Saltar ao contido

Raymond Pearl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRaymond Pearl

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de xuño de 1879 Editar o valor en Wikidata
Farmington, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte17 de novembro de 1940 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Hershey, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte morrida Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Míchigan
Dartmouth College Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBiometria (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbiólogo , biogerontologist (en) Traducir , profesor universitario , estatístico , xenetista , botánico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Johns Hopkins Editar o valor en Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaPearl Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMaud Dewitt Pearl
Premios

Raymond Pearl, nado o 3 de xuño de 1879, finado o 17 de novembro de 1940, foi un biólogo estadounidense, considerado como un dos fundadores da bioxerontoloxía. Desenvolveu a maior parte da súa carreira na Universidade Johns Hopkins en Baltimore. Pearl foi un escritor prolífico de libros académicos e artigos, así como un comprometido divulgador e comunicador da ciencia. Á súa morte, publicara 841 obras. Foi inicialmente un euxenista, pero finalmente converteuse nun importante crítico da euxenesia. Tamén utilizou o concepto ecolóxico da capacidade de carga, aínda que non usou o termo, e era un malthusiano preocupado co límite dos recursos. Foi un crítico do consumo masivo.[1]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Pearl naceu nunha familia de clase media alta o 3 de xuño de 1879 en Farmington, Nova Hampshire, fillo de Ida May (McDuffee) e Frank Pearl.[2][3] A unha idade temperá, Pearl foi familiarizado cos clásicos. Os seus pais e avós querían que estudase grego e latín. Porén, cando asistiu ao Dartmouth College aos 16 anos, quedou fascinado pola bioloxía e graduouse (B.A.) como o máis novo da súa clase. En Dartmouth, era considerado un estudante excepcional, así como un músico talentoso. Era quen de tocar case calquera instrumento de vento, e planeou actuacións musicais amadoras cos seus amigos e colegas. En 1899, Pearl estudou na Universidade de Michigan, onde obtivo o seu doutoramento (PhD) en zooloxía polo seu traballo sobre o comportamento das planarias. Tamén estivo implicado no estudo da variación dos peixes para o Estudo Biolóxico dos Grandes Lagos. Mentres estaba traballando nun laboratorio zoolóxico, coñeceu a súa futura muller, Maude M. De Witt. En 1903 casaron e ambos viaxaron en 1905 e 1906 ao estranxeiro e traballaron na Universidade de Londres, Universidade de Leipzig, e Estación Biolóxica Mariña de Nápoles.[4]

En 1906 pasou un ano estudando baixo a dirección de Karl Pearson no University College de Londres. Durante ese ano descubriu a biometría, a cal parecía ofrecer unha solución aos problemas que o preocupaban en bioloxía, zooloxía e euxenesia. Ao seu retorno aos Estados Unidos continuou investigando os seus temas de interese, pero cambiou da biometría á xenética mendeliana.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O interese de Pearl nos métodos estatísticos en bioloxía empezou na Universidade de Londres, onde traballou xunto con Karl Pearson. Permaneceu como instrutor na Universidade de Michigan ata 1906, e ese mesmo ano foi á Universidade de Pensilvania para ser instrutor de zooloxía. Un ano despois, converteuse en xefe do Departamento de Bioloxía da Estción de Experimentos Agrícolas Principal da Universidade de Maine en Orono, onde estudou a xenética das aves de curral e outros animais domésticos. De 1917 a 1919, Pearl foi o xefe da División Estatística da Administración de Alimentos dos Estados Unidos. En 1918 Pearl desenvolveu un departmento do laboratorio de estatísticas cando foi contratado pola Universidade Johns Hopkins para ser profesor d Biometría e Estatísticas Vitais.[4]

En 1920 foi elixido membro da Asociación Estatística Americana,[5] da que tamén foi presidente. Tamén foi elixido membro da Sociedade Filosófica Americana, a Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos, e a Academia Americana de Artes e Ciencias.[6][7][8]

Ataques de Wilson

[editar | editar a fonte]

