República Socialista Soviética Federativa Transcaucásica
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2015.) |
Zaqafqaziya Sovet Federativ Sosialist Respublikası (az) Անդրկովկասյան Սոցիալիստական Ֆեդերատիվ Խորհրդային Հանրապետություն (hy) ამიერკავკასიის საბჭოთა ფედერაციული სოციალისტური რესპუბლიკა (ka) Zaqafqaziya Sovet Sosialist Respublikaları Federativ İttifaqı (az) Фэдэратыўны Саюз Сацыялістычных Савецкіх Рэспублік Закаўказьзя (be-tarask) Закаўкаская Сацыялістычная Фэдэратыўная Савецкая Рэспубліка (be-tarask) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado desaparecido | Unión Soviética | ||||
Capital | Tbilisi | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.861.600 (1926) (31,5 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua rusa lingua xeorxiana Lingua azarí lingua armenia | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 186.100 km² | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 12 de marzo de 1922 | ||||
Disolución | 1936 | ||||
Sucedido por | República Socialista Soviética de Xeorxia, República Socialista Soviética de Acerbaixán e República Socialista Soviética de Armenia | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república soviética | ||||
Membro de | |||||
Moeda | Rublo transcaucásico | ||||
A Repúbica Socialista Soviética Federativa Transcaucásica (Закавказская Сове́тская Федерати́вная Социалисти́ческая Респу́блика, ЗСФСР) foi unha curta república soviética (1922–1936), constituída por Xeorxia, Armenia, e Acerbaixán, que foron coñecidas tradicionalmente como as Repúblicas Transcaucásicas na Unión Soviética. A capital da república foi Tbilisi.
As raíces da república veñen da disolución do Imperio Ruso en 1917, durante a revolución rusa, cando as provincias do Cáucaso se separaron e tentaron formar o seu propio estado federal chamado a Federación Transcaucásica. Os diferentes intereses nacionais e a guerra con Turquía levaron á disolución da república medio ano despois, en abril de 1918.
Nos seguintes anos, os tres territorios atravesaron guerras civís con moita intervención do Exército Vermello, e convertéronse en Repúblicas Soviéticas. En decembro de 1922, todo o territorio foi reunificado nunha soa república. En 1936, a república foi disolta e os tres países convertéronse na RSS de Xeorxia, a RSS de Armenia e a RSS de Acerbaixán.
Xefes de estado
[editar | editar a fonte]Presidentes do Consello da Unión | Data | Partido |
---|---|---|
Niraman Narimanov | Marzo - decembro 1922 | Partido Comunista de Acerbaixán |
Polikarp Mdivani | Marzo - decembro 1922 | Partido Comunista de Xeorxia |
Aleksandr Miasnikian | Marzo - decembro 1922 | Partido Comunista de Armenia |
Presidentes do Comité Executivo Central | Período | Por |
---|---|---|
Mikhail Tskhakaja (1x) | 1922-1927 | Xeorxia |
Samed Aga Alijev | 1922-1929 | Acerbaixán |
Sarkis Ambartsumjan | 1922-1925 | Armenia |
Sarkis Kasyan | 1927-1931 | Armenia |
Filipp Macharadze (1x) | 1927-1928 | Xeorxia |
Mikhail Tskhakaja (2x) | 1928-1931 | Xeorxia |
Gazanfar Musabekov | 1929-1931 | Acerbaixán |
Filipp Macharadze (2x) | 1931-1935 | Xeorxia |
Armenek Ananjan | 1931-1935 | Armenia |
Sultan Medzhid Efendijev | 1931-1936 | Acerbaixán |
Sergo Martikijan | 1935-1936 | Armenia |
Aveli Enukidze | Marzo-maio 1935 | Xeorxia |
Filipp Macharadze (3x) | 1935-1936 | Xeorxia |