Javier Ambrossi
(2025, Premios Goya) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (es) Francisco Javier García de la Camacha Gutiérrez-Ambrossi 24 de xuño de 1984 Madrid |
| Educación | Universidade Complutense de Madrid - xornalismo Real Escola Superior de Arte Dramática - dramaturxia |
| Actividade | |
| Ocupación | actor de cinema, actor de televisión, director de cinema, guionista, director teatral, actor de teatro, presentador de televisión |
| Período de actividade | 2012 |
| Membro de | |
| Compañeiro profesional | Javier Calvo: Los Javis |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Cónxuxe | Javier Calvo (2018–2025), divorcio |
| Parella | Javier Calvo (2010–2018) |
| Irmáns | Macarena García |
| Premios | |
| |
Francisco Javier García de la Camacha Gutiérrez-Ambrossi, nado en Madrid o 24 de xuño de 1984, máis coñecido como Javier Ambrossi, é un director, guionista, produtor, actor e presentador español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É fillo de Javier García de la Camacha e Sofía Gutiérrez-Ambrossi, e irmán da actriz Macarena García. Estudou Xornalismo na Universidad Complutense de Madrid e Dramaturxia na Real Escuela Superior de Arte Dramático (RESAD).
A súa experiencia como actor en televición comezou na publicidade. Posteriormente deu o salto a series como El comisario, Génesis: En la mente del asesino, Hermanos y detectives ou Amar en tiempos revueltos. Os seus papeis máis coñecidos son Gustavo na serie Sin tetas no hay paraíso e Cristiano na serie Ciega a citas de Cuatro. Tamén traballou en Cuéntame cómo pasó, Maitena: Estados alterados, La fuga e Arrayán.
No cine actuou en Sexykiller, morirás por ella e coma personaxe principal en El triunfo, un filme de Mireia Ros sobre a Barcelona dos 80, seleccionada polo Festival de Málaga e a Berlinale. E no teatro, en El enemigo de la clase de Nigel Williams, dirixido por Marta Angelat ou en Beaumarchais de Sacha Guitry dirixido por Josep Maria Flotats.
Xunto ao seu marido, o tamén actor e director Javier Calvo, escribiu e dirixiu montaxes teatrais como o exitoso musical La llamada, polo que gañou o Broadway World a Mellor Director Artístico. Tamén crearon a serie Paquita Salas, gañadora de tres Premios Feroz e do Premio Ondas, e dirixiron a adaptación cinematográfica do seu musical, La llamada con grande éxito de crítica e público.
Vida privada
[editar | editar a fonte]Dende o 2010 mantén unha relación sentimental co actor e director Javier Calvo.[1]
Filmografía como director
[editar | editar a fonte]Cine
[editar | editar a fonte]| Ano | Título | Notas |
|---|---|---|
| 2017 | La llamada | Director, produtor e guionista |
Televisión
[editar | editar a fonte]| Ano | Título | Cadena | Notas |
|---|---|---|---|
| 2016 - 2019 | Paquita Salas | Flooxer / Netflix | Creador, director e guionista |
| 2018 | Looser | Flooxer | Produtor executivo |
| 2019 | Terror y feria | ||
| 2020 | Veneno | Atresplayer Premium | Creador, director e guionista |
| 2021 - 2023 | Cardo | Produtor | |
| 2021 | Una Navidad con Samantha Hudson | Produtor | |
| 2023 | La Mesías | Movistar+ | Creador, director, guionista e produtor |
| 2023 - 2024 | Vestidas de azul | Atresplayer Premium | Produtor |
| TBA | Piraña | Creador | |
| TBA | Mariliendre | Produtor[2] | |
| TBA | Superestar | Netflix | Produtor[3] |
Filmografía coma actor
[editar | editar a fonte]Televisión
[editar | editar a fonte]| Ano | Serie | Canal | Personaje | Notas |
|---|---|---|---|---|
| 2004 | El comisario | Telecinco | Manu | 1 episodio |
| 2006 | Génesis: En la mente del asesino | Cuatro | Tobías | 1 episodio |
| 2007 | Hermanos y detectives | Telecinco | Sebastián | 1 episodio |
| 2007 - 2008 | Amar en tiempos revueltos | La 1 | Sergio | 6 episodios |
| 2008 | Sin tetas no hay paraíso | Telecinco | Gustavo | 7 episodios |
| 2008 - 2009 | Maitena: Estados alterados | La Sexta | Charly | 8 episodios |
| 2011 - 2012 | Las crónicas de Maia | Atresplayer | Pablo | 5 episodios |
| 2012 | La fuga | Telecinco | Gallardo | 1 episodio |
| Imperium | Antena 3 | Esclavo | 1 episodio | |
| Arrayán | Canal Sur | Jessie | 25 episodios | |
| 2014 | Ciega a citas | Cuatro | Cristiano | 19 episodios |
| 2015 - 2016 | Cuéntame cómo pasó | La 1 | Richi | 11 episodios |
| 2018 | Looser | Flooxer | El mesmo | 1 episodio |
| 2019 | La otra mirada | La 1 | Benito Padilla | 1 episodio |
| 2020 | Física o química: El reencuentro | Atresplayer Premium | El mesmo | 1 episodio |
| 2022 | Dos años y un día | Atresplayer Premium | El mesmo | 1 episodio |
Como colaborador/presentador
[editar | editar a fonte]- Fly Music. Presentador
- Animax. Reportero
- Likes. Colaborador
- Operación Triunfo. Profesor de interpretación 2017-2018.