En 1929 o amigo de Pearl William Morton Wheeler estaba a piques de retirarse como decano da Institución Bussey na Universidade de Harvard. Nesa época, había plans para cambiar os departamentos biolóxicos e crear un campo de bioloxía humana en Harvard. Debido ás sús conexións en Harvard, Pearl foi mencionado como posible candidato a suceder a Wheeler e tiña moitos apoios alí. Porén, Edwin Bidwell Wilson, un matemático de Harvard, era un crítico de Pearl e non cría que fose unha persoa axeitada para ese posto. Wilson cría que se debería poñer moita atención e observar todos os detalles cando se trata cos datos biolóxicos matemáticos e pensaba que Pearl fora desordenado co seu tratamento e razoamento matemático no campo da bioloxía. O primeiro problema que tiña Wilson con Pearl era o seu estudo do crecemento de poboacións na década de 1920. Pearl afirmou que el descubrira a lei das poboacións, a cal representaba unha curva de crecemento con forma de S, pero Wilson pensaba que os seus datos eran insuficientes e non servían para apoiar tal afirmación.[9]

Malia as súas críticas a Pearl, en 1925, Wilson contactou con Pearl pedindo axuda para a súa investigación sobre o cancro. Daquela, Pearl non era consciente das críticas de Wilson cara a el. Non axudou a Wilson porque pensaba que non comprendía suficientemente ben as disciplinas da bioloxía e a medicina, o que aínda encirrou máis o desagrado de Wilson cara a Pearl. En 1929 Pearl realizou investigacións sobre a correlación entre a tuberculose e o cancro e publicou un artigo que afirmaba que hai unha correlación negativa. Esta investigación tiña erros na súa análise de datos, así que Wilson viu neste estudo unha oportunidade para atacar a Pearl e impedir que se convertese no novo decano. Wilson denunciou o uso de Pearl das matemáticas no estudo do cancro para diferentes departamentos de Harvard e tamén publicou sobre eles. Os seu esforzos pagaron a pena cando a Xunta de Supervisores de Harvard rexeitou nomear a Pearl por 10 votos contra 9. Pearl continuou as súas actividades científicas na Johns Hopkins ata a súa morte.[9]

Euxenesia, medicina, poboación e política

[editar | editar a fonte]

Pearl foi un euxenista que mantiña opinións galtonianas tradicionais. Quería usar a euxenesia e a biometría en medicina e sanidade pública para obter coñecementos sobre a herdanza humana.[10]

Pearl fundou a Clínica Constitucional no Hospital Johns Hopkins. Cría na medicina constitucional, que se centraba en examinar o "solo" (as características corporais) no cal caía a "semente" (a posible doenza). Despois converteuse no director dun novo Instituto de Investigacións Biolóxicas no Johns Hopkins en 1925, que tiña o obxectivo de examinar a xenética e os factores ambientais das enfermidades. Este instituto de investigación combinaba a biometría, a xenética e a medicina para investigar a predisposición hereditaria á tuberculose e hipertensión. Cando realizaba a investigación destas enfermidades, Pearl rexistraba a altura, peso, man con maior destreza (destro, xergo), medidas de diferentes partes do corpo e descricións físicas. Igual que Galton, cría que a raza era un importante factor nas características humanas e cría na utilización da bioloxía e a xenética para mellorar a saúde a longo prazo da poboación. Aínda que trataba de ser cuantitativo, obxectivo e sistemático, as súas cualificacións das diferentes razas estaban influenciadas por normas e prexuízos sociais.[10]

No entanto, a finais da década de 1920, Pearl pasou a condenar a euxenesia. Pearl criticou o uso da raza en euxenesia a pesar de realizar experimentos que recoñecían a existencia de diferenzas raciais. Cría que a euxenesia estaba facendo as cousas correctas pero mal feitas e que a bioloxía humana era a euxenesia feita ben se consistía en estatísticas fiables, obxectividade, unha axenda social liberal e afiliacións médicas.[10] En 1927, publicou o relevante artigo The Biology of Superiority, que atacaba os supostos básicos da euxenesia.[11] O artigo foi o primeiro ataque xeral á euxenesia feito por alguén que era considerado dentro dese movemento.[12] O artigo tamén contribuíu ao xurdimento da euxenia da reforma e o movemento do control da poboación.

