Saltar ao contido

Ramón Campos Durán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamón Campos Durán
Biografía
Nacemento1930 Editar o valor en Wikidata
A Estrada, España Editar o valor en Wikidata
Morte8 de decembro de 2019 Editar o valor en Wikidata (88/89 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde da Estrada
1992 – 2007
← Jesús Tallón MaceiraJosé Antonio Dono → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor en Wikidata

Ramón Campos Durán, nado na Estrada en 1930 e finado en Santiago de Compostela o 8 de decembro de 2019, foi un político galego. Foi alcalde da Estrada dende o ano 1992 ata o 2007.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Funcionario da Seguridade Social e empresario. Nos anos sesenta foi tenente de alcalde na corporacións que presidiu Mario Blanco Fuentes. Na democracia militou no Partido Popular ata as eleccións de 1991. Produciuse daquela unha división interna no grupo local do PPdeG, que deu como resultado que Elvira Fernández Díaz fose alcaldable polo PP e Ramón Campos organizase o seu propio partido chamado Agrupación Independiente de A Estrada. Tras as eleccións, Ramón Campos e a súa formación política formaron parte dun tripartito conxuntamente co PSdeG-PSOE e o BNG. Este tripartito durou menos dun ano, debido a que existiron negociacións entre o PP e a formación de Ramón Campos para acadar a alcaldía, que deron como resultado o abandono da política local de Elvira Fernández Díaz para converterse en senadora polo PP, namentres que Ramón Campos acadaría a alcaldía estradense mediante unha moción de censura en xuño de 1992, integrándose de novo no PP. Revalidaría a alcaldía con maioría absoluta nas seguintes eleccións de 1995, 1999 e 2003.

Chegado o 2007 anunciou a súa retirada da vida política, provocando a escisión do partido. Por unha banda Xosé Manuel Reboredo Baños, ex-concelleiro do PP que se uniu á CIDEGA (Cidadáns de Galicia). Por outra, a liña oficial do PP onde Ramón Campos non conseguiu impoñer no partido o seu delfín José Antonio Maceira Besteiro.[Cómpre referencia] Coa intervención de Xesús Palmou decidiron que o seu sucesor fose Miguel de la Calle Amaro.[Cómpre referencia] Naquel ano de 2007 Ramón Campos participou activamente dentro da campaña electoral local do PP e trala derrota electoral sufrida contra o PSdeG-PSOE cursou a baixa do partido.


Predecesor:
Jesús Tallón Maceira
 
Alcalde da Estrada
 
1992 - 2007
Sucesor:
José Antonio Dono

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]