Historia de Casaquistán
Os primeiros habitantes do que hoxe é Casaquistán foron o pobo Saka, unha tribo nómade chegada das montañas de Ucraína no século IV a. C.. Os turcos, procedentes de Mongolia dominaron a zona desde o século V d. C., especialmente na zona sur, ata que as hostes de Xenxis Kan tomaron o seu lugar no século XIII. Á súa morte en 1227, Xenxis Kan dividiu o imperio entre os seus dous fillos, quedando Casaquistán dividida.
Os uzbekos, un grupo de mongois islamizados, derrotaron aos herdeiros de Xenxis Kan no século XIV e ocuparon todo o territorio de Casaquistán ata que se dividiron. Os que foron ao sur fundaron o que hoxe é Uzbekistán, mentres que os do norte seguiron sendo nómades e deron orixe aos casacos. En 1742, na súa loita contra o pobo de Oyrat, os casacos buscaron a protección do Imperio ruso, que a partir dese momento xogaría un papel primordial na historia de Casaquistán.
Presenza rusa[editar | editar a fonte]
- Véxase tamén: Rusia Imperial.


Os rusos foron paulatinamente expandindo o seu imperio e estreitando o seu control de Casaquistán, ata que en 1854 fundaron un forte no que hoxe é Almatý. Os tsares oprimiron con dureza aos casacos nos seus desexos de independencia. Os líderes independentistas apoiaron aos bolxeviques na Revolución de Outubro de 1917, o que non redundou no cumprimento das súas aspiracións: o país pasou a formar parte da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS), e ao final da década de 1920 procedeuse a "desnomadizar" aos casacos e a convertelos en campesiños nas novas granxas colectivizadas.
Casaquistán comezou a ser poboada con rusos doutras provincias e a servir de campo de concentración e de exilio para os inconformes, á parte de converterse no territorio para as probas e almacenamento de armamento nuclear.
A independencia[editar | editar a fonte]
- Véxase tamén: Disolución da Unión Soviética.
En 1989 Casaquistán organizou por primeira vez unha gran protesta contra a URSS debido ás probas nucleares, que tiveron que ser suspendidas. Nursultán Nazarbáyev, un casaco próximo aos rusos tomou o poder en 1990 e gobernouna desde entón como Presidente da República. Non estivo de acordo coa disolución da URSS en 1991, e Casaquistán foi a última república en declarar a súa independencia. A democracia foi moi limitada, cos grupos nacionalistas sometidos e o parlamento disolto polo mesmo Nazarbáyev en 1995, xa que obstruía as súas políticas económicas e étnicas.
O país está dirixido basicamente por antigos comunistas, pero tras a independencia, as políticas liberais de Nazarbáyev gañaron popularidade e axudas dos gobernos occidentais.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Historia de Casaquistán ![]() |