Saltar ao contido

Galego (filme de 1988)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Galego
 Título
    Gallego (es) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Cor
 Xénero artístico
 Ambientado en
 Época ambientación
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a
 Director/a
 Compositor/a
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
Datas
 Data de publicación
1988 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Custo
   130.000.000 ₧ Editar o valor en Wikidata
 Duración
   116 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
IMDB: tt0093069 Filmaffinity: 344941 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Galego (en castelán: Gallego) é un filme de produción galego-cubana de 1988, dirixido por Manuel Octavio Gómez.

Está baseada na novela Gallego, do escritor cubano Miguel Barnet, e narra a vida dun emigrante galego, Manuel (Sancho Gracia), na Habana, dende a década de 1910 ata a Revolución Cubana.[1]

Argumento

[editar | editar a fonte]

Manuel, un mozo dunha aldea galega, decide emigrar a Cuba buscando un mellor porvir. Na viaxe en barco coñece a José Gundín, outro emigrante galego co que trabará unha amizade para toda a vida. Na Habana traballarán en diversos oficios sen demasiada fortuna e vivirán os acontecementos sociais e políticos da illa.

Produción

[editar | editar a fonte]

Baseouse na novela Gallego, do escritor cubano Miguel Barnet. Foi rodada en diversas localizacións da provincia de Pontevedra como Mondariz e Ponteareas, así como en Madrid e A Habana, cidade na que transcorre a maior parte do filme. O filme, financiado na súa maior parte polo ICAIC cubano, custou uns 130 millóns de pesetas, 50 dos cales foron achegados pola Televisión de Galicia.[2]

O seu director, o cubano de orixe galega, Manuel Octavio Gómez, faleceu un mes antes da estrea do filme. A estrea mundial realizouse en Santiago de Compostela o 25 de febreiro de 1988, coas presenzas do presidente da Xunta, Fernando González Laxe e do ministro de Cultura de Cuba Armando Hart.[3]

  1. "Miguel Bamet, un solitario enamorado de Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de febreiro de 1988.
  2. "«Gallego», la crónica épica y cinematográfica de la emigración a Iberoamérica, en claves cubanas". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 25 de febreiro de 1988. p. 72.
  3. "El presidente de la Xunta asistió al estreno de la película «Gallego»". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de febreiro de 1988. p. 73.