Saltar ao contido

SU Agen Lot-et-Garonne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «SU Agen»)
Sporting Union Agen
NomeSporting union Agen Lot-et-Garonne
Fundación1908
SedeAgen, Aquitania
Estadio(s)Stade Alfred Armandie
Capacidade14.000 espectadores
PresidenteAlain Tingaud
AdestradorChristophe Deylaud e Christian Lanta
CapitánAdri Badenhorst
Anotador-
Ensaios-
Liga(s)Top 14
2015/16-
Casa
Fóra
Na rede
http://www.agen-rugby.com
Twitter: agen_rugby Instagram: agen_rugby Editar o valor en Wikidata

O Sporting Union Agen Lot-et-Garonne é un equipo profesional francés de rugby, localizado na cidade de Agen, que é a capital do departamento de Lot e Garona, en Aquitania. O club foi fundado no ano 1908, e dende entón ten sido un dos principais equipos do máximo campionato ligueiro de rugby no país, acadando un total de 8 títulos. O equipo xoga os seus encontros como local no Stade Alfred Armandie, que conta con capacidade para acoller a 14.000 seareiros. As cores clásicas do club son o azul e o branco.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

SU Agen levaba dende os anos 1920 competindo no máximo nivel do rugby francés, o Top 14, ata que perdeu a categoría en 2007. O equipo acadou de novo o ascenso en 2010.

1929/30, 1944/45, 1961/62, 1964/65, 1965/66, 1975/76, 1981/82, 1987/88

  • Copa francesa de rugby (2)
1942/43, 1944/45
  • Torneo Yves du Manoir (4):

1932, 1963, 1983, 1992

2009/2010 En 1998 o SU Agen disputou a final da European Challenge Cup, a segunda competición continental, caendo por 43 a 5 fronte a US Colomiers. Foi a súa única final europea.

Xogadores emblemáticos

[editar | editar a fonte]
  • Philippe Sella. No SU Agen entre 1980 e 1996. Posición: Centro. Xogou 111 encontros coa selección francesa (2º na lista histórica), anotando 30 ensaios (4º na clasificación histórica).
  • Christophe Lamaison. No SU Agen entre 2000 e 2002. Posición: Apertura. Máximo anotador histórico da selección francesa, con 380 puntos.
  • Abdelatif Benazzi. No SU Agen entre 1989 e 2001. Posición: 2ª ou 3ª liña. 78 encontros coa selección francesa, 9º nesa lista.

Tempada actual

[editar | editar a fonte]
Francia Top 14 — Tempada 2017/18
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. PF PC DP BO BD
Montpellier Hérault (F) 81261709752559+193112
Racing 92 (SF) 80261808622478+14453
Stade Toulousain (CF) 74261619719595+12444
RC Toulon (CF) 732614012766507+25998
Lyon OU (SF) 702615011689545+14473
Castres Olympique (C) 692615011638624+1445
Stade Rochelais 672614111686531+15563
Section Paloise 662615011590584+624
ASM Clermont Auvergne 542611114629687–5944
10ºUnion Bordeaux Bègles 482610115557623-6624
11ºSU Agen 462610016537757-22024
12ºStade Français 42269017540740-20024
13ºOyonnax Rugby 39267316566824-25814
14ºCA Brive 36267118485736-24115
Cada encontro gañado (Gañ.) supón 4 puntos para a clasificación, e cada empate (Emp.) outros 2. Os puntos bonus ofensivos (BO) acádanse cada vez que un equipo anota 3 ensaios ou máis nun encontro, mentres que os puntos bonus defensivos (BD) acádanse cando o equipo perde un encontro por 7 puntos de diferenza ou menos. Estes puntos bonus engádense ós acadados polas vitorias ou empates.

<<<< 2016/17 — Tempadas — 2018/19 >>>>


En verde      os equipos clasificados para as semifinais e para a Copa de Campións Europea de Rugby 2018/19 (1º e 2º).
En azul      os clubs clasificados para os cuartos de final e para a Copa de Campións Europea de Rugby 2018/19 (3º, 4º, 5º e 6º).
En vermello      os clubs que descenden ao Pro D2 (13º e 14º).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]