Don Nelson
(2012) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 15 de maio de 1940 (84 anos) Muskegon, Estados Unidos de América (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Residencia | Muskegon (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Rock Island High School (en) Universidade de Iowa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 198 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 95 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista, adestrador de baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1962 - 1976 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala e Ala-pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Washington Wizards | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fillos | Donnie Nelson | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Donald Arvid Nelson, nado o 15 de maio de 1940 en Muskegon, Míchigan, é un antigo xogador e adestrador profesional de baloncesto da NBA. O seu último equipo foron os Golden State Warriors, dirixindo anteriormente aos Milwaukee Bucks, New York Knicks e Dallas Mavericks. Todo un innovador do baloncesto, é o inventor do concepto do point forward (unha posición adicional que mestura os mellores atributos da base e o aleiro). Esta táctica é moi utilizada polos adestradores de hoxe en día.
Carreira de xogador
[editar | editar a fonte]En 1962, Nelson se graduó na Universidade de Iowa, sendo en dúas ocasións All-American facendo 21,1 puntos e 10,5 rebotes por partido. Foi drafteado na posición 19 por Chicago Zephyrs da NBA. Xogou no equipo dous anos ata que foi traspasado a Los Angeles Lakers en 1964. Ao ano seguinte, ao ser cortado polos Lakers, asinou por Boston Celtics.
Na súa primeira campaña nos Celtics, Nelson completou a súa mellor tempada na NBA facendo 10,2 puntos e 5,4 rebotes por partido, axudando a Boston ha gañar o anel de 1966. Levaría catro campionatos máis, os de 1968, 1969, 1974 e 1976. Todo un modelo de consistencia, Nelson faría máis de 10 puntos por encontro en cada tempada entre 1968-69 e 1974-75. Esta última tempada liderou a NBA en porcentaxe de tiros de campo. Nelson está considerado por moitos como un dos mellores "sexto home" que pisou unha cancha da NBA na historia, ademais de ser moi recoñecido polo seu orixinal estilo á hora de lanzar os tiros libres, facéndoo tan só cunha man. Na tempada 1975-76, tras 14 anos na liga, Nelson puxo punto final á súa carreira profesional, sendo retirada, en 1978, a súa camiseta co dorsal 19 por Boston Celtics.
Carreira de adestrador
[editar | editar a fonte]Nelson colleu o mando de "general manager" e adestrador de Milwaukee Bucks en 1976, e comezou a mostrar a súa impecable habilidade para realizar traspasos beneficiarios para os seus equipos. O primeiro foi recibir a Marques Johnson (que posteriormente tería unha sólida carreira nos Bucks) a cambio de Swen Nater de Buffalo Braves. En 1983 e 1985 recibiu o premio ao Mellor Adestrador do Ano. Tamén foi en Milwaukee onde Nelson empezou a ser recoñecido polo seu heterodoxa e innovadora filosofía do baloncesto. No equipo permanecería dez tempadas, sete delas por encima das 50 vitorias e varios campionatos de división.
Tras un hiato dun ano, converteuse en adestrador e vicepresidente de Golden State Warriors, onde sería nomeado mellor adestrador por terceira vez. Nos Warriors inculcou un sistema ofensivo rápido e efectivo. Adoitaba usar no quinteto titular tres guards (base/escolta) como eran Mitch Richmond, Tim Hardaway e Sarunas Marciulionis, e dous forwards (aleiro/ala-pivote), neste caso Chris Mullin, e Rod Higgins facendo as funcións de center (pivote). Con esta pouco usual táctica, liderou aos Warriors a tempadas exitosas e moitas aparicións en playoffs. Posteriormente, chegarían ao equipo os talentosos Chris Webber e Latrell Sprewell. Tras catro tempadas, abandonou o equipo por indiferenzas con Webber tras un comezo de 14-31.
No Mundial de Toronto de 1994 foi o adestrador do "Dream Team II" que levou a medalla de ouro. En 1995, Nelson enrolouse cos Knicks, equipo que dirixiría desde xullo até marzo de 1996. Nelson tivo problemas con varios xogadores, e liderou a New York a un comezo de tempada de 34-25. Nelson tratou de convencer ao club para traspasar á estrela Patrick Ewing, para así ter opcións de negociar por Shaquille O'Neal, que ese verán se convertía en axente libre. Fiel aos seus principios, Nelson continuou co seu xogo ofensivo e rápido, que contrastaba co estilo brusco e defensivo que caracterizaba a eses Knicks de Ewing, Anthony Mason e Charles Oakley.
En 1997, foi nomeado adestrador e "general manager" de Dallas Mavericks, un equipo por entón profundamente perdedor, pero con adquisicións como as de Dirk Nowitzki e Steve Nash, ademais de Michael Finley e Shawn Bradley que xa estaban no equipo, converteu aos Mavs nun bloque tremendamente competitivo. Liderou ao equipo a catro tempadas consecutivas por encima das 50 vitorias. A pesar de formar un dos mellores equipos ofensivos da liga, en canto a defensa interior flojeaba en demasía, contando na pintura con Raef LaFrentz, Shawn Bradley e Nowitzki, homes moi frouxos en defensa. Quizais por ese motivo nunca lles levo ás Finais da NBA. En marzo de 2005, Nelson deixou o equipo sendo substituído por Avery Johnson, e nomeando ao seu fillo Donnie Nelson o seu substituto como "general manager". O 30 de agosto de 2006, asinou por Golden State Warriors, onde permaneceu até o ano 2010.
Equipos
[editar | editar a fonte]- Milwaukee Bucks (1976-1987)
- Golden State Warriors (1988-1995)
- New York Knicks (1995-1996)
- Dallas Mavericks (1997-2005)
- Golden State Warriors (2006-2010)
Marcas
[editar | editar a fonte]O 29 de decembro de 2001, Nelson converteuse no terceiro adestrador na historia da NBA en chegar ás 1.000 vitorias, detrás de Lenny Wilkens e Pat Riley. Nelson gañou o seu partido 1.200 o 9 de decembro de 2006, sendo con Wilkens (1.332) o único adestrador en chegar a esa cifra de vitorias.
Tendo ao seu mando ao equipo dos Golden State Warriors, clasificados no número oito da Conferencia na tempada 2006-2007, conseguiron eliminar en seis xogos ao mellor de sete ao equipo co mellor récord en tempada regular os Dallas Mavericks.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Estatísticas da súa carreira como xogador Arquivado 01 de outubro de 2012 en Wayback Machine.
- Estatísticas da súa carreira como adestrador Arquivado 13 de abril de 2010 en Wayback Machine.
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Eleccións no Draft da NBA dos Chicago Zephyrs
- Xogadores dos Chicago Zephyrs
- Xogadores dos Los Angeles Lakers
- Xogadores dos Boston Celtics
- Adestradores dos Milwaukee Bucks
- Adestradores dos Golden State Warriors
- Adestradores dos New York Knicks
- Adestradores dos Dallas Mavericks
- Alas de baloncesto
- Adestradores da NBA
- Adestradores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Membros do Salón da Fama da NBA
- Nados en 1940