SARS-CoV

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
SARS-CoV

Imaxe de microscopio electrónico de transmisión dun virión do SARS
Clasificación científica
Grupo: Riboviria
Filo: incertae sedis
Orde: Nidovirales
Familia: Coronaviridae
Xénero: Betacoronavirus
Subxénero: Sarbecovirus
Especie: Coronavirus relacionado coa síndrome respiratoria aguda grave
cepa

Coronavirus da síndrome respiratoria aguda grave[1]

Sinonimia
  • Coronavirus da SARS

O SARS-CoV, do inglés "severe acute respiratory syndrome coronavirus" ou coronavirus da síndrome respiratoria aguda grave (tamén chamado SARS-CoV-1)[2] é unha cepa do virus SARSr-CoV, que causa a síndrome respiratoria aguda grave (SARS polas súas siglas en inglés).[3] É un virus de ARN monocatenario de sentido positivo con envoltura, que infecta as células epiteliais dos pulmóns.[4] O virus entra na célula hóspede ao unirse ao receptor da membrana celular ACE2 (enzima receptor da anxiotensina II).[5] Infecta humanos, morcegos e as civetas Paradoxurus.[6][7]

O 16 de abril de 2003, despois do gromo de SARS de 2002–2004 en Asia e casos secundarios en diversas partes do mundo, a Organización Mundial da Saúde (OMS) emitiu unha nota de prensa na que dicía que o coronavirus identificado por varios laboratorios era a causa oficial da SARS. Os CDC dos Estados Unidos e o Laboratorio Microbiolóxico Nacional (NML) do Canadá identificou o xenoma do SARS-CoV en abril de 2003.[8][9] Os científicos da Universidade Erasmus de Rotterdam, Países Baixos demostraron que o coronavirus da SARS cumpría os postulados de Koch confirmando que era o axente causante. Nos experimentos, os macacos infectados co virus desenvolveron os mesmos síntomas que as vítimas humanas da SARS.[10]

A pandemia da COVID-19 mostrou moitas semellanzas co gromo de SARS e o axente viral foi identificado como outra cepa do coronavirus relacionado coa SARS, o SARS-CoV-2. O SARS-CoV e o SARS-CoV-2 son dúas cepas pertencentes á especie vírica SARSr-CoV (coronavirus relacionado coa SARS).

SARS[editar | editar a fonte]

Micrografía electrónica de varrido de virións da SARS

A SARS ou síndrome respiratoria aguda grave é a doenza causada polo SARS-CoV. Causa unha enfermidade xeralmente grave caracterizada inicialmente por síntomas sistémicos como dor muscular, dor de cabeza e febre, seguidos en de 2 a 14 días polo inicio de síntomas respiratorios,[11] principalmente tose, dispnea e pneumonía. Outro síntoma común nos pacientes de SARS é unha diminución no número de linfocitos circulantes no sangue.[12]

No gromo da SARS de 2003, un 9% dos pacientes con infección confirmada por SARS-CoV morreron.[13] A taxa de mortalidade foi moito máis alta entre os que tiñan 60 anos, con taxas de mortalidade que se aproximaban ao 50% neste subconxunto de pacientes.[13]

Historia[editar | editar a fonte]

O 12 de abril de 2003, os científicos que traballan no Centro de Ciencias do Xenoma Michael Smith de Vancouver acabaron de mapar a secuencia xenética dun coronavirus que se cría que estaba ligado á SARS. O equipo estaba dirixido por Marco Marra e traballou en colaboración co Centro de Control de Enfermidades da Columbia Británica e o Laboratorio Microbiolóxico Nacional en Winnipeg, Manitoba, usando mostras de pacientes infectados en Toronto. O mapa, considerado pola OMS como un paso importante na loita contra a SARS, compartido con científicos de todo o mundo por medio da páxina web do Centro de Ciencias do Xenoma. Donald Low do Hospital Monte Sinaí en Toronto describiu o descubrimento como feito a "unha velocidade sen precedentes".[14] A secuencia do coronavirus da SARS foi desde entón confirmada por outros grupos independentes.

