Alexander Selkirk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alexander Selkirk
Alexander Selkirk Statue.jpg
Nacemento1676
 Lower Largo
Falecemento13 de decembro de 1721
 Cape Coast
CausaFebre amarela
SoterradoCape Coast
NacionalidadeReino de Gran Bretaña e Escocia
Ocupaciónmariño
editar datos en Wikidata ]
Libro editado en 1835 inspirado na vida de Selkirk.

Alexander Selkirk, nado Alexander Selcraig en 1676, en Lower Longo, condado de Fife, Escocia e finado o 13 de decembro de 1721 en Ghana, foi un mariñeiro escocés que estivo durante catro anos e catro meses como un náufrago nunha illa deserta na zona central da costa pacífica de Chile; é probábel que tanto as súas viaxes como a historia de Pedro Serrano e outros náufrados da época (Robert Knox ou Henry Pitman) proporcionasen inspiración a Daniel Defoe (el entrevistouno) para escribir a súa novela Robinson Crusoe —aínda que na súa primeira edición de 1719 a illa sitúase preto da desembocadura do río Orinoco e non no océano Pacífico—.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1703 enrólase ás ordes de William Dampier que, ao mando de dous barcos corsarios, marchaba a América para atacar as costas españolas. Ante a escaseza de botín e outros problemas o capitán decidiu dividir a expedición e Selkirk permaneceu no galeón Cinque Ports, capitaneado por Thomas Stradling que se dirixiu ao arquipélago de Juan Fernández (Chile). Selkirk discutiu co capitán que o castigou co abandono dunha illa deserta a 560 km. da costa chilena, en outubro de 1704. Alí permaneceu durante máis de catro anos[1].

Imaxe de Alexander Selkirk cunha placa conmemorativa en Lower Longo

O Cinque Ports afundiuse pouco despois e os seus tripulantes capturados polos españois. O rescate chegou o venres 2 de febreiro de 1709, cos barcos Duke e Duchess, mandados polo tamén corsario Woodes Rogers[1], que o enrolou como segundo oficial e despois de percorrer a costa pacífica, atacar Guayaquil e chegar até a costa de México onde capturaron o galeón de Acapulco a Manila -Nuestra Señora de la Encarnación de Singano-[2] cun enorme botín

Dende alí, marcharon cara as Indias Orientais Holandesas e dobraron o cabo de Boa Esperanza para retornar a Inglaterra o 14 de outubro de 1711,[2] onde ao parecer casou cunha viúva.

Embarcouse novamente en 1717 na Royal Navy e morreu as oito da tarde do 13 de decembro de 1721 mentres servía como tenente a bordo do barco da Armada, HMS Weymouth. Probabelmente sucumbiu á febre amarela. Foi enterrado no mar na costa occidental de África.

Os relatos[editar | editar a fonte]

No ano 1711, apareceu Selkirk mencionado por vez primeira nun relato de Edward Cook,[3] un oficial do Duchess e, de novo, en 1713 é mencionado no xornal The Englishman polo escritor sir Richard Steele[4] que o entrevistou en varias ocasións. En 1712, o propio Woodes Rogers publicou un libro no que dá noticias das peripecias de Selkirk: A Cruising Viyage Round The World, que seguramente foi lido por Defoe.

O arquipélago[editar | editar a fonte]

O 1 de xaneiro de 1966 a illa na que estivo Selkirk foi oficialmente rebautizada como Robinson Crusoe. Ao mesmo tempo, a illa máis occidental do arquipélago Juan Fernández foi rebautizada como Alejandro Selkirk, aínda que é probable que Selkirk nunca a vise, dado que este habitou a illa maior oriental.

En torno ao ano 2000 unha expedición dirixida polo xaponés Daisuke Takahashi atopou instrumentos náuticos do século XVIII na illa, que probabelmente pertencesen a Selkirk.

Película[editar | editar a fonte]

Unha película animada chamada Selkirk, o verdadeiro Robinson Crusoe relata a vida de Alexander Selkirk e as súas peripecias durante as súas viaxes. A película está dirixida por Walter Tournier (Uruguai).[5] O filme foi financiado desde un principio por CORFO (Chile), Consello da Cultura e as Artes (CNCA-Chile) e polo Fondo Ibermedia, o que xerou o impulso para que o proxecto comezase a ensaiar a coordinación entre os países que participan (Chile cos efectos especiais 3D e o storyboard, Arxentina coas voces, musicalización e Uruguai con idea orixinal, dirección, escenarios, bonecos para o stopmotion, rodaxe).[6] É unha produción conxunta da Suma - Tournier Animación (Uruguai), Millo Producións (Arxentina) e Cineanimadores (Chile), e estreouse en febreiro de 2012.[7][8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Canal-Soler, Jordi (Abril 2017). "Alexander Selkirk, el verdadero Robinson". Historia. National Geographic (160): 14–18. ISSN 1696-7755. 
  2. 2,0 2,1 Brescia del Val, Maura (2004), op.cit. páx. 30
  3. Brescia del Val, Maura (2004), op.cit. páx.34
  4. Brescia del Val, Maura (2004), op.cit. páx.35
  5. Muñoz, Diego (2014). Hecho en Uruguay: Historias de emprendimientos exitosos (epub-DRM). Aguilar. ISBN 9789974957398. 
  6. "Académico de la Facultad de Comunicaciones de UPC crea película sobre Robinson Crusoe". Consultado o 29-05-2017. 
  7. "Ficha en filmaffinity.com". Consultado o 29-05-2017. 
  8. "Ficha en Imdb.com" (en inglés). Consultado o 29-05-217. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Brescia del Val, Maura (2004). Selkirk Robinson: el mito. A tres siglos del desembarco del solitario en Isla Robinson Crusoe. Santiago de Chile. Editorial Mare Nostrum. ISBN 956-8089-04-7.