Saltar ao contido

Manuel Abeledo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Abeledo
Biografía
Nacemento5 de abril de 1945 Editar o valor en Wikidata
Goiás Editar o valor en Wikidata
Morte19 de marzo de 2016 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
A Coruña Editar o valor en Wikidata
Presidente da Deputación de Pontevedra
1995 – 2003
← César Mera – Rafael Louzán → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Salamanca Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, mestre Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Editar o valor en Wikidata
BUSC: 981013402190807712

Manuel Abeledo López, nado en Goiás (Lalín) o 5 de abril de 1945[1] e finado na Coruña o 19 de marzo de 2016, foi un profesor e político galego de tendencia conservadora.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Salamanca, foi profesor e Director Técnico do Colexio Liceo La Paz da Coruña (1973-1975) e funcionario do Corpo de Inspectores Técnicos de Educación por oposición. Desempeñou os cargos de Inspector Técnico de Educación en Málaga (1979-1984) e Melilla (1982-1984).

Foi nomeado Subdirector Xeral de Planificación, Profesorado e Centros da Consellería de Educación da Xunta de Galicia o 13 de marzo de 1984 ocupando o posto ata xaneiro de 1987, data na que o nomearon Inspector Técnico de Educación da Coruña e en 1989 Inspector Xefe de Educación da Coruña. O 7 de marzo de 1991 foi nomeado Director Xeral de Transportes da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas e o 4 de xaneiro de 1994 Delegado Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Militante do Partido Popular, foi concelleiro en Lalín, presidente da Deputación de Pontevedra e vicepresidente provincial do partido en Pontevedra.

Finou na Coruña o 19 de marzo de 2016.[2]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Pérez Díaz en 1973 e foi pai de Carmen, Marta e Manuel Abeledo Pérez.

  1. ↑ Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Abeledo López, Manuel". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 10. ISBN 84-8064-113-4.
  2. ↑ "Fallece Manuel Abeledo Lopez, expresidente de la Diputación de Pontevedra", artigo en Faro de Vigo, 20 de marzo de 2016 (en castelán).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
César Mera
 
Presidente da deputación de Pontevedra
 
1995-2003
Sucesor:
Rafael Louzán