Saltar ao contido

Croke Park

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Croke Park
Dublín Editar o valor en Wikidata
Croke Park
 Instancia de
Persoas e organizacións
 Ocupante
 Propietario/a
Datas e cronoloxía
 Inauguración
Dimensión
Capacidade82.300 e 76.534 Editar o valor en Wikidata
Capacidade máxima82.300 e 76.534 Editar o valor en Wikidata
Tipo superficiecéspede Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 País
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Redes
Twitter: crokepark Instagram: crokepark_official Youtube: UC-S7tfL1IWLE8sKOpnt4d3Q Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Croke Park (en irlandés: Páirc an Chrócaigh) é un estadio situado en Dublín, Irlanda. É o recinto deportivo máis grande do país e o campo principal e sede central da Gaelic Athletic Association (Asociación de Deportes Gaélicos), a máis grande organización deportiva irlandesa.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Dende 1884 este lar foi utilizado pola GAA para acoller xogos Gaélicos, coma por exemplo as finais de do campionato de Irlanda de fútbol gaélico ou de hurling. En 1920 tivo lugar o Domingo Sanguento, no que as tropas británicas dispararon á multitude que fora mirar o partido entre Dublín e Tipperary.

O "Crocker", como é popularmente coñecido, tamén acolle concertos de música e actos importantes a nivel internacional coma, por exemplo, as cerimonias de apertura e clausura dos Special Olympics de verán de 2003. Durante a reforma do estadio de Lansdowne Road (que se converterá no Aviva Stadium) o estadio tamén acolle á Selección de rugby de Irlanda é a selección fútbol.

Cerimonia dos Special Olympics de 2003.

Seguindo un programa de desenvolvemento comezado nos anos 90 do século XX, Croke Park aumentou a súa capacidade até 82.300 espectadores[1], converténdoo no cuarto estadio de Europa en capacidade e o actualmente maior estadio do Torneo das Seis Nacións, seguido de preto polo Twickenham Stadium.

Croke Park tamén acolleu en 1972 un combate de boxeo entre Muhammad Ali e Alvin Lewis.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]