Salma Paralluelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSalma Paralluelo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Salma Celeste Paralluelo Ayingono Editar o valor em Wikidata
13 de novembro de 2003 Editar o valor em Wikidata (20 anos)
Zaragoza, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña
Guinea Ecuatorial Editar o valor em Wikidata
Altura1,75 m Editar o valor em Wikidata
Peso58 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónatleta , futbolista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol
atletismo Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportiva400 metros lisos Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
2019-2022 Villarreal Club de Fútbol 37(23)
2020- Playas de Castellon (en) Traducir
2022- Fútbol Club Barcelona (pt) Traducir 24(14) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
-   Spain women's national under-19 association football team (en) Traducir
-   Spain women's national under-17 association football team (en) Traducir
-   Spain women's national under-20 association football team (en) Traducir
2022-   selección feminina de fútbol de España (left winger (en) Traducir)1(3) Editar o valor em Wikidata
Premios

Twitter: SalmaParalluelo Instagram: salmaparalluelo IAAF: 14813216 Editar o valor em Wikidata

Salma Celeste Paralluelo Ayingono, nada en Zaragoza o 13 de novembro de 2003, filla de pai español de orixe catalá e nai ecuatoguineana,[1][2] é unha futbolista e exvelocista española que xoga como extremo esquerda no Fútbol Club Barcelona da Liga F (liga feminina) e na selección feminina de fútbol de España. Foi campioa feminina Sub-17 e sub-20 da UEFA.[3] a dúas veces medalla de ouro no Festival Olímpico da Xuventude Europea en atletismo.[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Datos biográficos[editar | editar a fonte]

Nada o 13 de novembro de 2003 en Zaragoza, é filla de pai español e nai ecuatoguineana,[5][6] que se mudou desde Guinea Ecuatorial para que seu fillo, dunha relación anterior e cunha grave deficiencia conxénita de visión, puidese recibir un mellor tratamento médico en España.[6][7][8] Á parte do mencionado ten dous irmáns máis, José Jaime e Lorenzo, ambos futbolistas.[9]

Atletismo[editar | editar a fonte]

Como atleta, comezou no club Atletismo San José de Zaragoza para, pouco despois, incorporarse ao club Scorpio-71 de Zaragoza,[10] e a finais de 2019 pasou ao Club de Atletismo Playas de Castellón.[4][11] Tras ser varias veces campioa de España en categorías inferiores, conseguiu a súa primeira medalla en categoría absoluta no Campionato de España de Atletismo en pista cuberta de 2019, ao gañar o bronce na proba de 400 metros cunha marca de 53,83 s, récord de España en categorías sub-18 e sub-20. Aos 15 anos e 3 meses foi a atleta máis nova en gañar unha medalla nacional en categoría absoluta desde que o fixera Isabel Mozún en 1974.[12] A súa marca tamén lle permitiu participar no Campionato Europeo de Atletismo en Pista Cuberta de 2019 do mesmo ano, sendo a segunda atleta máis nova da historia en facelo, tras a marchadora noruega Kjersti Tysse; porén, caeu na primeira rolda nesta competición.[13]

Na tempada ao aire libre, na terceira carreira de toda a súa vida sobre os 400 metros valados, dentro do Meeting Iberoamericano de Atletismo de Huelva, conseguiu unha marca de 57,43 s, batendo a mellor marca española sub-18 de todos os tempos e sendo tamén a mellor marca mundial sub-18 do ano.[14] Con esta marca foi seleccionada para participar no Festival Olímpico da Xuventude Europea, onde gañou medallas de ouro nos 400 m valados,[15] e no relevo medley, proba na que estableceu unha nova mellor marca española sub-18 (2:08.53) xunto con Laura Pintiel, Esperança Cladera e Carmen Avilés.[16] En categoría absoluta formou parte do equipo español no Campionato Europeo de Atletismo por Nacións de 2019, sendo décima nos 400 metros valados,[17] e sétima no relevo 4 x 400.[18]

Tras non competir a penas durante 2020 e 2021, debido á pandemia de COVID-19 e, posteriormente, a unha grave lesión,[19] en xullo de 2022, anunciou que deixaba o atletismo de alta competición para dedicarse en exclusiva ao fútbol.[20]

Fútbol[editar | editar a fonte]

Como futbolista, debutou en categoría absoluta no Zaragoza Club de Fútbol Feminino, da Segunda División Feminina de España, ao cumprir os 15 anos, idade mínima para poder competir en categoría nacional.[10] A principios da temporada 2019-20 fichou polo Villarreal Club de Fútbol Feminino, da mesma categoría.[4][11]

En 2018 foi campioa de Europa,[10] e tamén da Copa Mundial Feminina de Fútbol Sub-17 de 2018,[21] coa Selección Feminina de Fútbol sub-17 de España.