Pearl foi un membro influínte do Comité Asesor da Conferencia Mundial da Poboación,[13] despois da cal Pearl axudou a fundar a Unión Internacional para o Estudo Científico dos Problemas de Poboación.[12][14] As ideas de Pearl sobre o crecemento da poboación humana, que eran separables das súas ideas sobre euxenesia, eran debidas tanto ás súas investigacións biolóxicas coma tamén ao papel que el pensaba que exercía a poboación nas orixes da primeira guerra mundial, así como á súa preocupación de que o consumo masivo nos levaría a chegar aos límites dos recursos dispoñibles. As súas investigacións sobre os límites da poboación contribuíron a desenvolver o concepto de capacidade de carga.[15]

Malia o seu aparente rexeitamento da euxenesia, Pearl mantiña relacións relativamente boas con euxenistas de sona[16] e expresaba ideas clasistas.[17] Fixo declaracións que foron interpretadas como antisemitas.[18] De 1927 a 1932, Pearl e o seu colega Alan Meyer eran importantes figuras dunha das primeiras clínicas de control da natalidade dos Estados Unidos, chamada Oficina de Baltimore para o Consello Contraceptivo. Pearl apoiaba o control da natalidade, pero tiña unha concepción máis conservadora e científica cando se comparaba con outras ideoloxías como a de Margaret Sanger. A clínica realizaba un estudo médico euxenésico que se fixaba en como a distribución da información do control da natalidade que proporcionaba a clínica afectaba a sociedade.[10]

Intereses científicos

[editar | editar a fonte]

O principal interese de Pearl era a bioestatística. Como un dos primeiros bioestatísticos que usaron as matemátias como modo de interpretar a xenética de poboacións, Pearl publicou un libro chamado Modes of Research in Genetics en 1915 e outro titulado Introduction to Medical Biometry and Statistics en 1923. Ambos foron moi lidos e foron influíntes en mostrar a importancia das estatísticas nos campos da xenética e medicina.[4]

Aínda que moitos dos seus libros foron ben recibidos, algunhas das súas ideas aínda causaban polémica. Unha delas era que cando se reproduce un irmán cunha irmá, non habería un incremento da homocigose. Pearl cría que nos apareamentos irmán-irmá e sen selección pasada a xeración F3, a heterocigosidade non caería por debaixo do 50 %.[4]

Malia ser o seu principal interese a bioestatística, Pearl tiña outros varios intereses en bioloxía e era coñecido polos seus grandes coñecementos nesa materia. Publicou traballos sobre o comportamento animal, crecemento das poboacións, alimentos e prezos, matrimonios entre xudeus e cristiáns, e vexetarianismo. Nas décadas de 1920 e 1930, Pearl centrouse no efecto que o ambiente, que incluiría doenzas, alcohol, e tabaco, tiña sobre a lonxevidade. Publicou un libro titulado Alcohol and Longevity en 1926, onde afirmaba que o consumo moderado de alcohol podía ser beneficioso para a saúde cardiovascular, que causou moito debate debido a que era a época da prohibición (lei seca). A polémica continuou cando Pearl realizou un estudo sobre o tabaco no cal se demostraba que fumar facía diminuír a lonxevidade mentres que beber non.[4]

Pearl considérase un dos fundadores da bioxerontoloxía. Baseándose en parte na observación de que a lonxevidade da mosca do vinagre Drosophila melanogaster varía inversamente á temperatura ambiental,[19] Pearl (igual que Max Rubner) afirmaba que a duración máxima da vida é inversamente proporcional á taxa metabólica basal. Pearl aceptaba as ideas erradas de Alexis Carrel de que as células somáticas normais non se fan vellas e que o envellecemento debe, polo tanto, producirse por algunha disfunción a nivel corporal. Pearl especulaba que a duración da vida estaba limitada polos compoñentes celulares vitais que diminuían ou eran danados máis rapidamente en animais con metabolismo máis rápidos.[20] A teoría dos radicais libres do envellecemento de Denham Harman proporcionou despois un mecaniso causal plausible para a hipótese de Pearl.