A finais de maio de 2003, os estudos de mostras tomadas de animais salvaxes vendidos como alimento no mercado local en Guangdong, China, atoparon unha cepa de coronavirus da SARS que podía illarse das civetas Paguma sp., pero os animais non sempre mostran signos clínicos. As conclusións preliminares eran que o virus da SARS cruzou a barreira xenográfica desde esa civeta aos humanos, polo que se mataron máis de 10 000 desas civetas na provincia de Guangdong. O virus foi despois atopado noutros carnívoros silvestres como Nyctereuteus sp. e Melogale spp., e mais en gatos domésticos. En 2005, dous estudos identificaron varios coronavirus de tipo SARS en morcegos chineses.[15][16]

As análises filoxenéticas deses virus indicaron unha alta probabilidade de que o coronavirus da SARS se tivese orixinado en morcegos e espallado a humanos de forma directa ou a través de animais vendidos en mercados chineses. Os morcegos non mostraron ningún signo visible de enfermidade, pero son os reservorios naturais probables dos coronavirus de tipo SARS. A finais de 2006, os científicos do Centro de Control e Prevención de Enfermidades chinés da Universidade de Hong Kong e o Centro de Control e Prevención de Enfermidaddes de Guangzhou estableceron a ligazón xenética entre os coronavirus da SARS que aparecían en civetas e humanos, confirmando as afirmacións de que os virus saltaran entre as especies.[17]

Viroloxía[editar | editar a fonte]

