Peter Stringer
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 13 de decembro de 1977 (46 anos) Cork, Irlanda | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Irlanda | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Presentation Brothers College (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 170 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 73 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | xogador de rugby | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1998 - 2018 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | rugby a 15 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Scrum-half (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Peter Alexander Stringer, nado en Cork o 13 de decembro de 1977, é un xogador de rugby irlandés que xoga de medio de melé no Munster e con Irlanda. É un dos xogadores de rugby máis recoñecidos a pesar de medir tan só 1,70 m de estatura e pesar en torno aos 70 kg [1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Peter Stringer forma parte do Munster Rugby dende 1998. En febreiro do 2000 debutou coa selección irlandesa fronte a Escocia na edición do ano 2000 do Torneo das Seis Nacións.
En rebreiro do 2006 anotou o ensaio definitivo[2] para Irlanda fronte a Gales na vitoria irlandesa por 31-5 fronte ao XV galés no Torneo das Seis Nacións 2006. Tamén xogou un papel fundamental na Heineken Cup conquistada polo Munster na tempada Copa de Europa de rugby 2005-2006, cando anotou o ensaio da vitoria e foi nomeado Man of the Match na final disputada fronte ao Biarritz que finalizou co resultado de 19-23 no Millennium Stadium de Cardiff (Gales) [3] e tamén nesta mesma competición, na tempada 2007-08.[4]
Na fase de grupos da Heineken Cup 2007-08 dirixiu 33 fases do Munster ante o Llanelli Scarlets durante máis de 5 minutos ata o final do partido que gañarían os irlandeses en Llanelli (Gales) por 16-29.[5]
Equipos | Tempadas | Títulos |
Munster Rugby | 1998 - | 2 Heineken Cup (2005-06 e 2007-08), 1 Magners League (2002-03) |
XV do Trevo | 2000 - | 1 Torneo das Seis Nacións (2009) |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2007. Consultado o 05 de decembro de 2010.
- ↑ Ireland 31-5 Wales, BBC Sport
- ↑ "Munster 23-19 Biarritz" (en inglés). 2006-05-20. Consultado o 2023-01-21.
- ↑ Heineken Cup final[Ligazón morta], BBC Sport
- ↑ Munster Rugby 33 phases, Youtube.com