Nicolás Sánchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nicolás Sánchez
Nicolas Sanchez 2015 RWC.jpg
Nacemento26 de outubro de 1988
 San Miguel de Tucumán
NacionalidadeArxentina
Ocupaciónrugby union player
editar datos en Wikidata ]

Federico Nicolás Sánchez, nado en San Miguel de Tucumán o 26 de outubro de 1988, é un xogador arxentino de rugby. Xoga de medio apertura para a selección de rugby da Arxentina e no equipo arxentino do Super Rugby.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sánchez xogou para o Pampas XV na Vodacom Cup 2011 (Suráfrica) en que resultaron campións. Ao fin desa tempada fichou pola Union Bordeaux Bégles do Top 14. Nese club, xogou dúas tempadas. Para a 2014/15 Sánchez ficou para o RC Toulonnais. Nese ano logrou a Copa de Campións Europea de Rugby co conxunto francés. Rematado a tempada, o arxentino marchou ao seu país para comezar o novo proxecto da UAR no Super Rugby.

Nicolás disputou 27 encontros para os Pumas dende seu debut o 21 de maio do 2010 ante o Uruguai en Santiago de Chile até o momento. El anotou 2 ensaios, 25 conversións, 44 golpes de castigo e 5 drops, un total de 207. Leva disputando o Rugby Championship dende a admisión da Arxentina no torneo en 2012. Foi o máximo anotador do Rugby Championship 2014 con 54 puntos. Ademais, Sánchez tamén xogou a Copa do Mundo de Rugby 2011 e a Copa do Mundo de Rugby 2011. Nesta última, foi o máximo anotador con 97 puntos.