A hipótese da taxa de vida (Rate of Living Hypothesis) converteuse nunha das teorías do envellecemento principais durante case 50 anos. Esta hipótese queda socavada pola observación de que unha rata e un morcego teñen unha taxa metabólica similar, mais o morcego vive varias veces máis tempo.[21] Máis recentemente, formláronse máis dúbidas sobre esta teoría ao demostrarse que, cando se empregan métodos estatísticos modernos para corrixir os efectos do tamaño corporal e a filoxenia, a taxa metabólica non se correlaciona coa lonxevidade en mamíferos ou aves.[22] (Para unha crítica da hipótese da taxa de vida ver Living fast, dying when?.[23])

Hábitos sociais e morte

[editar | editar a fonte]

Pearl era ben coñecido pola súa alegría de vivir e o seu gusto pola comida, bebida, música e festas.[24] Foi un importante membro do Saturday Night Club, ao que tamén pertencía H. L. Mencken.[25][26] A prohibición das bebidas alcohólicas non influíu no hábito de beber de Pearl (que era lendario).

Raymond Pearl é tamén coñecido polo seu traballo en bioloxía das poboacións, como o do seu volume de 1928, The Rate of Living: Being an Account of Some Experimental Studies on the Biology of Life Duration. Nese libro, presenta amplas investigacións sobre os efectos da densidade de poboación sobre a duración da vida en moscas do vinagre, demostrando que existía unha densidade óptima de poboación para ese insecto no seu modelo experimental. Isto formulaba a cuestión de se o mesmo efecto podería darse tamén noutras especies, incluíndo a humana. Ademais, o seu traballo demostraba que as moscas con taxas metabólicas máis baixas tiñan unha maior duración da vida, mais tamén había que estudar se iso mesmo era válido noutras especies, incluíndo os humanos. Así, converteuse nun mentor de John B. Calhoun, famoso polos seus estudos ecolóxicos en poboacións de roedores e a súa posible importancia para os humanos modernos. Os biólogos de poboacións pensan que o estudo dos efectos da densidade da poboación sobre a duración da vida é a maior contribución de Raymond Pearl á ciencia biolóxica.

O 17 de novembro de 1940, Pearl estaba nun estado de aparentemente boa saúde visitando o Zoo de Baltimore. Durante a visita queixouse de dores no peito, tivo que marchar e morreu posteriormente ese mesmo día.

A abreviación Pearl utilízase en botánica para indicar a súa autoría ao citar nomes científicos de plantas.[27]

