Ramón Díaz Raña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamón Díaz Raña
Biografía
Nacemento1938 Editar o valor em Wikidata
Arante, España Editar o valor em Wikidata
Mortexuño de 2022 Editar o valor em Wikidata (83/84 anos)
Cáceres, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Pontificia Comillas
Pontificia Universidade Gregoriana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote , teólogo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua galega e lingua latina Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 3928872

Ramón Díaz Raña, nado Arante-Ribadeo en 1938 e finado en Estremadura en xuño de 2022, foi un sacerdote e teólogo galego.[1]

Foi referente dunha Igrexa comprometida co galego e con Galicia. Rematou secularizándose.

Traxectoria.[editar | editar a fonte]

Estudou no Seminario de Mondoñedo e Teoloxía na Universidade Pontificia de Comillas. Foi uns anos Secretario Particular do Bispo D. Jacinto Argaya. Neste tempo participou nas dúas derradeiras Sesións do Concilio Vaticano II. Volveu a Roma facer o Curso de Doutoramento en Teoloxía no Instituto de Espiritualidade da Universidade Gregoriana.[2]

De 1971 a 1990 estivo de Párroco en San Sadurniño. Alí foi animador do Grupo Saraibas, do festival Cantareliña,[3] da revista Pumariño,[4] ademais de participar en múltiples proxectos sociais da comarca. En 1996 colaborou con pseudónimo en El Ideal Gallego na sección “Carta aberta a D. Vicente”: cartas que un grupo de fresgueses lle escribían ao crego e a contestación deste.[1]

Mantivo unha estreita relación con Andrés Torres Queiruga, Segundo Leonardo Pérez López e Ramón Piñeiro. Foi co-fundador da Revista Encrucillada, primeiro Presidente da Asociación “Irimia”, colaborador da revista Irimia[5] e promotor das Romaxes de Crentes Galegos. Puxo en marcha a publicación catequética e litúrxica Boa Nova, arredor da que se reunían sacerdotes como Xosé Chao Rego, Xaquín Campo Freire, Manolo Mejuto, Alfonso Gil Montalbo, Leoncio Pía, Manolo Cillero ou Martinho Montero Santalha.[2]

En 1975 o bispo destínao a Viveiro mais, perante as protestas da xente, ten que deixalo en San Sadurniño e as parroquias regálanlle un coche Dyan 6 e outros agasallos. Mesmo fixo de albanel en obras comunitarias.

No ano 1978 escribiu unha peciña de teatro, un auto de Nadal, que anos máis tarde se publicou co título Recobrou o sorriso o Eleuterio, asinada con Xosé Manuel Carballo.[6] En 1990 deixou a parroquia para dedicarse a tarefas económicas, foi encargado da Librería Diocesana en Ferrol, deu clases de relixión, colaborou co Proxecto Home de Santiago.

En 1992 secularizouse, casou e desde 2003 viviu en Cáceres.[2]

Foi un grade coñecedor de toda a poesía galega sobre todoe máis de Rosalía de Castro, sobre a que tentou facer a súa tese "Sentimento relixioso en Rosalía de Castro", aínda que non chegou a rematala.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "“Historia dunha vidiña” por Ramón Díaz Raña" (PDF). falamedesansadurnino. Consultado o 15 de xuño de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Loureiro, Ramón (2022-06-06). "A Igrexa e a Cultura de Galicia perden a Ramón Díaz Raña, teólogo e experto na obra de Rosalía". La Voz de Galicia. Consultado o 2022-06-15. 
  3. "Ramón Díaz Raña – Luzes". Consultado o 2022-06-15. 
  4. "Nace "Pumariño"". www.falamedesansadurnino.org. Consultado o 2022-06-15. 
  5. "Ramón Díaz Raña, autor en Asociacion Irimia". Asociacion Irimia. Consultado o 2022-06-15. 
  6. "RECOBROU O SORRISO O ELEUTERIO. Ramón Díaz Raña Xosé Manuel Carballo - PDF Download grátis". docplayer.com.br. Consultado o 2022-06-15. 
  7. Diario, Nós (2022-06-15). "Raña e a nova Igreja Galega". Nós Diario. Consultado o 2022-06-15.