Odilo Fernández Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaOdilo Fernández Rodríguez
Biografía
Nacemento13 de novembro de 1925 Editar o valor em Wikidata
Correxais, España Editar o valor em Wikidata
Morte18 de abril de 1995 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
A Rúa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesBlas Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata

Odilo Fernández Rodríguez, coñecido como Blas, nado en Correxais (Vilamartín de Valdeorras) o 13 de novembro de 1925 e finado na Rúa o 18 de abril de 1995, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Labrego, o seu pai, Valentín Fernández, foi detido logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, permanecendo cinco anos na cadea. Enlace da guerrilla, con 24 anos subiu ao monte en 1944. Militante comunista, integrouse na II Agrupación Guerrilleira, estivo ás ordes de Evaristo González Pérez actuando entre A Rúa e Ponferrada. En 1947 uniuse a Silvestre García López "Chimeneas" na guerrilla de Manuel Girón Bazán na provincia de Ourense. Ambos incorporáronse o ano seguinte ao grupo de Mario Rodríguez Losada "Pinche". O 20 de abril de 1949 o Destacamento Santiago Carrillo da II Agrupación do Exército Guerrilleiro foi cercado en Chavanga pola Garda Civil. Morreron todos excepto Samuel Mayo Méndez e Fermín Gutiérrez Lada. Odilo salvouse porque consideraba que o refuxio era perigoso e logo dunha discusión co xefe do destacamento, Evaristo González, marchou a noite anterior a unha aldea a 15 quilómetros. Foi acusado con Julián Mateo Vázquez do asalto ao farmacéutico de Arcos Francisco Folla a principios de 1950.[1]

Desde a Rúa saíu de España pasando por Madrid, Barcelona e pasou a fronteira francesa por Andorra a finais de 1952, xunto coa súa compañeira Gloria Blanco Blanco, antiga enlace, a nai desta, Gloria Blanco Diéguez e Roberto López Rodríguez. Instaláronse en Francia residindo no Doubs e en París. Foi reclamado polo xuíz militar de Lugo en marzo de 1953 xunto con Abel Vázquez González, Julio Carrillo Fernández, José López Touza, Manuel Fernández Guitián, Xosé Castro Veiga e Fermín Gómez Segura, encartados na causa 181/52.[2] En 1953 o goberno de Franco pediu a súa extradición, e estivo tres meses preso nunha cadea de París, saíndo finalmente en liberdade. Retornou definitivamente a Galicia en 1976 residindo na Rúa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Progreso, 26-10-1954, p. 3.
  2. BOP Lugo, 26-3-1953, p. 4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]