Illa Robinson Crusoe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Robinson Crusoe
Bandeira Escudo
Localización

Datos
Capital San Juan Bautista
País Chile
Linguas Español
Poboación (2002) 630 hab.
Superficie 96´4 km²
Densidade
Coordenadas 33°38′00″S 78°49′00″O / -33.63333, -78.81667
Maior Altura El Yunque, 916 m.

A Illa Robinson Crusoe (33°38′00″S 78°49′00″O / -33.63333, -78.81667), antigamente chamada Más a Tierra ou Más Atierra, forma parte do arquipélago chileno de Juan Fernández.

Características[editar | editar a fonte]

Ten 96,4 km² e a súa poboación foi de 488 habitantes no Censo de 1992, mentres no Censo de 2002, o número de habitantes aumentou a 630, maiormente concentrada no poboado de San Juan Bautista na Baía Cumberland, fundado en 1877 polo barón Alfredo Van Rodt.

Despois do desastre de Rancagua en 1814, a illa serviu de prisión para os patriotas (Juan Egaña e outros) na chamada Cova dos Patriotas (Monumento Histórico desde 1979, situada en San Juan Bautista). Con iguais propósitos foi usada a illa durante o primeiro goberno de Carlos Ibáñez del Campo (1927-1931).

A principal actividade económica é a pesca da lagosta mariña (a Lagosta de Juan Fernández). A súa poboación está diminuíndo; principalmente novos que emigran ao continente (Chile) para obter mellores oportunidades e unha vida menos illada.

Illa Robinson Crusoe