Roberto de Évreux
Nome orixinal | (fr) Robert le Danois |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 967 ↔ 974 Ducado de Normandía, Francia |
Morte | 1037 (Gregoriano) |
Archbishop of Rouen (en) | |
989 – 1037 ← Hugues de Cavalcamp (pt) – Maugério (pt) → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico, bispo católico |
Outro | |
Título | Count of Evreux (en) (–1037) |
Familia | Casa de Normandía |
Cónxuxe | Herleva (?) |
Fillos | Q61807767, Guillerme de Évreux, Ricardo de Évreux, Raúl de Gacé |
Pais | Ricardo I de Normandía e Gunora de Crépon |
Irmáns | Ema da Normandia Avoise da Normandia Matilde da Normandia Geoffrey, Count of Eu Ricardo II de Normandía William, Count of Eu Mauger, Count of Corbeil |
Roberto de Évreux, tamén coñecido como Roberto o Danés, finado en 1037, foi un nobre e prelado poderoso, parente e partidario de cinco duques de Normandía, que foi arcebispo de Rouen (989-1037) e, segundo algúns autores, o primeiro conde de Évreux.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Roberto era fillo de Ricardo I de Normandía, duque de Normandía, e da súa segunda esposa, Gunnora de Crepon.
Seu pai designo arcebispo de Rouen en 989 e, na mesma época, recibiría o condado de Évreux.[1] Roberto sabía que estaba destinado á carreira eclesiástica e, ao parecer, aceptou de boa gana o seu papel de arcebispo, tanto como o de conde. Sempre estivo involucrado na política normanda, e foi un importante aliado eclesiástico de seu pai, así como de seu irmán Ricardo II e, á morte deste convertese no decano da familia ducal.
Porén, o goberno do seu sobriño Ricardo III foi turbulento e breve (durou pouco máis dun ano). Seu irmán Roberto I substituíno e o prelado tivo grandes problemas para poñer freo ao novo duque. En 1028, o seu sobriño sitiouno e desterrouno, e despois foi a asediar a Hugo de Ivry, bispo de Bayeux que, xunto co arcebispo, cuestionara a autoridade do novo duque. Desde o seu exilio en Francia, o arcebispo Roberto excomungou ao seu sobriño e puxo a Normandía baixo interdicto.
Por fin ambos os dous entraron en negociacións, que facilitaron o levantamento do interdicto e máis da excomuñón, ao tempo que o duque Roberto restauraba ao arcebispo na súa sede, e no condado de Évreux, e lle devolvía todas as súas propiedades. Para demostrar mellor o seu cambio de actitude cara á Igrexa, o duque devolveu as propiedades que el e os seus vasalos confiscaran, e en 1034 devolveu á Igrexa incluso as propiedades tomadas á abadía de Fécamp.
En 1033, o duque Roberto levou a cabo unha campaña contra o seu curmán Alan III da Bretaña. Houbo varias incursións dun lado e doutro, pero finalmente o arcebispo Roberto, que era tío de ambos os dous, negociou unha paz entre eles.
Nos seus últimos anos o duque arrepentiuse dos seus erros pasados, axudou xenerosamente aos pobres e emprendeu a reconstrución da catedral de Rouen. En 1035 decidira facer peregrinación a Xerusalén. Despois de nomear herdeiro ao seu fillo ilexítimo –o futuro Guillerme o Conquistador- e poñelo baixo a custodia e protección do arcebispo, emprendeu a súa viaxe para nunca máis regresar, supoñéndose que morreu en Nicea en xullo dese ano.
O arcebispo Roberto cumpriu a súa promesa e gobernou eficazmente o ducado como rexente de Guillerme, até que morreu no inverno de 1037, feito que case de inmediato deixou a Normandía na anarquía (1037-1047).
Descendencia
[editar | editar a fonte]Roberto, despois de converterse en conde, elixira como esposa a unha muller chamada Herleva, de ascendencia descoñecida,[2] que lle deu tres fillos:[3]
- Ricardo, conde de Évreux.
- Raúl, señor de Gacé.
- Guillerme de Évreux, que casou con Heloise de Nevers, coa que tivo unha filla, Xudite, que casou con Roxerio, futuro primeiro conde de Sicilia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Orderico Vital (Ordericus Vitalis): Historia Ecclesiastica, Vol. II, Liber III, Cap. I, páx. 10.
- ↑ Helise de Nevers en Medieval Lands.
- ↑ Orderico Vital (Ordericus Vitalis): Historia Ecclesiastica, Vol. II, Liber V, páx. 365.