Heliogábalo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Heliogábalo
Bust of Elagabalus - Palazzo Nuovo - Musei Capitolini - Rome 2016 (2).jpg
Nacemento 20 de marzo de 203
  Roma
Falecemento 11 de marzo de 222
  Roma
Nacionalidade Roma Antiga
Ocupación político
Pai Sexto Vário Marcelo
Nai Júlia Soémia
Cónxuxe Ânia Faustina, Júlia Cornélia Paula e Aquília Severa
Fillos Alexandre Severo
editar datos en Wikidata ]

Sextus Varius Avitus Basianus, Heliogábalo, nado en Emessa, Siria, no 204 e finado en Roma no 222, foi un emperador romano. Era neto do fundador da dinastía dos Severos. Fillo de Sexto Vasiano e Xulia Soemias, adoptou o nome de Marcus Aurelius Antoninus para gobernar, xa que se comprometera diante do Senado a manter e seguir o exemplo de Marco Aurelio no seu goberno.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nomeamento[editar | editar a fonte]

A morte de Caracalla e o nomeamento de Macrino como emperador deixou os Severos fora do poder. A rexente en Roma en ausencia de Caracalla era a súa nai, Xulia Maesa que, diante do nomeamento de Macrino, dedicouse a tratar a volta dos seus ao poder. Convenceu ao Senado de que Sexto Vario era fillo de Caracalla, aínda que con iso deixara a súa propia filla coma unha adúltera, pero era o herdeiro do Imperio. Aínda que o seu neto só tiña 14 anos, foi aceptado como tal e os partidarios de Caracalla, e a política de Macrino en Oriente, onde se atopaba combatendo contra os partos, fixeron que as lexións nomearan a Sexto como emperador. Coa batalla de Nisibis, a sorte do imperio quedou en mans de Heliogábalo.

Mandato[editar | editar a fonte]

O novo emperador era un ardente seguidor da relixión siria, e fora sacerdote do deus sol Heliogabálo o Elágabalus no xeito latino, nome co que se coñecía tamén en Roma. Este deus era adorado en Emessa en forma dunha pedra negra, posibelmente un meteorito, e cando foi para Roma, a pedra do seu deus levouna, para depositala no Palatino, e proclamar a Baal de Emessa deus supremo do Imperio e a el como a súa encarnación.

A súa nai desprázase con el a Roma, e dende entón levou unha vida de luxo e dedicada a todo tipo de praceres e xunto coa súa avoa Xulia Maesa foron os auténticos gobernantes do Imperio.

Heliogábalo foi un homosexual declarado e tivo unha longa sucesión de noivos, aos que tentaba dar importantes postos no goberno do Imperio, con grande desgusto das clases altas de Roma e dos senadores. Destacou entre estes noivos un tal Hierocles, un auriga forte e alto, ao que tentou de conseguir que nomeasen como emperador, sendo Heliogábalo a emperatriz.

Aínda así, tivo tres esposas. A primeira delas foi Xulia Cornelia Paula, coa que casou no 219. Pero a pesar de que formulou a voda como unha unión entre deuses, el seria Baal e Xulia representaba a Tanit, este matrimonio non durou nin un ano, divorciándose dela alegando defectos físicos. A súa segunda esposa foi Xulia Aquilia Severa, que era unha virxe vestal, o que na sociedade romana foi un grande escándalo, xa que as vestais representaban o fogar e o matriarcado romano, e foi forzada ao matrimonio. Pero para o emperador era unha tentación moi grande o casar un sacerdote de Baal, el, e unha sacerdotisa virxe, pero para o pobo de Roma foi un autentico sacrilexio. Pero chegou pronto o divorcio e o emperador casa de novo con Annia Faustinia, bisneta de Marco Aurelio, pero este matrimonio aínda foi mais curto, para volver a casar con Xulia Aquilia.

Mentres tanto o proceso de orientalización continuaba imparábel, e as perversións sexuais e as orxías que se facían no pazo imperial eran multitudinarias mentres a xente da súa confianza chegaba a unhas altas cotas de corrupción.

Foi neste intre cando a súa avoa, Xulia Maesa, comprendeu que non era o home axeitado para perpetuar a dinastía e, coa oposición da súa nai, Xulia Soemias, conseguiu que Heliogábalo nomease o seu primo Alexandre Severo como o seu sucesor, xa que no pouco tempo que levaba no poder xa tiña na súa contra ao Senado, ao pobo de Roma e aos pretorianos.

Heliogábalo aceptou nun primeiro intre, pero ante a negativa da súa tía Xulia Maesa de que el influíse na educación do cativo, tenta o asasinato da súa avoa, da súa tía e o seu primo, que teñen que ser protexidos polos pretorianos, e obrigan a Heliogábalo a aceptar a situación. Acepta, pero logo tenta de novo o asasinato.

Os pretorianos, xa cansos desta situación, nomean emperador a Alexandre Severo, asaltan o pazo imperial e asasinan nos baños a Heliogábalo e a súa nai, Xulia Soemias, que son arrastrados polas rúas da cidade e máis tarde botan os seus cadáveres ao río Tíber, con grande alborozo do pobo romano, que celebrou con festas o fin do emperador. Era o mes de marzo do 222 e Heliogábalo só tiña 18 anos.

Imperio Romano

Segue a:
Macrino
Heliogábalo
Precede a:
Alexandre Severo
Severos