Ronan O'Gara
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 7 de marzo de 1977 (47 anos) San Diego, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | University College Cork | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 183 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 83 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | xogador de rugby, rugby union coach (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1997 - 2013 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Compañeiro profesional | Peter Stringer | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Illa de Irlanda | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | rugby a 15 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Fly-half (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ronan John Ross O'Gara, nado o 7 de marzo de 1977 en San Diego (California), é un xogador de rugby irlandés que xoga no posto de apertura no Munster Rugby e na Selección de rugby de Irlanda. É o máximo anotador da historia de Munster e Irlanda, tamén xogou cos British and Irish Lions.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ronan O'Gara naceu en San Diego, onde seu pai Fergal traballaba como mestre de microbioloxía, e que foi tamén xogador do equipo da UCG en Connacht. Estudou no Presentation Brothers College de Cork e gañou unha medalla da Junior Cup en 1992 e outra na Senior Cup en 1995. Xogou no UCC e gañou unha medalla do All-Ireland Under-20 en 1996.
Munster
[editar | editar a fonte]A conversión de Ronan O'Gara no último minuto fronte a Gloucester o 18 de xaneiro de 2003 axudou a Munster a gañar por 27 puntos que lle serviu para clasificarse para os cuartos de final da Heineken Cup; este partido é coñecido polos seareiros do Munster como o Miracle Match (partido do milagre).
Xogou no equipo de Munster que gañou o título da Heineken Cup 2006. O 20 de maio de 2006, O'Gara pateou 13 puntos na histórica final do equipo irlandés que supuxo o seu primeiro título da Heineken Cup ante Biarritz Olympique no Millennium Stadium de Cardiff.[1]
O 21 de outubro de 2006, O'Gara tirou un penalty no último minuto que lle deu a vitoria a Munster por 21-19 ante Leicester Tigers na primeira volta da fase de grupos da Heineken Cup en Welford Road.
Formou parte do equipo de Munster que gañou a Heineken Cup 2008.[2] O 19 de xaneiro do 2008, O'Gara liderou a Munster na súa vitoria fronte aos London Wasps no seu partido final da fase de grupos da Heineken Cup 2008, pasando a cuartos de final como primeiro do seu grupo (6º do total de clasificados), o que supuxo a súa presenza nos cuartos de final por décima tempada consecutiva. O 24 de maio de 2008, O'Gara gañou a súa segunda medalla de campión da Heineken Cup ao anotar 11 puntos na final contra o Stade Toulousain, novamente no Millennium Stadium de Cardiff por 16-13.
O'Gara anotou un penalty na vitoria fronte ao US Montauban no primeiro partido da Heineken Cup 2008-09, e o primeiro partido da Heineken Cup no novo Thomond Park.[3] O 13 de decembro de 2008, O'Gara converteuse no primeiro e único xogador en superar os 1000 puntos na Heineken Cup cando anotou a conversión fronte ao Clermont Auvergne e pasar de 999 puntos a 1001.
Polas súas calidades tácticas é considerado un dos mellores aperturas do mundo. A súa defensa e o seu individualismo foron cuestionados no pasado. O 3 de febreiro do 2009 bateu o récord de puntos totais da Heineken Cup (1017) en 81 partidos. Tamén bateu o récord de tiros a paus con 359. Converteuse no máximo anotador do Munster, anotando 1725 puntos ata o 3 de febreiro de 2009.
Irlanda
[editar | editar a fonte]Foi seleccionado por primeira vez para un partido do Seis Nacións en febreiro do 2000 nun partido que enfrontou a Irlanda e a Escocia. O'Gara anotou tódolos puntos de Irlanda na súa vitoria 18-9 fronte a Australia en Lansdowne Road nos Autumn Tests do 2002. Formou parte do equipo nacional irlandés na Copa do Mundo de Rugby 2003.
