Amanece, que no es poco
| Amanece, que no es poco | |||
|---|---|---|---|
|
Título
| |||
|
Instancia de
| |||
|
Xénero
| |||
|
Lingua orixinal
| |||
| Autoría | |||
|
Director/a
| |||
|
Compositor/a
| |||
|
Guionista
| |||
|
Actores
Antonio Resines
Enrique San Francisco Violeta Cela Rosalía Dans Cassen Rafael Alonso Queta Claver Pastora Vega Fedra Lorente María Isbert Carmen de Lirio Gabino Diego Tito Valverde Aurora Bautista Luis Ciges Manuel Alexandre Miguel Rellán César García José Sazatornil Chus Lampreave Tiko Ovidi Montllor Arturo Bonín | |||
| Temática | |||
|
Ambientado en
| |||
| Publicación | |||
|
Data de publicación
| |||
| Dimensións | |||
|
Duración
| |||
| Localización | |||
| |||
| Fontes e ligazóns | |||
| Wikidata |
Amanece, que no es poco é un filme español escrito e dirixido por José Luis Cuerda no ano 1989.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Trátase dun filme coral de humor absurdo, cun guión surrealista cheo de situacións de humor delirante nunha aldea da montaña de Albacete.
Un mozo enxeñeiro español que traballa na Universidade de Oklahoma regresa ao seu país natal para gozar dun ano sabático. Xunto ao seu pai, chega a unha remota aldea de montaña que parece deshabitada, aínda que en realidade tódolos veciños están en misa, como cada día do ano.
Rodaxe
[editar | editar a fonte]Foi gravada nas localidades albaceteñas de Molinicos, Aýna e Liétor, en cuxa idiosincrasia popular está baseado a súa liña argumental. Varios dos seus habitantes tiveron a oportunidade de saír no filme como extras. O alborexar, escena final da obra, está rodada no Pico de la Miel, na Serra Norte de Madrid.
Elenco
[editar | editar a fonte]- José Sazatornil, como o cabo Gutiérrez.
- Antonio Resines, como Teodoro.
- Luis Ciges, como o pai de Teodoro.
- Casto Sendra Cassen, como o cura párroco.
- Aurora Bautista, como a Pádington, muller de Bruno.
- Enrique San Francisco, como Cascales.
- Pastora Vega, como a labrega que sementa un home.
- Chus Lampreave, como a señora Catalina Álvarez.
- Manuel Alexandre, como Paquito, o pai do cura e levitador.
- María Isbert, como Adelaida.
- Miguel Rellán, como Carmelo.
- Guillermo Montesinos, como o suicida.
- Rafael Alonso, como o Alcalde.
- Antonio Gamero, como o feirante.
- Gabino Diego, como portavoz estadounidense.
- Ovidi Montllor, como Pascual.
- Carmen de Lirio, como dona Rocío.
- Queta Claver, como dona Remedios.
- Fedra Lorente, como Susan.
- Violeta Cela, como Mercedes.
- Fernando García Valverde (Tito Valverde), como o labrego intelectual.
- Ferran Rañé, como Mariano.
- Arturo Bonín, como Bruno.
- Paco Hernández, como don Roberto, o mestre.