En abril de 2021, lesionouse durante un partido co seu equipo, sufrindo a rotura do ligamento cruzado anterior. Esta lesión apartouna da competición durante varios meses.[19]

En 2022 foi convocada para xogar a Eurocopa Feminina 2022 coa selección absoluta; porén, non puido disputar este torneo debido a unha lesión.[22] Pouco despois anunciou a súa fichaxe polo Fútbol Club Barcelona feminino.[20] Formou parte da selección na Copa Mundial Feminina de Fútbol Sub-20 de 2022, gañando o campionato; ademais, foi elixida mellor xogadora da final, tras marcar dous goles contra Xapón.[23] Finalmente, puido debutar coa selección absoluta en novembro do mesmo ano, marcando tres goles nun partido amigable contra a Arxentina.[24]

Mundial 2023[editar | editar a fonte]

A finais de xuño de 2023 entrou na lista definitiva de 23 xogadoras do seleccionador Jorge Vilda para a disputa da Copa Mundial Femenina de Fútbol de 2023, disputada en Australia e Nova Zelandia.[25] No partido de cuartos de final, contra a selección feminina de fútbol dos Países Baixos, marcou o gol que clasificou a España para as semifinais por primeira vez na súa historia e foi elixida mellor xogadora do partido.[26][27] Na semifinal, contra a selección feminina de fútbol de Suecia, marcou outro gol e, de novo, foi proclamada mellor xogadora do partido.[28][29]

Tras gañar a final contra a selección feminina de fútbol de Inglaterra, na que xogou como titular, foi proclamada mellor xogadora nova do torneo.[30]

Distincións[editar | editar a fonte]

En 2019 se lle concedeu o Premio Princesa Leonor á deportista española menor de 18 anos máis destacada do ano 2018.[31]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cuesta Torrado, Sara (1 de novembro de 2020). "Salma Paralluelo, la futbolista y velocista que bate todos los récords". elpais.com (en castelán). Consultado o 30 de agosto de 2023. 
  2. "Continúa la búsqueda de Florencio Ayingono Eworo | Entrevista con su madre, Diosdada Ayingono". 
  3. Armengol, Joan Carles (22 de febreiro de 2019). "Salma Paralluelo, un prodigio a dos bandas". El Periódico. Consultado o 11 de agosto de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Menayo, David (18 de setembro de 2019). "Salma deshoja la margarita y ficha por el Villarreal y el Playas de Castellón". Marca. 
  5. "Salma Paralluelo, la futbolista y velocista que bate todos los récords". El País. 
  6. 6,0 6,1 "Continúa la búsqueda de Florencio Ayingono Eworo. Entrevista con su madre, Diosdada Ayingono". 
  7. "Denuncian la desaparición de un joven universitario en Zaragoza". 
  8. "Aparece sin signos de violencia el cadáver del universitario desaparecido en Zaragoza". 
  9. "Los hermanos Paralluelo brillan con fuerza en la 'Cantera Grogueta'". 
  10. 10,0 10,1 10,2 Menayo, David (1 de decembro de 2018). "Salma Paralluelo, la gacela de 'La Rojita'". Marca. 
  11. 11,0 11,1 Mata, Javier (5 de setembro de 2019). "Salma Paralluelo ya está en Vila-real para quedarse". As. 
  12. Campos, Tomás (17 de febreiro de 2019). "¡Salma Paralluelo logra la mínima para el Europeo absoluto de Glasgow con 15 años!". Marca. 
  13. Fleitas, Begoña (1 de marzo de 2019). "Salma Paralluelo, eliminada en los 400 metros en su debut en un Europeo absoluto". Marca. 
  14. "Tres estrellas brillan en Huelva: Yulimar Rojas, Denia Caballero y Salma Celeste Paralluelo". RFEA. 21 de xuño de 2019. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2023. Consultado o 30 de agosto de 2023. 
  15. Pérez, Ismael (26 de xullo de 2019). "Salma Paralluelo no encuentra rival en el FOJE". Runner's World. 
  16. "Day 6 - Results - Morning Session" (PDF). Baku 2019 - EYOF (en inglés). 27 de xullo de 2019. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de xullo de 2019. Consultado o 30 de agosto de 2023. 
  17. "European Athletics Team Championships - 400m Hurdles Women - Qualifying Rounds". European Athletics. 9 de agosto de 2019. 
  18. "European Athletics Team Championships - 4 x 400m Relay Women". European Athletics. 11 de agosto de 2019. 
  19. 19,0 19,1 "Salma Paralluelo sufre la rotura del ligamento de su rodilla y se pierde el Mundial de relevos". Marca. 19 de abril de 2021. 
  20. 20,0 20,1 Pola, Arturo (11 de xullo de 2022). "Salma Paralluelo ficha por el FC Barcelona y deja el atletismo". El Periódico de Aragón. 
  21. Menayo, David (2 de decembro de 2018). "España conquista el Mundial Sub'17 tras vencer a México en la final". Marca. 
  22. Menayo, David (29 de xuño de 2022). "Salma Paralluelo es baja para la Eurocopa por lesión". Marca. 
  23. Martín, Paula (29 de agosto de 2022). "España campeona del Mundo Sub20 por primera vez en la historia". Marca. 
  24. Martín, Paula (11 de novembro de 2022). "Salma encabeza una España de debutantes". Marca. 
  25. H. A. (19 de xullo de 2023). "Salma Paralluelo va al Mundial y Marta Cardona se queda fuera por sorpresa". Heraldo de Aragón. 
  26. Menayo, David (11 de agosto de 2023). "Salma hace soñar a España en grande". Marca. 
  27. "Visa Player of the Match: Salma Paralluelo". FIFA. 11 de agosto de 2023. 
  28. Menayo, David (15 de agosto de 2023). "Outra vez Salma Paralluelo". Marca. 
  29. "Visa Player of the Match: Salma Paralluelo". FIFA. 16 de agosto de 2023. 
  30. Parra, Pablo (20 de agosto de 2023). "Salma Paralluelo, mejor jugadora joven del torneo: "Soy la mujer más feliz del mundo"". Marca. 
  31. "Fallados los Premios Nacionales del Deporte 2018". Consejo Superior de Deportes. 27 de febreiro de 2019.