Coronaviridae

From Wikipedia
Jump to navigation Jump to search

Coronaviridae
Coronaviruses 004 lores.jpg
Clasificación científica
Grupo: IV (Virus ARN monocatenario positivo)
Orde: Nidovirales
Familia: Coronaviridae
Subfamilias e xéneros

Coronaviridae é unha familia de virus de ARN monocatenario de sentido positivo e con envoltura. O seu xenoma ten unha lonxitude de 26 a 32 kb. As partículas destes virus son esféricas e están tipicamente decoradas con grandes (~20 nm) proxeccións que saen da súa superficie con forma de maza ou pétalo, que son os “peplómeros” ou “espículas”, as cales na micrografías de microscopio electrónico crean unha imaxe que parece unha coroa solar. Moitos membros desta familia denomínanse comunmente coronavirus.

Viroloxía[edit | edit source]

Diagrama da estrutura dun virión de coronavirus

Os extremos 5' e 3' do seu xenoma teñen unha caparuza 5' e unha cola poli(A), respectivamente. A envoltura viral, que o virus toma ao evaxinarse das membranas do retículo endoplasmático e aparato de Golgi, invariablemente contén dúas glicoproteínas específicas do virus, chamadas S e M. A glicoproteína S constitúe as grandes proxeccións superficiais, mentres que a proteína M é unha proteína transmembrana que atravesa tres veces a membrana.

Taxonomía[edit | edit source]

A familia Coronaviridae está dividida en dúas subfamilias, 5 xéneros, 23 subxéneros e unhas 40 especies[1]:

Notas[edit | edit source]

  1. "Virus Taxonomy: 2018 Release" (html). International Committee on Taxonomy of Viruses (ICTV) (en inglés). Outubro de 2018. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 

Véxase tamén[edit | edit source]

Ligazóns externas[edit | edit source]