  1. Thomas Robertson (2012). The Malthusian Moment: Global Population Growth and the Birth of American Environmentalism. Rutgers University Press.
  2. Dictionary of American Biography. Scribner. 1958. 
  3. "FamilySearch.org". FamilySearch. Consultado o 18 de decembro de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Goldman, I.L. (1 de novembro de 2002). "Raymond Pearl, smoking and longevity". Genetics 162 (3): 997–1001. PMC 1462343. PMID 12454050. doi:10.1093/genetics/162.3.997. 
  5. List of ASA Fellows Arquivado 16 de xuño de 2016 en Wayback Machine., consultado o 16 de xullo de 2016.
  6. "APS Member History". search.amphilsoc.org. Consultado o 2023-11-02. 
  7. "Raymond Pearl". www.nasonline.org. Consultado o 2023-11-02. 
  8. "Raymond Pearl". American Academy of Arts & Sciences (en inglés). 2023-02-09. Consultado o 2023-11-02. 
  9. 9,0 9,1 Kingsland, Sharon (febreiro de 1984). "Raymond Pearl: On the Frontier in the 1920s: Raymond Pearl Memorial Lecture, 1983". Human Biology 56 (1): 1–18. JSTOR 41463546. PMID 6378756. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 Comfort, Nathaniel (2012). The Science of Human Perfection: How Genes Became the Heart of American Medicine. New Haven & London: Yale University Press. pp. 67–96. 
  11. Pearl, Raymond (1927). "The biology of superiority". American Mercury 12: 257–266. 
  12. 12,0 12,1 Allen, Garland E. (1987). "The role of experts in scientific controversy". En Hugo Tristram Engelhardt; Arthur Leonard Caplan. Scientific controversies: case studies in the resolution and closure of disputes in science and technology. Cambridge; Nova York: Cambridge University Press. pp. 169‒202. ISBN 978-0-521-27560-6. 
  13. Sanger, Margaret (1927). Proceedings of the World Population Conference. London: Edward Arnold & Co. p. 11. 
  14. Ludmerer, K. M. (1969). "American geneticists and the eugenics movement: 1905–1935". Journal of the History of Biology 2 (2): 337–362. doi:10.1007/BF00125023. 
  15. Thomas Robertson (2012). The Malthusian Moment: Global Population Growth and the Birth of American Environmentalism, p 17-19.
  16. Kühl, Stefan (14 de febreiro de 2002). The Nazi Connection: Eugenics, American Racism, and German National Socialism. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-534878-1. 
  17. Ordover, Nancy (2003). American Eugenics: Race, Queer Anatomy, and the Science of Nationalism. U of Minnesota Press. p. 146. ISBN 978-0-8166-3558-0. 
  18. Barkan, Elazar (16 de setembro de 1993). The Retreat of Scientific Racism: Changing Concepts of Race in Britain and the United States Between the World Wars. Cambridge University Press. p. 216. ISBN 978-0-521-45875-7. 
  19. Loeb, Jaques and Northrop, J.H. (1 de outubro de 1917). "On the influence of food and temperature upon the duration of life". The Journal of Biological Chemistry 32 (1): 103–121. doi:10.1016/S0021-9258(18)86663-7. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 03 de agosto de 2024. 
  20. Pearl, Raymond (1928). The Rate of Living, Being an Account of Some Experimental Studies on the Biology of Life Duration. Nova York: Alfred A. Knopf. [cómpre nº de páxina]
  21. Brunet-Rossinni AK, Austad SN (2004). "Ageing studies on bats: a review". Biogerontology 5 (4): 211–22. PMID 15314271. doi:10.1023/B:BGEN.0000038022.65024.d8. 
  22. de Magalhães JP, Costa J, Church GM (febreiro de 2007). "An analysis of the relationship between metabolism, developmental schedules, and longevity using phylogenetic independent contrasts". The Journals of Gerontology. Series A, Biological Sciences and Medical Sciences 62 (2): 149–60. PMC 2288695. PMID 17339640. doi:10.1093/gerona/62.2.149. 
  23. Speakman JR, Selman C, McLaren JS, Harper EJ (xuño de 2002). "Living fast, dying when? The link between aging and energetics". The Journal of Nutrition 132 (6 Suppl 2): 1583S–97S. PMID 12042467. doi:10.1093/jn/132.6.1583S. 
  24. Kingsland, S. (1984). "Raymond Pearl: On the frontier in the 1920s. Raymond Pearl memorial lecture, 1983". Human Biology 56 (1): 1–18. PMID 6378756. 
  25. Rodgers, Marion Elizabeth (1 de setembro de 2007). Mencken:The American Iconoclast. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-983927-8. 
  26. Meng, Xiao-Li; Charles Rohde; Scott L. Zeger; Karen Kruse Thomas; Karen Bandeen-Roche (2012). "Johns Hopkins University Department of Biostatistics". En Alan Agresti. Strength in Numbers: The Rising of Academic Statistics Departments in the U. S. Nova York, NY: Springer New York. pp. 129–141. ISBN 978-1-4614-3648-5. doi:10.1007/978-1-4614-3649-2_10. 
  27. International Plant Names Index. Pearl.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]