Paisley
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Reino Unido | |||
| País | Escocia | |||
| Concello | Renfrewshire | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 77.220 (2016) | |||
| Xeografía | ||||
| Bañado por | River Cart (en) | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | PA1, PA2 e PA3 | |||
| Fuso horario | ||||
| Prefixo telefónico | 0141 e 01505 | |||
| Outro | ||||
| Irmandado con | Fürth (1969–) | |||
| Sitio web | paisley.org.uk | |||
Paisley (en gaélico escocés: Pàislig) é unha localidade da parte occidental das Lowlands de Escocia, Reino Unido. Atópase no límite norte dos montes Gleniffer Braes e esténdese a ambos os dous lados do río Cart. Paisley é a capital administrativa do concello (council) de Renfrewshire e é parte da área metropolitana do Gran Glasgow. Atópase a 11,1 km ao oeste do centro de Glasgow.
Paisley é a quinta localidade máis grande de Escocia, cunha poboación de 76.834 habitantes no censo de 2011, por detrás das cidades de Glasgow, Edimburgo, Aberdeen e Dundee. Paisley non ten o status de cidade, maila ter máis poboación que Inverness, Stirling e Perth, que si que o teñen. Paisley conforma, en gran medida, a parte suroeste da conurbación do Gran Glasgow.
En Paisley atópase un dos campus da Universidade do Oeste de Escocia.
