Saltar ao contido

Sciurus meridionalis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sciurus meridionalis
Esquío negro meridional
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[Cómpre referencia]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Rodentia
Familia: Esciúridos
Subfamilia: Esciurinos
Tribo: Sciurini
Xénero: Sciurus
Especie: Sciurus meridionalis
Lucifero, 1907
Área de distribución de Sciurus meridionalis
Área de distribución de Sciurus meridionalis

Área de distribución de Sciurus meridionalis
Sinonimia
Véxase o texto

Sciurus meridionalis, coñecida vulgarmente como esquío negro meridional ou esquío de Calabria, é unha especie de mamífero da orde dos roedores, suborde dos esciuromorfos, familia dos esciúridos, subfamilia dos esciurinos e tribo dos Sciurini, pertencente ao xénero Sciurus.

É endémica dos bosques do sur da Península Itálica.[1]

Facilmente observábel nos bosques, desde os 600 a os 1 500 m de altitude, presenta unha cor escura. É probábel que pertenza a unha poboación que permaneceu illada, no período das glaciacións, das do esquío vermello presente máis ao norte, e que pouco a pouco foi diferenciándose até converterse nunha especie autónoma.[2][3][4]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Esta especie foi descrita orixinarimente no ano 1907 polo naturalista Italiano Armando Lucifero, co mesmo nome científico que hoxe ten.[1][5]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Para a do xénero, ver Sciurus.

O epíteto específico meridionalis, fai referencia á situación xeográfica meridional, con respecto dos outros esquíos de Italia.

Historia taxonómica

[editar | editar a fonte]

En 1951 Ellerman e Morrison-Scott sinonimizaron a S. meridionalis en Sciurus vulgaris italicus; porén, aceptaron como unha subespecie válida a un sinónimo júnior de S. meridionalis: Sciurus vulgaris silanus,[6] a cal ten a súa localidade tipo nas montañas Sila. Posteriormente, durante máis de medio século o esquío do sur italiano foi tratado como unha subespecie distinta do esquío vermello do norte de Italia, Sciurus vulgaris meridionalis.[1]

Análises xenéticos publicados no ano 2009 demostraron que era un taxon independente.[7] En 2013, seguindo o concepto filoxenético de especie, Gippoliti novamente elevouna ao rango de especie plena,[8] aínda que a súa aplicación foi debatida.[9] Finalmente, no ano 2017, foi formalmente elevada a especie plena.[1]

Historia evolutiva

[editar | editar a fonte]

Durante o Cuaternario, a rexión de Calabria quedo bioxeograficamente illada do resto da Península Itálica, ao quedar rodeada por auga mariña un conxunto de cadeas montañosas que, por evolución tectónica, foron elevadas a principios do Plistoceno medio, condición que persistiu até o Plistoceno superior. Á fauna que quedou alí enclaustrada hoxe mostra xenotipos distintos.[10][11]

Grazas a un estudo de ADN mitocondrial, no ano 2009 Grill e os seus colegas concluíron que este esquío tamén formou parte da fauna que quedara illada en Calabria, e que a súa poboación nunca volveu a conectarse coas poblacións do esquío vermello do centro de Italia, formándose deste xeito unha unidade evolutiva endémica desa rexión peninsular austral.[7]

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Admais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:

  • Sciurus vulgaris meridionalis (Lucifero, 1907)
  • Sciurus vulgaris silanus Heinrich, 1934

Características

[editar | editar a fonte]

A súa pelaxe ten unha coloración de parda escura a anegrada polas partes superiores, e branca polas inferiores. Seu tamaño é maior que o de Sciurus vulgaris, da cal, como vimos, se a tiña considerado apenas como unha subespecie.[1]

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

Este roedor é endémico dos bosques do extremo austral da Italia continental, destribuíndose especificamente polas rexións de Calabria e a Basilicata, entre o mar Tirreno, que queda ao oeste, e o mar Xónico, polo leste.[1]

Vive en bosques mixtos nas terras altas, e os seus niños frecuentemente se colocan en piñeiros ou carballos. Anbunda especialmente onde hai piñeiros negrais, xa que as súas sementes son unha importante fonte de alimento.[12]

O límite norte da súa área de distribución foi o norte do monte Pollino, pero na actualidade está estendéndose lentamente cara ao norte, até os Apeninos de Lucania (na Basilicata). O límite máis ao norte, e o máis meridional do esquío vermello, están separados por un espazo de máis de 100 km.

