Probo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Probo
Probus10.jpg
Efixie de Probo nunha moeda romana (antoniniano) da época do Imperio romano
Nome completoMarcus Aurelius Probus
Nacemento9 de agosto de 232
 Sirmium
Falecemento282
 Sirmium
NacionalidadeRoma Antiga
Relixiónrelixión na Roma antiga
Ocupaciónpolítico
Períodoentre o 276 e o 282
editar datos en Wikidata ]

Marcus Aurelius Probus, nado en Sirmium (Pannonia) no ano 237 e finado preto desa mesma vila no ano 282, foi un militar e político do Imperio Romano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha humilde familia. Dende novo amosara o seu valor, xa que fora elixido tribuno militar por Valeriano. Cos emperadores Claudio II, Aureliano e Tácito participou en diversas campañas. Era xeneral e Prefecto de oriente, e trala morte de Marco Claudio Tácito as lexións de Siria non aceptaron o nomeamento de Floriano como emperador. Probo Enfrontouse a Floriano, que quedara loitando contra os bárbaros en Occidente. A táctica deste era deixar pasar o tempo, pero moitos lexionarios pásanse ó bando de Probo, e Floriano morreu asasinado polas súas tropas. O Senado apresurouse a aceptalo e nomealo emperador no 276.

Probo enfróntase con éxito a tódalas invasións dos godos, os vándalos, os francos e os burgundios, pobos de orixe escandinava que pasaran á Xermania e agora facían incursións na Galia. Así a todo, pactou con algúns grupos para que se establecesen nos limes do imperio, a cambio de que loitasen contra as invasións doutros pobos.

Negociou a paz con Persia, venceu os sármatas no norte e os isauros no leste e, unha vez conseguida a estabilidade e a paz, dedicouse a proxectar e construír numerosas obras públicas. Rematou en Roma a muralla de Adriano e dispuxo dalgunhas reformas que en tempos de Diocleciano se viron rematadas.

Puxo o exército a facer labores civís. Os lexionarios empezaron por limpar canles de rego nas terras de labranza para abastecer o imperio do necesario gran. Pero, este labor non esta moi ben vista por moitos destes, que consideraban un traballo aldraxante para un soldado. Preto de Sirmium, a cidade natal do emperador, nunha mañá en que estaba a pasear o emperador, un grupo de soldados deulle morte. Con el morre un dos mellores emperadores do século III, sendo tamén moi apreciado polo pobo de Roma e o Senado. O elixido para substituílo foi Marco Aurelio Caro

Imperio Romano

Segue a:
Tácito
Probo
Precede a:
Caro
Emperadores Ilirios