Golfiño (banda deseñada)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Revista Golfiño»)

Golfiño (1999-2004) foi unha revista orientada ao público infantil e xuvenil e dedicada á banda deseñada en galego.

Historia[editar | editar a fonte]

A revista viu a luz en febreiro de 1999 da man de Edicións Xerais[1] e adoptou un ritmo de publicación mensual a partir de xaneiro de 2000[2]. Na dirección da publicación estaban como máximos responsábeis Miguel Vázquez Freire e Fausto Isorna, e con Isabel Soto na redacción e secretaría[3]. Esta primeira etapa da revista durou pouco máis dun ano e chegou aos 14 números. A incapacidade para captar un público máis numeroso que puidese sustentar economicamente o proxecto levou ao fin deste primeiro capítulo na historia da revista.

A segunda etapa da revista iniciouse o 17 de marzo de 2002. A publicación pasaba de estar á venda en quioscos e librarías a ser difundida como suplemento do xornal La Voz de Galicia, feito que lle garantiría unha boa distribución por toda a xeografía galega. Na súa etapa final chegou a acadar unha tiraxe superior aos 160 000 exemplares, que eran distribuídos todos os domingos gratuitamente con La Voz de Galicia.

Tras o número 89, La Voz de Galicia deixou de distribuír Golfiño.

Historietistas e ilustradores[editar | editar a fonte]

Nas súas páxinas colaboraron a maioría dos autores de BD galega, como Miguelanxo Prado, Xaquín Marín, Norberto Fernández, Kiko da Silva ou Jacobo Fernández Serrano, Carmela González Pintos, Antonio Seixas, Álex Moro, Paula Gómez, ou Isabel Briones, Pepe Carreiro, Andrés Meixide, Fran Bueno, Manel Cráneo, Alberto Varela, Juan Carlos Abraldes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Primeiro número da revista en Xerais.
  2. Segundo outras fontes, comezou en xaneiro de 2000.
  3. Ficha de Golfiño, na Tebeosfera (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]