O esquío negro de Calabria ten unha poboación estábel, pero a súa pequena área de distribución significa que probabelmente o seu status sexa cualificado como case amenazada ou quizais vulnerábel. A ameaza máis grave é posibelmente Callosciurus finlaysonii, o esquío de Indochina, que se introduciu preto da súa área de dispersión.[13]

  1. 1 2 3 4 5 6 Wauters, Lucas A.; Giovanni Amori, Gaetano Aloise, Spartaco Gippoliti, Paolo Agnelli, Andrea Galimberti, Maurizio Casiraghi, Damiano Preatoni & Adriano Martinoli (2017): "New endemic mammal species for Europe: Sciurus meridionalis (Rodentia, Sciuridae)". Hystrix 28 (1): 1–28.
  2. "Scoiattolo nero".
  3. Redazione MeteoWeb (24 de febreiro de 2016). "Sulle montagne di Calabria vive una specie unica, lo Scoiattolo meridionale". Consultado o 29 de novembro d 2021.
  4. Peppe Caridi (25 de abril de 2017). "Le stupende immagini dell’endemico Scoiattolo meridionale sui monti di Calabria". Consultado o 29 de novembro de 2021.
  5. Lucifero, A. (1907): Mammalia Calabra. Rivista Italiana di Scienze Naturali, Siena 5-6: 45-55.
  6. Ellerman, J. R., & Morrison-Scott, T. C. S. (1951): "Checklist of Palaearctic and Indian mammals, 1758 to 1946". Order of the Trustees of the British Museum.
  7. 1 2 Grill, A., Amori, G., Aloise, G., Lisi, I., Tosi, G., Wauters, L. A., & Randi, E. (2009): "Molecular phylogeography of European Sciurus vulgaris: refuge within refugia?. Molecular Ecology '18 (12): 2687-2699.
  8. Gippoliti, S. (2013): "Checklist delle specie dei mammiferi italiani (esclusi Mysticeti e Odontoceti): contributo per la conservazione della biodiversità". Bolletino del Museo Civico di Storia Naturasle di Verona (Botanica e Zoologia) 37: 7-28.
  9. Zachos, F. E. & Lovari, S. (2013): "Taxonomic inflation and the poverty of the Phylogenetic Species Concept—a reply to Gippoliti and Groves". Hystrix 24 (2): 142-144.
  10. Castiglia, R., Annesi, F., Aloise, G., & Amori, G. (2007): "Mitochondrial DNA reveals different phylogeographic structures in the water shrews Neomys anomalus and N. fodiens (Insectivora: Soricidae) in Europe". Journal of Zoological Systematics and Evolutionary Research 45 (3): 255-262.
  11. Canestrelli, D., Cimmaruta, R., & Nascetti, G. (2008): "Population genetic structure and diversity of the Apennine endemic stream frog, Rana italica–insights on the Pleistocene evolutionary history of the Italian peninsular biota". Molecular Ecology 17 (17): 3856-3872.
  12. Cagnin, Mara; Gaetano Aloise, Fabiola Fiore, Vincenzo Oriolo, Luc A. Wauters & Randi, E. (2000): "Habitat use and population density of the red squirrel, Sciurus vulgaris meridionalis, in the Sila Grande mountain range (Calabria, South Italy)". Italian Journal of Zoology 67 (1): 81–87.
  13. Alulagnier, S., Haffner, P., Mitchell-Jones, A., Moutou, F. & Zima, J. (2009). Guía de los Mamíferos de Europa, del norte de África y de Oriente Medio. Barcelona: Lynx Edicions. pp. 166–167. ISBN 978-84-9655-352-1.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]