Tom Heinsohn
Tom Heinsohn | |
---|---|
Tom Heinsohn v. Philadelphia 76ers | |
Posición | Aleiro |
Dorsal | 15 |
Altura | 2,01 m (6 ft 7 in) |
Peso oficial | 99 kg (218 lb) |
Nacemento | 26 de agosto de 1934 ![]() |
Morte | 10 de novembro de 2020 (86 anos)![]() |
Carreira | |
Universidade | Holy Cross |
NBA Draft | 1956 / Elección: Territorial Por Boston Celtics |
Tempadas | 1956–1965 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 12 194 |
Rebotes | 5 749 |
Asistencias | 1 318 |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
| |
Basketball Hall of Fame como xogador | |
Basketball Hall of Fame como adestrador | |
Adestrador | |
Thomas William Heinsohn, nado en Jersey City, Nova Jersey, o 26 de agosto de 1934 e finado en Newton, Massachusetts o 10 de novembro de 2020,[1] foi un xogador e adestrador profesional de baloncesto membro do Basketball Hall of Fame dado os seus éxitos con Boston Celtics. Como técnico, adestrou dende 1969 a 1978. Foi tamén comentarista durante as retransmisións deportivas dos Celtics nas emisións da CSN New England.
Carreira colexial[editar | editar a fonte]
Nado en Jersey City, Tom asistiu ao Instituto St. Michael's na próxima Union City. Aceptou unha bolsa do Colexio de Holy Cros e converteuse no máximo anotador do colexio con 1.789 puntos, cunha media de 22,1 por partido. Durante o seu ano sénior, anotou nun encontro contra Boston College 51 puntos, tamén unha marca.
Carreira profesional[editar | editar a fonte]
En 1956, Heinsohn asinou por Boston Celtics. Na súa primeira tempada, foi All-Star, Rookie do Ano e gañou o anel. Formou parte do mítico cadro dos Celtics que gañou oito campionatos en nove anos. Na historia da NBA, só os seus compañeiros Bill Russell e Sam Jones gañaron máis aneis. En toda a súa carreira, Heinsohn foi seleccionado para disputar o All-Star en seis ocasiones. O día da retirada do seu compañeiro de equipo Bob Cousy, Heinsohn anotou o seu punto 10.000. En 1966, foi retirado o seu dorsal 15.
Carreira de adestrador[editar | editar a fonte]
Tras retirarse, converteuse no adestrador dos Celtics. Durante a campaña 1972-73, liderou ao seu equipo a unha marca de 68-14 e foi nomeado Adestrador do Ano. A tempada seguinte e en 1976, Heinsohn e os Celtics gañaron o campionato.
Títulos[editar | editar a fonte]
- Rookie do Ano da NBA de 1957
- Seis veces All-Star
- Adestrador do Ano da NBA de 1973
- Basketball Hall of Fame (como xogador, en 1986)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Celtics legend Tom Heinsohn, champion as player and coach, dies at 86". The Boston Globe. Consultado o 10 November 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores dos Boston Celtics
- Eleccións no Draft da NBA dos Boston Celtics
- Adestradores dos Boston Celtics
- Alas de baloncesto
- Adestradores da NBA
- Adestradores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Rookie do Ano da NBA
- Membros do Salón da Fama da NBA
- Nados en 1934
- Finados en 2020