- El chat de Operación Triunfo 2017-2018
- Trabajo temporal. Concursante
- Mask Singer: adivina quién canta. Xurado (2020-presente)
- Drag Race España. Xurado (2021-presente)
- Drag Race España: All Stars. Jurado (2024)
- Premios Goya. Presentador (2024)
Teatro
[editar | editar a fonte]Como autor e director
[editar | editar a fonte]- Windsor. Como autor e director (2012)
- Miss Fogones Universal. Como autor e director (2013)
- La llamada. Como autor e director xunto a Javier Calvo (2013-2023)
Como actor
[editar | editar a fonte]- Beaumarchais. Dirixida por Josep Maria Flotats con texto de Sacha Guitry. (2010–2011)
- ¡A saco!. Dirixida por Juan José Afonso con texto de Joe Orton, Loot. (2010)
- El enemigo de la clase. Dirixida por Marta Angelat con texto de Nigel Williams. (2007–2009)
Premios
[editar | editar a fonte]| Ano | Categoría | Filme | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2017 | Mellor guión adaptado | La llamada | Candidato |
| Mellor dirección novel | Candidato |
| Ano | Categoría | Filme | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2017 | Mellor serie de comedia | Paquita Salas | Gañador |
| 2018 | Mellor filme de comedia | La llamada | Gañador |
| 2019 | Mellor serie de comedia | Paquita Salas | Candidato |
| 2020 | Candidato | ||
| 2024[4] | Mellor serie dramática | La Mesías | Gañador |
| Mejor guión en una serie | Gañador |
| Ano | Categoría | Filme | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2017 | Mellor guión adaptado | La llamada | Candidato |
| Mellor director revelación | Candidato |
| Ano | Categoría | Filme | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2017 | |Mellor filme español segundo os lectores | La llamada | Gañador |
| Ano | Categoría | Filme | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2024 | Mellor serie de ficción | La Mesías | Gañador |
| Ano | Categoría | Filme | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2017 | Mellor serie de ficción de emisión dixital | Paquita Salas | Gañador |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ José Madrid (9 de decembro de 2020). "Estas son las diez curiosidades que aún no sabes de los Javis, Javier Calvo y Javier Ambrossi". Vanitatis. Consultado o 10 de xaneiro de 2021.
- ↑ M., Almudena (2 de abril de 2024). "Blanca Martínez protagonizará 'Mariliendre', la serie musical de Atresplayer". Formula TV. Consultado o 2 de abril de 2024.
- ↑ Rodera, Alejandro (11 de xaneiro de 2024). "Netflix anuncia 'Superestar', una serie sobre Yurena producida por Los Javis y creada por Nacho Vigalondo". FormulaTV. Consultado o 29 de xaneiro de 2024.
- ↑ Álvarez Patilla, Diego (27 de xaneiro de 2024). "Premios Feroz 2024: '20.000 especies de abejas', 'Robot Dreams' y 'La Mesías' dominan la lista de ganadores". RTVE. Consultado o 29 de xaneiro de 2024.