Macaco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Macacos
Macaca radiata
Macaca radiata
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Cercopithecidae
Subfamilia: Cercopithecinae
Tribo: Papionini
Xénero: Macaca
Lacépède, 1799
Especie tipo
Simia inuus
Linnaeus, 1766
Especies

Ver texto

Os macacos[1] (xénero Macaca) constitúen un xénero de monos do Vello Mundo da subfamilia Cercopithecinae, do que existen 23 especies en Asia e norte de África (e mais Xibraltar). Os macacos son principalmente fruxívoros, aínda que as súas dietas tamén inclúen sementes, follas, flores e codia de árbores e algúns, como Macaca fascicularis, aliméntanse de invertebrados e ocasionalmente pequenos vertebrados.

Descrición[editar | editar a fonte]

Despois do xénero Homo, o xénero Macaca é o xénero de primates máis estendido do mundo, que habita desde Xapón ao subcointinente Indio e no caso do Macaca sylvanus no norte de África (Magreb) e Xibraltar (a poboación de Xibraltar é introducida). Actualmente recoñécense 23 especies de macacos, incluíndo algúns dos monos máis coñecidos polo público, como o macaco rhesus (Macaca mulatta). Aínda que varias especies carecen practicamente de rabo, non teñen unha estreita relación cos simios superiores hominoideos, como os chimpancés ou gorilas, senón que pertencen a outra rama de primates.

Nalgunhas especies hai un pregamento cutáneo que une da segunda á quinta deda do pé, alcanzando á primeira articulación metatarsal.[2]

Femia adulta de M. thibetana cunha cría.

A pelaxe dos macacos vai do beixe ao negro, pasando por todos os tons de marrón.

Nalgunhas especies, a cara coloréase de rosa ou mesmo de vermello. Os macacos teñen abazóns (bolsas nas meixelas), onde almacenan alimentos para comelos despois, lonxe dos seus competidores. Os ollos téñenos situados frontalmente, proporciónanlles unha visión en tres dimensións semellante á dos humanos.

Os macacos posúen calosidades nas nádegas, que son dúas rexións córneas na zona do cu que lles permiten estar sentados durantre longo tempo, que é a posición que prefiren para descansar nas árbores. Os pés e as mans teñen uñas nos dedos en vez de garras, que lles permiten a súa locomoción arborícola ou no chan. Como todos os mamíferos, aleitan as crías coas súas dúas mamilas.

Certas especies de macacos pasan a maioría do seu tempo nas árbores. O seu rabo sérvelles para eqilibrarse e saltar de póla en póla. Non son moi pesados. Nas especies esencialmente arborícolas, a masa corporal dos machos vai de 5 a 9 kg. Outros macacos son máis terrestres en graos diversos. Algúns viven case sempre ao sol, outros alternan as fases arborícolas e terrestres. En calquera caso, desprázanse a miúdo polo chan e son máis pesados: os machos poden pesar entre 10 e 18 kg. Os seus rabos son a miúdo máis curtos e, nalgúns só uns poucos cm.

Os machos son meirandes que as femias e teñen grandes caninos, que non nos usan para alimentarse como os carnívoros, senón que son o resultado do que Charles Darwin chamou selección sexual: usados nas loitas entre machos e porque as femias prefiren os machos con caninos grandes.

Comportamento social[editar | editar a fonte]

O córtex premotor de macacos foi amplamente estudado.[3]

Todos os grupos sociais de macacos están estruturados arredor de femias matriarcais dominantes.[4] Os macacos teñen unha estrutura social e xerarquía moi complicada. Se un macaco de baixo nivel na cadea social comeu bagas e non queda ningunha para o macaco de nivel superior, entón o de maior status pode, dentro da súa organización social, sacar as bagas da boca do outro mono.[5]

Relación cos humanos[editar | editar a fonte]

Varias especies de macacos son amplamente utilizadas en probas feitas con animais, especialmente en neurociencia da percepción visual e do sistema visual.

Case todos (73-100%) dos macacos rhesus tidos como mascotas ou en catividade son portadores do virus herpes B. Este virus é inofensivo para os macacos, pero causa infeccións en humanos, que en casos raros poden ser mortais, un risco que fai que os macacos sexan mascotas pouco adecuadas.[6]

Os macacos poden portar tamén o virus escumoso simio, o que suxire que poderían estar implicados en saltos de especie a especie de retrovirus similares aos humanos.[7]

Especies[editar | editar a fonte]

Xénero Macaca

  • Grupo de M. sylvanus
  • Grupo de M. nemestrina
    • M. silenus
    • M. nemestrina
    • M. leonina
    • M. pagensis
    • M. siberu
    • M. maura
    • M. ochreata
    • M. tonkeana
    • M. hecki
    • M. nigrescens
    • M. nigra
  • Grupo de M. fascicularis
    • M. fascicularis (macaco cangrexeiro)
    • M. arctoides
  • Grupo de M. mulatta
    • M. mulatta (macaco rhesus)
    • M. cyclopis
    • M. fuscata (macaco xaponés)
  • Grupo de M. sinica
    • M. sinica
    • M. radiata
    • M. assamensis
    • M. thibetana
    • M. munzala
    • M. leucogenys[8]

Especies fósiles:

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Macaco.
  2. Ankel-Simons, Friderun (2000). "Hands and Feet". Primate anatomy: an introduction. Academic Press. p. 340. ISBN 0-12-058670-3. 
  3. Boussaoud, D.; Tanné-Gariépy, J.; Wannier, T.; Rouiller, E. M. (2005). "Callosal connections of dorsal versus ventral premotor areas in the macaque monkey: A multiple retrograde tracing study". BMC Neuroscience 6: 67. PMC 1314896. PMID 16309550. doi:10.1186/1471-2202-6-67. 
  4. John G. Fleagle (8 March 2013). Primate Adaptation and Evolution. Academic. p. 123. ISBN 978-0-12-378633-3. 
  5. "The Life of Mammals" Hosted by David Attenborough, 2003 British Broadcasting Corporation. BBC Video
  6. Ostrowski, Stephanie R.; et al. "B-virus from Pet Macaque Monkeys: an Emerging Threat in the United States?". Emerging Infectious Diseases (Centers for Disease Control and Prevention (CDC)) 4 (1): 117–121. doi:10.3201/eid0401.980117. Consultado o January 2010. 
  7. University of Toronto - News@UofT - Performing monkeys in Asia carry viruses that could jump species to humans (Dec 8/05) [1]}}
  8. Li, C.; Zhao, C.; Fan, P. (25 Mar 2015). "White-cheeked macaque (Macaca leucogenys): A new macaque species from Modog, southeastern Tibet". American Journal of Primatology 77: 753–766. doi:10.1002/ajp.22394. 
  9. Hartwig, Walter Carl (2002). The primate fossil record. Cambridge University Press. p. 273. ISBN 0-521-66315-6. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]