Saltar ao contido

Scophthalmus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Scophthalmus
 Nome taxon
    Scophthalmus
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Tipo taxonómico
 Sinónimo taxonómico
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseActinopteri
OrdePleuronectiformes
FamiliaScophthalmidae
XéneroScophthalmus Editar o valor en Wikidata
Rafinesque, 1810 Scophthalmus Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0gmf59z Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2779364044 Editar o valor en Wikidata
ITIS172745 Editar o valor en Wikidata
OTT778684 Editar o valor en Wikidata
CoL63T6K Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Scophthalmus é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, o tipo da familia dos escoftálmidos, propios do océano Atlántico e coñecidos en galego como rodaballos e curuxos.[1]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1810 polo naturalista estadounidense Constantine Samuel Rafinesque.[2]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Non está nada clara a etimoloxía do nome Scophthalmus.

Segundo algúns etimoloxistas,[3] derivaría dos termos do grego antigo σκόπελος skópelos, "rocha elevada" (e, ao parecer, o nome dun certo "peixe lantrerna"), e ὀφθαλμός ophthalmós, "ollo". Para outros, derivaría do italiano scopo, "mira" (de arma de fogo),[4] derivado do grego σκοπός skopós, "atalaia", "observador", "espía", relacionado con σκεπάζω skepázō, "defender", "protexer", "defender contra", e ὀφθαλμός ophthalmós, "ollo". Finalmente, algúns opinan que o termo estaría formado a partira dos gregos σκώπτω skóptō, "burlarse" e ἅλμη álmē, "auga ou escuma do mar",[5] literalmente: "o que se burla da escuma do mar", o que, dada a coñecida excentricidade de Rafinesque, talvez non estaría errado.

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome orixinario que lle deu Rafinesque, este xénero coñeceuse ao longo do tempo polos sinónimos:[2]

Actualmente recoñécense no xénero tres ou catro especies, segundo os autores (segundo admitan, ou non, a Scophtalmus maximus, o rodaballo:[6]

En Galicia

[editar | editar a fonte]

Rodríguez Solórzano et al., no seu Inventario,[9] nas augas galegas rexistran dúas das especies anteriormente citadas, Scophtalmus rhombus e Psetta maxima (= Scophtalmus maximus).

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 84.
  2. 1 2 Scophthalmus Rafinesque, 1810 no WoRMS.
  3. ↑ Scophthalmus maximus (Linnaeus, 1758) Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en FishBase.
  4. ↑ scope Arquivado 27 de novembro de 2011 en Wayback Machine. en wordswarm.net: free dictionary lookup.
  5. ↑ Scophthalmus Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en myEyimology.
  6. ↑ Ver ligazóns externas NCBI e FishBase, para o primeiro caso, e SIIT, para o segundo.
  7. ↑ Citado por Lahuerta e Vázquez como Psetta maxima maeoticus.
  8. ↑ Citado por Lahuerta e Vázuez como Psetta maxima maxima.
  9. ↑ R[odríguez] Sórzano, Manuel R.; Rodríguez, José L.; Iglesias, José; Pereira, Francisco X. e Álverez, Federico (1988): Inventario dos peixes do litoral galego. Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas. Inventarios. IV. Sada (A Coruña): Publicacións do Seminario de Estudos Galegos. Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-370-0.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5.
  • Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]