Pobo somalí
Pobo somalí | |
---|---|
Varios somalís | |
Poboación | |
Poboación total: de 16 a 20 millóns | |
Rexións principais: | |
Somalia | 9 millóns[1] |
Etiopía | 4,6 millóns[2] |
Kenya | 2,4 millóns[3] |
Djibuti | 524 000[4] |
Iemen | 200 000[5] |
Aspectos culturais | |
Lingua | somalí, árabe |
Relixión | Islam |
Grupos relacionados | afar, agaw, amhara, beja, oromo, saho, harari, tigray e tigré.[6] |
Os somalís (en somalí, soomaali; en árabe, صوماليون) son un grupo étnico que habitaban orixirariamente o corno de África (península de Somalia).[7]
Os somalís étnicos son de 16 a 20 milóns de individuos, que se concentran principalmente en Somalia (uns 9 millóns),[8] Etiopía (4,6 millóns), Kenya (2,4 millóns) e Djibuti (524 000) e, ao outro lado do mar Vermello, no Iemen.
Ademais son moitos os que, debido á Guerra Civil Somalí e á emigración por motivos económicos ou políticos, viven en gran parte do mundo, sobre todo no Oriente Medio, os Estados Unidos, Australia e Oceanía e Europa.
A súa lingua é o somalí unha das ramas das linguas cuxitas, da familia das linguas afroasiáticas.
Todos son musulmáns desde, polo menos, o século XIV.[9]
Os habitantes no seu lugar de orixe, o corno de África, eran tadicionalmene pastores nómades que, a causa da intensa competencia por uns recursos limitados, foron extremadamente individualistas e víronse frecuentemente implicados en inimizades a morte ou a guerras cos clans e os pobos veciños.
Unha segunda categoría de somalís autóctonos son os cidadáns e os agricultores das concentracións urbanas, especialmente ao longo da costa do mar Vermelo e do océano Índico, no corno de África, moitos dos cales traballaban como intermediarios comerciais entre o Mundo árabe e os nómades do interior.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ CIA World Factbook: Somalia, people Arquivado 06 de maio de 2014 en Wayback Machine. and Map of the Somalia Ethnic groups (CIA according de Perry-Castañeda Library Map Collection). The first gives 15% non-Somalis and the second 6%. Used 85% of current population of Somalia.
- ↑ "Census 2007" Arquivado 04 de xuño de 2012 en Wayback Machine., first draft, Table 5. Central Statistical Agency of Ethiopia
- ↑ Ministry of State for Planning, National Development and Vision 2030 (ed.). "2009 POPULATION & HOUSING CENSUS RESULTS" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de novembro de 2011. Consultado o 17 de setembro de 2014.
- ↑ [1] – Ethnologue.com
- ↑ Shire, Saad A. Bildhaan, ed. Transactions with Homeland: Remittance.: *N.B. Somali migrant population, Middle East including Yemen.
- ↑ Joireman, Sandra F. (1997). Universal-Publishers, ed. Institutional Change in the Horn of Africa: The Allocation of Property Rights and Implications for Development. p. 1. ISBN 1581120001.
- ↑ Somalia Arquivado 06 de maio de 2014 en Wayback Machine. en World Factbook. Central Intelligence Agency. 14-05-2009. Consultada o 22-04-2017.
- ↑ CIA World Factbook: Somalia, people Arquivado 04 de xullo de 2014 en Wayback Machine. & [http://www.lib.utexas.edu/maps/africa/somalia_ethnic_grps_2002.jpg Map of the Somalia Ethnic groups (CIA according de Perry-Castañeda Library Map Collection). The first gives 15% non-Somalis and the second 6%. Used 85% of current population of Somalia. A primeira fonte dá un 15 % de non somalís, e a segunda, o 6 %. Utilizan o 85 % da actual poboación de Somalia.
- ↑ Mohamed Diriye Abdullahi (2001): Culture and Customs of Somalia. Greenwood Press, p. 1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobo somalí |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hanley, Gerald, Warriors: Life and Death Among the Somalis, (Eland Publishing Ltd, 2004)