O'Gara anotou tódolos puntos de Irlanda na súa vitoria por 17-12 fronte aos Springboks en Lansdowne Road o 13 de novembro do 2004. Dúas semanas despois pateou un drop no último minuto que lle deu a vitoria a Irlanda fronte a Arxentina por 21-19. Como no test fronte aos Springboks, O'Gara anotou tódolos puntos de Irlanda. Foi nomeado man-of-the-match nos dous partidos e no 2004 foi nomeado deportista do ano pola RTE.
No 2006 O'Gara superou como máximo anotador de Irlanda a David Humphreys. Esa mesma tempada gañou con Irlanda a Tripla Coroa no Seis Nacións 2006.
O 11 de febreiro do 2007, O'Gara anotou os primeiros puntos no primeiro ensaio internacional en Croke Park na derrota fronte a Francia no Seis Nacións 2006. O 10 de marzo de 2007, O'Gara volveu anotar tódolos puntos de Irlanda na vitoria fronte a Escocia por 19-18 en Murrayfield, Edimburgo, que supuxo a consecución da Tripla Coroa. Formou parte do equipo de Irlanda na Copa do Mundo de Rugby 2007.
O 9 de febreiro de 2008 converteuse no oitavo xogador na historia que superou os 800 puntos, superando a marca na derrota de Irlanda fronte a Francia no Seis Nacións. O 11 de marzo de 2008 foi nomeado capitán da súa selección por primeira vez na súa carreira, liderando o equipo no Seis Nacións fronte a Inglaterra en Twickenham.
O 14 de marzo de 2009 superou a Johnny Wilkinson e converteuse no máximo anotador do Torneo das Seis Nacións. No 2009 anotou un drop para vencer a Gales que supuxo ademais a consecución do primeiro Grand Slam en 61 anos para Irlanda.[4] Esa foi a cuarta Tripla Coroa que conseguiu coa súa selección.
Ronan O'Gara é tamén o sexto máximo anotador na historia do rugby internacional, e o 14 de marzo do 2009 converteuse no máximo anotador de tódolos tempos do Seis Nacións, anotando un penalti fronte a Escocia na vitoria do equipo irlandés por 15-22 en Murrayfield Stadium.[5].
British and Irish Lions
[editar | editar a fonte]Foi convocado nas xiras dos British and Irish Lions de 2001 en Australia e 2005 en Nova Zelandia, mais non xogou en ningún dos partidos desas xiras.[6]
O 21 de abril do 2009 foi convocado polos British and Irish Lions para a súa xira dese mesmo ano por Suráfrica.[7] O 30 de maio do 2009, O'Gara anotou 22 puntos incluído un ensaio no partido inaugural da xira dos Lions en Suráfrica fronte ao Royal XV.
Outros datos
[editar | editar a fonte]No 2008 publicou "Ronan O'Gara: My Autobiography". Foi escrita en colaboración con Denis Walsh, da edición irlandesa do The Sunday Times.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://news.bbc.co.uk/sport2/hi/rugby_union/european/4998452.stm%7Ctitle=Munster[Ligazón morta] 23-19 Biarritz
- ↑ http://news.bbc.co.uk/sport2/hi/rugby_union/7408444.stm%7Ctitle=2008[Ligazón morta] Heineken Cup final
- ↑ http://www.irishtimes.com/newspaper/sport/2008/1011/1223676792915.html%7Ctitle=The[Ligazón morta] Irish Times
- ↑ http://news.bbc.co.uk/sport2/hi/rugby_union/7954758.stm%7Ctitle=2009[Ligazón morta] Six Nations
- ↑ http://news.bbc.co.uk/sport1/hi/rugby_union/7941772.stm%7Ctitle=2009[Ligazón morta] Six Nations
- ↑ http://www.munsterrugby.ie/8330_8333.php?player=3902&includeref=dynamic%7Ctitle=Munster[Ligazón morta] Profile
- ↑ http://www.lionsrugby.com/7404.php%7Ctitle=British[Ligazón morta] & Irish Lions tour squad announced