Saraibas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saraibas
Orixe San Sadurniño, Galiza Flag of Galicia.svg
Período 1978–2004
Xénero(s) Folk, canción de autor, tradicional
Selo(s) discográfico(s) Ruada
Membros Amparo Calvo, Xela Barro, Avelino Cinza, Miguel A. Sanjurjo, Martín Sanjurjo, Juanjo Porta, Sergio Vázquez, Francisco Rodríguez
Antigos membros Regina Cinza, Emma Calvo, Elisa García, Manuel Alonso "Bacalao", Mariela Soto, Óscar Sanjurjo, Rosa Ces, Vicente Bermúdez, Ánxela Loureiro, Juanjo Porta Vizoso, Carlos Beceiro, Paco Román

Saraibas é un grupo musical galego formado no ano 1978, por un grupo de amigos de San Sadurniño que levaban cantando xuntos como afeccionados dende 1969. Estiveron en activo até 2004.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O paso cara á abordaxe dunha carreira musical máis profesional veulles marcado por un premio recibido nas festas das Somozas do 1978. O primeiro nome do grupo foi Chorima, pero sería cambiado pouco antes do lanzamento do seu primeiro disco. A súa primeira formación estaba composta por: Martín Sanjurjo, Miguel Sanjurjo, Avelino Cinza, Regina Cinza, Enma Calvo e Elisa García.

Nos seus inicios as súas actuacións estaban ligadas á súa área xeográfica máis próxima, porén a partir do lanzamento do seu primeiro traballo, Unha terra, un pobo, unha fala (Ruada, 1980), a súa populariade aumentou e comezaron a actuar por toda a Galiza e participar tamén nos seus primeiros concertos no estranxeiro, tanto en Sudamérica como en Europa, compartindo escenario con figuras da música galega e internacional.

Tras a incorporación de Manuel Alonso "Bacalau", o grupo saca o seu segundo traballo Xa non podemos calar (Ruada, 1981). Desde entón os cambios na formación serán constantes, destacando, entre outras, a colaboración de Carlos Beceiro (do grupo La Musgaña), a breve incorporación de Juanjo Porta Vizoso (Malincorne, Gwendal) para o disco Cancións para un ano, o paso de Óscar Fernández Sanjurjo, que despois formaría Os Cempés, e o paso de Paco Román, presente no disco Careca.

O último traballo do grupo é Cantamos para poder voar, de 1999. A súa formación actual está composta por Amparo Calvo (gaita, percusión e voz), Xela Barro (voz), Avelino Cinza (frautas, percusión e voz), Miguel A. Sanjurjo (percusión e voz), Martín Sanjurjo (guitarra, mandolina, violín e voz), Juanjo Porta (guitarras), Sergio Vázquez (baixo) e Francisco Rodríguez (percusión e acordeón).

O estilo desenvolto por Saraibas sempre estivo relacionado cunha clara vocación folk porén, o contido das súas letras e o momento político no que xurdiu póñeno tamén en relación coa canción de autor e a canción de intervención política. Ese medio camiño é similar ao que practicaron outros grupos contemporáneos como Fuxan os ventos. Conforme a situación política se asentaba, o grupo tendeu máis cara a súa raíz folk, tomando moitas das súas cancións de temas populares. A pesar disto, Saraibas sempre manifestou o seu compromiso coa lingua e a cultura galegas, dende a fidelidade á lingua até o apoio de iniciativas autóctonas. Bo exemplo disto foi o momento no que rexeitaron un contrato discográfico coa internacional Philips para fichar pola discográfica galega Ruada. O grupo tamén promoveu a iniciativa Cantareliña, un certame musical celebrado entre 1983 e 1991 na que participaban nenos de distintos centros escolares, e que tiña como obxectivo a promoción e a normalización da lingua galega e da música popular.

Discografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]