O coronavirus da SARS segue a estratexia de replicación típica da subfamilia dos coronavirus. O receptor primario en células humanas do virus é o enzima convertedor da anxiotensina 2 (ACE2), identificado en 2003.[18]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "ICTV Taxonomy history: Severe acute respiratory syndrome-related coronavirus" (html). International Committee on Taxonomy of Viruses (ICTV) (en inglés). Consultado o 27 January 2019. 
  2. Neeltje van Doremalen; Trenton Bushmaker; Dylan H. Morris; Myndi G. Holbrook; Amandine Gamble; Brandi N. Williamson; Azaibi Tamin; Jennifer L. Harcourt; Natalie J. Thornburg; Susan I. Gerber; James O. Lloyd-Smith; Emmie de Wit; Vincent J. Munster (17 March 2020). "Aerosol and Surface Stability of SARS-CoV-2 as Compared with SARS-CoV-1". The New England Journal of Medicine. doi:10.1056/NEJMc2004973. Consultado o 3 April 2020. 
  3. Thiel, V., ed. (2007). Coronaviruses: Molecular and Cellular Biology (1st ed.). Caister Academic Press. ISBN 978-1-904455-16-5. 
  4. Fehr, Anthony R.; Perlman, Stanley (2015). "Coronaviruses: An Overview of Their Replication and Pathogenesis". Coronaviruses. Methods in Molecular Biology 1282. Clifton, New Jersey, USA. pp. 1–23. ISBN 978-1-4939-2437-0. ISSN 1064-3745. PMC 4369385. PMID 25720466. doi:10.1007/978-1-4939-2438-7_1. O SARS-CoV infecta principalmente as células epiteliais do pulmón. O virus pode entrar en macrófagos e células dendríticas pero só produce unha infección abortiva [87,88]. 
  5. Xing-Yi Ge; Jia-Lu Li; Xing-Lou Yang; et al. (2013). "Isolation and characterization of a bat SARS-like coronavirus that uses the ACE2 receptor". Nature 503 (7477): 535–538. Bibcode:2013Natur.503..535G. PMC 5389864. PMID 24172901. doi:10.1038/nature12711. 
  6. Wong, Antonio C. P.; Li, Xin; Lau, Susanna K. P.; Woo, Patrick C. Y. (20 February 2019). "Global Epidemiology of Bat Coronaviruses". Viruses 11 (2): 174. ISSN 1999-4915. PMC 6409556. PMID 30791586. doi:10.3390/v11020174. Moi importante é que se atopou que os morcegos de ferradura eran o reservorio dos CoV tipo SARS, mentres que as civetas das palmas [Paradoxurus] son consideradas o hospede intermediario dos SARS-CoVs. 
  7. Li, Fang (October 2013). "Receptor recognition and cross-species infections of SARS coronavirus". Antiviral Research 100 (1): 246–254. ISSN 0166-3542. PMC 3840050. PMID 23994189. doi:10.1016/j.antiviral.2013.08.014. See Figure 6. 
  8. "Remembering SARS: A Deadly Puzzle and the Efforts to Solve It". Centers for Disease Control and Prevention. 11 April 2013. Arquivado dende o orixinal o 1 August 2013. Consultado o 3 August 2013. 
  9. "Coronavirus never before seen in humans is the cause of SARS". United Nations World Health Organization. 16 April 2006. Arquivado dende o orixinal o 12 August 2004. Consultado o 5 July 2006. 
  10. Fouchier, R. A.; Kuiken, T.; Schutten, M.; et al. (2003). "Aetiology: Koch's postulates fulfilled for SARS virus". Nature 423 (6937): 240. Bibcode:2003Natur.423..240F. PMC 7095368. PMID 12748632. doi:10.1038/423240a. 
  11. Chan-Yeung, M.; Xu, R. H. (November 2003). "SARS: epidemiology". Respirology (Carlton, Victoria, USA) 8 (Suppl): S9–S14. PMID 15018127. doi:10.1046/j.1440-1843.2003.00518.x. 
  12. Yang, M.; Li, C. K.; Li, K.; Hon, K. L.; Ng, M. H.; Chan, P. K.; Fok, T. F. (August 2004). "Hematological findings in SARS patients and possible mechanisms". International Journal of Molecular Medicine (review) 14 (2): 311–315. PMID 15254784. doi:10.3892/ijmm.14.2.311. Arquivado dende o orixinal o 2015-09-24. 
  13. 13,0 13,1 Sørensen, M. D.; Sørensen, B.; Gonzalez-Dosal, R.; Melchjorsen, C. J.; Weibel, J.; Wang, J.; Jun, C. W.; Huanming, Y.; Kristensen, P. (May 2006). "Severe acute respiratory syndrome (SARS): development of diagnostics and antivirals". Annals of the New York Academy of Sciences 1067 (1): 500–505. Bibcode:2006NYASA1067..500S. PMID 16804033. doi:10.1196/annals.1354.072. 
  14. "B.C. lab cracks suspected SARS code". Canada: CBC News. April 2003. Arquivado dende o orixinal o 2007-11-26. 
  15. Li, W.; Shi, Z.; Yu, M.; et al. (2005). "Bats are natural reservoirs of SARS-like coronaviruses". Science 310 (5748): 676–679. Bibcode:2005Sci...310..676L. PMID 16195424. doi:10.1126/science.1118391. 
  16. Lau, S. K.; Woo, P. C.; Li, K. S.; et al. (2005). "Severe acute respiratory syndrome coronavirus-like virus in Chinese horseshoe bats". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 102 (39): 14040–14045. Bibcode:2005PNAS..10214040L. PMC 1236580. PMID 16169905. doi:10.1073/pnas.0506735102. 
  17. "Scientists prove SARS-civet cat link". China Daily. 23 November 2006. Arquivado dende o orixinal o 14 June 2011. 
  18. Li, Wenhui; Moore, Michael J.; Vasilieva, Natalya; Sui, Jianhua; Wong, Swee Kee; Berne, Michael A.; Somasundaran, Mohan; Sullivan, John L.; Luzuriaga, Katherine; Greenough, Thomas C.; Choe, Hyeryun (November 2003). "Angiotensin-converting enzyme 2 is a functional receptor for the SARS coronavirus". Nature (en inglés) 426 (6965): 450–454. Bibcode:2003Natur.426..450L. ISSN 0028-0836. PMC 7095016. PMID 14647384. doi:10.1038/nature02145. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]