1 2 1 2
Perdidos 18 52 24 53

Notas[editar | editar a fonte]

  1. IRB Ranking, consultado a 5 de abril de 2009 (en inglés)
  2. coa asistencia de País de Gales, Escocia, Irlanda e Francia
  3. coa asistencia de Escocia, Inglaterra, Irlanda e Francia
  4. coa asistencia de País de Gales e Escocia
  5. coa asistencia do País de Gales