Saltar ao contido

Bambú Producciones

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bambú Producciones
 Instancia de
 Forma xurídica
Persoas e organizacións
 Fundador/a
Actividade
 Industria
Datas
 Fundación / creación
2007 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Identificadores
VIAF171139744 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Redes
Facebook: BambuProdu Twitter: bambuprodu Instagram: bambuprodu LinkedIn: bambú-producciones Vimeo: bambuproducciones Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Bambú Producciones é unha produtora de televisión galega que naceu en 2007, impulsada polo matrimonio que naquela altura formaban Ramón Campos e Teresa Fernández-Valdés, co obxectivo de desenvolver e producir proxectos de ficción para cine e televisión. En 2013 recibiu o Premio Cultura Galega de Creación Audiovisual[1]. Aínda que a produtora naceu na Coruña, onde Campos e Fernández-Valdés coincidiran facendo un mestrado da UDC, a súa sede está en Pozuelo de Alarcón (Madrid).

Algunhas das súas producións tiveron importantes éxitos de público e crítica, e recibiron premios. Nomes como Gran reserva, Gran Hotel, Las chicas del cable ou Fariña marcaron fitos importantes no audiovisual galego, se ben foron todas elas producións para cadeas de televisión ou plataformas de contidos de nivel español ou internacional. Ademais de Campos e Fernández-Valdés, as producións de Bambú adoitan ter outros recorrentes nomes galegos, como a guionista Gema Neira, que é a directora de desenvolvemento de Bambú, ou o director Carlos Sedes. Tamén unha cantidade notable de actores das súas producións son galegos.

En 2023 Campos e Fernández-Valdés separáronse, e esta última montou unha nova produtora, Te espero en Marte. Paralelamente, Campos montou outra produtor, Mr Fields and Friends, con sé en Noia, de onde é orixinario.

Producións

[editar | editar a fonte]

Televisión

[editar | editar a fonte]

Documentais

[editar | editar a fonte]
  1. "O xurado dos Premios da Cultura Galega 2013 outorga oito galardóns á excelencia creativa e á difusión cultural". Xunta de Galicia. 28 de outubro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2013. Consultado o 19 de novembro de 2020. 
  2. "Un asunto privado". Film Affinity. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]