Saltar ao contido

Robinson Crusoe

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Robinson Crusoe
Imaxe
 Instancia de
 Título
The Life and Strange Surprizing Adventures of Robinson Crusoe, of York, Mariner: Who lived Eight and Twenty Years, all alone in an un-inhabited Island on the Coast of America, near the Mouth of the Great River of Oroonoque; Having been cast on Shore by Shipwreck, wherein all the Men perished but himself. With An Account how he was at last as strangely deliver'd by Pyrates. Written by Himself... (en)
Жизнь, необыкновенные и удивительные приключения Робинзона Крузо, моряка из Йорка, прожившего двадцать восемь лет в полном одиночестве на необитаемом острове у берегов Америки близ устьев реки Ориноко, куда он был выброшен кораблекрушением, во время которого весь экипаж корабля, кроме него, погиб, с изложением его неожиданного освобождения пиратами; написанные им самим. (ru)
Przypadki Robinsona Cruzoe (pl) Editar o valor en Wikidata
Características
 Forma artística
 Ambientado en
 Personaxes
 Edicións
(30 de setembro de 2014) Robinson Crusoe en lingua inglesa Penguin Classics
(29 de abril de 2003) Robinson Crusoe en lingua inglesa Penguin Classics
(12 de xuño de 2001) Robinson Crusoe en lingua inglesa Modern Library
(1969) Robinson Crusoe en lingua castelá
(1935) Q106991874 Traducir en lingua rusa
(1926) Robinson Crusoe (en) Traducir en lingua sueca
(1885) The life and strange adventures of Robinson Crusoe, of York, mariner (en) Traducir en lingua inglesa Houghton Mifflin Harcourt
(1880) Q106991891 Traducir en lingua rusa
(1871) Den verklige Robinson Crusoe's lefverne och äfventyr, samt tjuguåttaåriga vistande på en obebodd ö (en) Traducir en lingua sueca
(1867) Robinson Crusoe: in words of one syllable (en) Traducir en lingua inglesa
(1850) Q28361506 Traducir en lingua francesa
(1836) Q78639046 Traducir en lingua francesa
(1811) The life and most surprising adventures of Robinson Crusoe (en) Traducir en lingua inglesa
(1811) Q106991913 Traducir en lingua rusa
(1787) Q78637128 Traducir en lingua francesa
(1775) Q106991816 Traducir en lingua rusa
(1765) Q28343391 Traducir en lingua francesa
Q28343102 Traducir
Q28342430 Traducir
Q78651657 Traducir en lingua polaca
Q78651536 Traducir en lingua coreana
Podivuhodné příhody Robinsona na pustém ostrově en lingua checa
Malý Robinson (en) Traducir en lingua checa
Q15056552 Traducir en lingua ucraína
Q78651438 Traducir en lingua castelá
Robinson Krusoe (en) Traducir en lingua checa
Robinson (en) Traducir en lingua checa
Robinson Krusoe. Cesty a příhody Robinsonovy na zemi i na moři (en) Traducir en lingua checa
Q78651161 Traducir en esperanto
Robinson Crusoe (en) Traducir en lingua inglesa
Avventure di Robinson Crusoe (en) Traducir en lingua italiana Editar o valor en Wikidata
 Lingua
Implicados
 Autor/a
 Ilustrador/a
Datas
 Período
 Data de publicación
25 de abril de 1719 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Sucedido por
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF175804708 Editar o valor en Wikidata
Goodreads604666 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL17706876W Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0ff18 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX3383713
Wikidata G:Commons C:Commons

Robinson Crusoe[1][2] é unha novela do escritor Daniel Defoe, publicada por vez primeira o 25 de abril de 1719. A primeira edición acredita ó protagonista da obra, Robinson Crusoe, como o autor, o que levou a moitos lectores a crer que se trataba dunha persoa real e que o libro era unha crónica de acontecementos reais.[3]

Presentado dun xeito epistolar, confesional e didáctico, o libro é como unha autobiografía do personaxe principal (cuxo nome de nacemento é Robinson Kreutznaer), un náufrago que pasa 28 anos nunha illa deserta preto de Trinidad, onde se encontra con caníbales, presos e amotinados antes de ser rescatado. Crese que a historia pode estar baseada na vida de Alexander Selkirk, un náufrago escocés que viviu durante catro anos nunha illa do Pacífico chamada "Más a Tierra", hoxe parte de Chile, que foi renomeada como Illa Robinson Crusoe en 1966.[4]

Malia o seu estilo narrativo sinxelo, Robinson Crusoe foi ben recibida polo mundo literario e a miúdo é considerada como a obra que marcou o comezo da ficción realista como xénero literario. Tamén é considerada como a primeira novela inglesa.[5] Antes do remate de 1719, o libro xa tiña catro edicións, e converteuse nun dos libros máis publicados da historia, xerando tantas imitacións, non só na literatura senón tamén no cinema, televisión e radio, que o seu nome se utiliza para definir un xénero, a Robinsonada.

Foi traducida ó galego por Gonzalo Navaza e publicada por Edicións Xerais no ano 1986.[1] No ano 2005, foi publicado de novo coa tradución de Pichel dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais.[6]

Historia e características

[editar | editar a fonte]

O xénero

[editar | editar a fonte]

Trátase dunha autobiografía ficticia de Robinson Kretznaer, que por mor da corrupción das palabras en Inglaterra rematou por derivar en Robinson Crusoe que é como pronunciamos e mais escribimos nós mesmos e como me chamaron sempre os meus compañeiros[7]. Nela relátanse as aventuras dun náufrago inglés que encontra os medios e recursos necesarios para sobrevivir nunha illa deserta durante 28 anos. É categorizada en moitas clasificacións como literatura xuvenil.

