Marcus Allbäck
Marcus Allbäck | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Marcus Christian Allbäck | ||
Nacemento | 5 de xullo de 1973 | ||
Lugar de nacemento | Gotemburgo | ||
Altura | 1'80 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1992–1997 | Örgryte | 139 | (52) |
1997 | Lyngby Boldklub | 4 | (1) |
1997–1998 | Bari | 16 | (0) |
1998–2000 | Örgryte | 64 | (34) |
2000–2002 | Heerenveen | 48 | (25) |
2002–2004 | Aston Villa | 35 | (6) |
2004–2005 | Hansa Rostock | 23 | (4) |
2005–2008 | F.C. Copenhagen | 85 | (34) |
2008–2009 | Örgryte | 30 | (8) |
2011 | Örgryte | 1 | (0) |
2013 | Saltsjöbadens IF | 1 | (0) |
Total | 445 | (164) | |
Selección nacional | |||
1999–2008 | Suecia | 74 | (30) |
Adestrador | |||
2009–2016 | Suecia (segundo adestrador) | ||
Na rede | |||
![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Marcus Christian Allbäck, nado o 5 de xullo de 1973 en Gotemburgo, é un exfutbolista e adestrador sueco.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Allbäck empezou a súa carreira profesional no Örgryte IS logo pasou por dous equipos estranxeiros modestos, o danés Lyngby Boldklub e o A.S. Bari da liga italiana, para volver de novo ao seu primeiro club. En 2000 fichou polo SC Heerenveen da Eredivisie, e en 2002 comprometeuse co Aston Villa por 2 millóns de libras, así e todo non estivo no equipo titular na Premier League ao contar xa con Darius Vassell e Juan Pablo Ángel.[1] Ao final do seu contrato, no verán de 2004, marchou ao Hansa Rostock.[2]
No verán de 2005 Allbäck, de 32 anos, firmou co F.C. København, o 1 de novembro de 2006 marcou o seu primeiro gol na Liga de Campións da UEFA contra o Manchester United.[3] O 1 de xullo de 2008 volveu ao Örgryte sueco, na súa terceira época no club. O 14 de decembro de 2009 tras baixar o Örgryte IS da máxima categoría, a Allsvenskan, Allbäck anunciou a súa retirada.
Selección nacional[editar | editar a fonte]
Allbäck xogou con Suecia na Eurocopa 2000, Mundial de Fútbol Corea/Xapón 2002, Eurocopa 2004, Mundial de Fútbol Alemaña 2006 e Eurocopa 2008, totalizando 74 encontros nos ue marcou 30 goles desde o seu debut o 27 de novembro de 1999 nun amigábel contra Suráfrica.
Adestrador[editar | editar a fonte]

O 7 de novembro de 2009 anunciouse que sería o segundo adestrador da selección sueca pero dimitiu en 2016 tras os malos resultados de Suecia na Eurocopa.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Italians eye Villa marksman". Sky News. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 13 de setembro de 2016.
- ↑ "Hansa snap up Allbäck". UEFA.com. 28 de agosto de 2004.
- ↑ "Allback goal leaves United stuck in muddy misery". The Guardian. 2 de novembro de 2006.