Rosalía Dans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rosalía Dans
Nome completoRosalía Collazo Dans
Nacemento1 de xullo de 1955 (63 anos)
LugarA Coruña, Galicia Galiza
NacionalidadeEspaña
ProfesiónActriz, escritora, pintora
http://rosaliadans.com
editar datos en Wikidata ]

Rosalía Collazo Dans, nada na Coruña o 1 de xullo de 1955, é unha actriz, poeta e pintora galega, coñecida artisticamente como Rosalía Dans.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É filla da pintora María Antonia Dans[1] e do escritor Celso Collazo Lema. Iniciouse no audiovisual na serie de TVE Los gozos y las sombras, onde interpretou a Rosario la Galana.[2] Posteriormente apareceu noutras series de televisión como Goya (1985), Las aventuras de Pepe Carvalho (1986) ou Lorca, muerte de un poeta (1987). Participou en varios filmes, como Amanece, que no es poco (José Luis Cuerda, 1989), La gran comedia (Juan Pinzás), Gallego (Manuel Octavio Gómez) ou La seducción del caos (Basilio Martín Patino).

Foi portada das revistas Fotogramas en novembro de 1975, e Interviú, en setembro de 1982.

Como pintora fixo a súa primeira exposición en 1986. En 2009 publicou La amatista, o seu primeiro libro de poemas[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fallece la pintora gallega María Antonia Dans", artigo en El País, 17 de febreiro de 1988 (en castelán) (consultado o 30 de outubro de 2011).
  2. Rosario - Rosalía Dans en RTVE, 19 de xuño de 2008 (en castelán).
  3. "Rosalía Dans: pintora, actriz y también poeta", artigo en El Correo Gallego, 26 de febreiro de 2009 (en castelán) (consultado o 30 de outubro de 2011).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]