A inspiración

[editar | editar a fonte]

Daniel Defoe inspirouse en varias historias reais de náufragos. Os dous antecedentes reais máis próximos foron o do mariñeiro escocés Alexander Selkirk, abandonado no arquipélago Juan Fernández que foi rescatado catro anos máis tarde, e o dun capitán da mariña española Pedro Serrano que foi recollido en 1534 despois de pasar oito anos nun banco de area do Caribe.

A recepción

[editar | editar a fonte]

O interese da novela radica non tanto na verdade psicolóxica dos personaxes (aínda que as aventuras se enmarcan nun discurso emocional e espiritual) coma na presentación dos feitos narrados como reais nun ambiente descrito con toda sorte de detalles. O estilo narrativo é realista, directo e moi simple.

A recepción inmediata do libro na Inglaterra da época foi moi positiva. Ó final do primeiro ano xa coñecía cinco edicións, que sumarían máis de 700 diferentes adaptacións e traducións nos tres séculos seguintes. É a novela inglesa máis popular de todos os tempos e o segundo libro máis lido despois da Biblia.

As interpretacións

[editar | editar a fonte]

A pesar da ausencia do amor como motivo, o libro sempre gozou de moita aceptación no mundo literario. Dende un punto de vista global, Robinson Crusoe narra os comezos do mundo mercantilista e capitalista moderno. Tópicos como o do home con vontade extrema que é capaz de facerse a si mesmo, de autocontrolarse e de perseverar nas situacións máis difíciles, ou como o da racionalización da actividade humana e do control sobre a natureza e sobre os demais aparecen aquí perfectamente deseñados.

James Joyce falou del como símbolo do colonialismo británico e do espírito anglosaxón: o sentido da independencia, a crueldade inconsciente, a persistencia, a intelixencia eficaz, a apatía sexual... Robinson sería neste sentido o prototipo de colonizador e de conquistador universal guiado pola razón única e eficiente.

Outros críticos coma J.P Hunter, tendo en conta o puritanismo cristián de Defoe, viron en Robinson Crusoe non a un heroe senón ó home común, que comeza de vagabundo nun mar que non entende e acaba de peregrino cara a unha terra prometida na súa procura de Deus. Robinson le a Biblia na súa illa remota, e é capaz de chegar a través das súas propias reflexións e accións a unha certa felicidade. A igrexa anglicana entendeu a mensaxe do libro como pouco ortodoxa, anárquica e próxima á herexía.

Intertextualidade e influencias culturais

[editar | editar a fonte]

Houbo infinidade de adaptacións, versións e reescrituras da historia de Robinson ás máis diversas linguas e culturas, dende The Swiss Family Robinson do pastor suízo Johann David Wyss de 1812, á adaptación cinematográfica de Luis Buñuel: Robinson Crusoe de 1954.

En Emilio ou Da educación, Jean-Jacques Rousseau desexa que Emilio se identifique con Crusoe e que o imite na confianza que mostra en si mesmo. A Emilio, o principal personaxe deste tratado, permíteselle que lea un só libro antes dos doce anos e ese libro é Robinson Crusoe. É a necesidade o que debería guiar o que debe ser aprendido e logrado.

Unha ópera cómica de Jacques Offenbach chamada Robinson Crusoé baseada nunha versión pantomímica é de 1867.

En 1971, o escritor francés Michel Tournier publicou unha sátira de Robinson Crusoe, Venres ou os Limbos do Pacífico, na que estigmatiza o protestantismo de Robinson.

A novela do Premio Nobel J.M. Coetzee, Foe, de 1986 é basicamente unha reimaxinación e reavaliación da mesma historia en termos de racismo.

Traducións ao galego

[editar | editar a fonte]

Foi traducida a centos de linguas (incluídas entre outras o inuit, o copto e o maltés). A versión galega apareceu por primeira vez en 1986, traducida por Gonzalo Navaza e publicada por Edicións Xerais de Galicia. Esa mesma tradución sería a que se publicaría anos despois na imprenta de Arteixo de La Voz de Galicia, na medida na que Robinson Crusoe foi un dos títulos elixidos para formar parte da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais.

Existen ademais algunhas adaptacións da obra traducidas ao galego, como a realizada por Valentín Arias para a colección "Kalafate" de Almadraba Editorial en 2011[8] ou a de Isabel Soto López para a colección "Cucaina" de Vicens Vives en 2013.

  1. 1 2 Robinson Crusoe. Traducido por Gonzalo Navaza (1ª ed.). Vigo: Edicións Xerais. 1986. ISBN 84-7507-240-2 vía Biblioteca da Tradución Galega.
  2. O título orixinal completo en inglés foi The Life and Strange Surprizing Adventures of Robinson Crusoe, Of York, Mariner: Who lived Eight and Twenty Years, all alone in an un-inhabited Island on the Coast of America, near the Mouth of the Great River of Oroonoque; Having been cast on Shore by Shipwreck, wherein all the Men perished but himself. With An Account how he was at last as strangely deliver'd by Pyrates.
  3. Fiction as Authentic as Fact
  4. Severin, Tim, In search of Robinson Crusoe, New York: Basic Books, 2002 ISBN 0-465-07698-X, pp. 23–24.
  5. "Defoe", The Oxford Companion to English Literature, ed. Margaret Drabble (Oxford: Oxford University Press, 1996), p. 265.
  6. Robinson Crusoe. Traducido por Gonzalo Navaza (1ª ed.). Arteixo: La Voz de Galicia. 2005. ISBN 84-9757-206-8 vía Biblioteca da Tradución Galega.
  7. Daniel Defoe. Robinson Crusoe. Tradución de Gonzalo Navaza. Edicións Xerais. ISBN 84-9782-386-9.
  8. Robinson Crusoe vía Biblioteca da Tradución Galega.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]