Sacheen Littlefeather

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sacheen Littlefeather
Nacemento14 de novembro de 1946
LugarSalinas
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educada enCalifornia State University, East Bay
Profesiónactriz
editar datos en Wikidata ]

Sacheen Littlefeather, nada como Marie Louise Cruz o 14 de novembro de 1946 en Salinas, no condado de Monterey (California), é unha actriz e activista dos dereitos civís dos Nativos Americanos.[1]

Littlefeather é máis coñecida por dar un discurso en nome do actor Marlon Brando declinando o Premio da academia ó mellor actor que gañaba polo seu papel na película O Padriño na cerimonia dos 45.os Premios da Academia o 27 de marzo de 1973, o cal foi tamén boicoteado pola prensa en protesta do tratamento ós Nativos Americanos pola industria cinematográfica. Na gala, lucíu un vestido Apache.

Littlefeather naceu en Salinas, California.[2] As súas raíces son Apache, Yaqui e Pueblo por parte de seu pai, polo lado de súa nai ten parte francesa, alemá e dinamarquesa. Na súa páxina web oficial, afirma que seu pai proviña dos apaches das Montañas Brancas e de tribos Yaqui de Arizona e que "Cruz" era o nome tribal recoñecido do mesmo.[3]

Activismo[editar | editar a fonte]

Como membro dos indios de Todas as Tribus, Littlefeather participou na ocupación da illa de Alcatraz por parte de activistas polos dereitos dos indios americanos en 1969.[4]

Controversia nos Premios da Academia[editar | editar a fonte]

Marlon Brando implicouse co movemento dos Indios Americanos (AIM) a principios da década dos 70. En 1973, decidiu posicionarse sobre o incidente ocorrido en Wounded Knee e contactou ó AIM para conseguir un membro que aceptase o Oscar no seu nome. Dennis Banks e Russell Means escolleron a Sacheen Littlefeather.

Littlefeather representou a Brando e o seu boicot ó premio Oscar de Mellor actor pola súa actuación de Don Vito Corleone no Padriño (1972) como protesta polos actos ocorridos en Wounded Knee e pola pouca representación por parte de Hollywood e da televisión dos Indios Americanos. Brando escribiu un discurso de 15 páxinas para que Littlefeather lese durante a cerimonia, pero cando o produtor a coñeceu no backstage, amenazouna con retirala fisicamente ou con ser arrestada se estaba en escena máis de 60 segundos. Os seus comentarios no escenario foron totalmente improvisados, máis tarde retirouse ó backstage e leu o comunicado enteiro á prensa. Na súa biografía "O meu mundo é a miña obriga", Roger Moore (o cal presentaba os premios e fora nomeado recentemente como o novo "James Bond, axente 007") di que el levou o Oscar á súa casa e que o mantivo na súa posesión ata que foi recollido por un garda armado mandado pola academia.

O incidente incitou á Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas a establecer reglas para o procedemento de aceptación dos premios.[5]

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • The Laughing Policeman (1973) (sen acreditación)
  • Counselor at crime (1973)
  • 45os premios anuais da academia (1973) (representando a Marlon Brando)
  • Freebie and the bean (1974) (sen acreditación)
  • AThe Trial of Billy Jack (1974)
  • Winterhawk (1975)
  • Johnny Firecloud (1975)
  • Shoot the Sun Down (1981)
  • Reel Injun (2009)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sacheen Littlefeather". Sacheen Littlefeather. Consultado o 2012-10-04. 
  2. "California Birth Index, 1905-1995 - Ancestry.com". Search.ancestry.com. 1905-07-01. Consultado o 2012-10-04. 
  3. Sacheen Cruz Littlefeather Biographical details
  4. James Stuart Olson.
  5. "Oscar Watch; Oscar takes a bow for legacy of controversy", Stephen Schaefer, Boston Herald, March 16, 2003